TESOUROS DA BIBLIA | ÉXODO 23-24
Non te deixes levar pola maioría
23:1-3
Xehová advertiu as testemuñas e os xuíces que participasen en casos legais de que non se deixasen levar pola maioría para dar falso testemuño ou ser inxustos ó xulgar a outros. Pero esta advertencia tamén aplica a outros ámbitos da vida. Os cristiáns estamos baixo presión constante para que pensemos e actuemos do mesmo xeito que a xente que non respecta a Deus (Rm. 12:2).
Por que non é sabio que te deixes levar pola maioría cando...
escoites rumores sen base ou chismes?
escollas roupa, peiteado ou entretemento?
penses en persoas ou trates con xente de diferente raza, cultura ou nivel económico?