BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb20 febreiro páx. 5
  • Como ter un matrimonio máis unido

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como ter un matrimonio máis unido
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • Información relacionada
  • Protexe o teu matrimonio
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
  • O matrimonio é un agasallo de Deus
    Continúa no amor de Deus
  • Que di a Biblia sobre o matrimonio?
    Preguntas sobre a Biblia
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
mwb20 febreiro páx. 5
Abram e Sarai preparándose para marchar de Ur. Abram cun saco baixo do brazo mentres anima a Sarai, que está metendo algunhas cousas nun cesto

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como ter un matrimonio máis unido

Abraham e Sara son un bo exemplo de amor e respecto mutuos (Xén. 12:11-13; 1 Pe. 3:6). Inda así, o seu matrimonio non era perfecto e pasaron por problemas. Que poden aprender os casados do seu exemplo?

Non pechedes as liñas de comunicación. Cando o outro estea frustrado ou alporizado e diga algo pouco atinado, non vos ofendades e sede comprensivos (Xén. 16:5, 6). Sacade tempo para estar xuntos. Demostrádevos que vos queredes, tanto con palabras coma con feitos. Sobre todo, incluíde a Xehová no voso matrimonio estudando, orándolle e servíndoo xuntos (Ecl. 4:12). Cando as parellas están unidas, louvan o Creador do matrimonio, Xehová.

DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO TER UN MATRIMONIO MÁIS UNIDO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que sabemos que Shaan e Kiara se estaban a afastar un do outro?

  • Por que é tan importante comunicarse con sinceridade no matrimonio?

  • Como lles axudou o exemplo de Abraham e Sara?

  • Que fixeron Shaan e Kiara para ter un matrimonio máis unido?

  • Por que os casados non deben esperar que o seu matrimonio sexa perfecto?

Colaxe: escenas do vídeo “Como ter un matrimonio máis unido”. O proceso que seguen Shaan e Kiara para unir o seu matrimonio. 1. Sentados en cadanseu extremo do sofá. 2. Colléndose das mans. 3. Predicando xuntos e felices

Ter un matrimonio unido non é imposible!

Se queres máis información sobre como fortalecer o teu matrimonio, podes analizar as seguintes seccións do folleto A túa familia pode ser feliz, tamén dispoñible en jw.org®:

  • “Sé fiel ó teu cónxuxe” (sección 2)

  • “Como resolver os problemas” (sección 3)

  • “Como levarse ben cos sogros?” (sección 5)

  • “Como educar ós vosos fillos?” (sección 7)

  • “Como afrontar as desgrazas?” (sección 8)

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir