TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 12-14
Un pacto que chega ata nós
O pacto que Xehová fixo con Abraham puxo a base legal para que Xesús e os 144.000 poidan reinar dende o ceo.
O pacto entrou en vigor no ano 1943 a. n. e. cando Abraham cruzou o río Éufrates camiño de Canaán.
O pacto estará vixente ata que o Reino Mesiánico acabe con tódolos inimigos de Deus e bendiga tódalas familias da terra.
Xehová recompensou a Abraham pola súa gran fe. E nós? Que recompensas recibiremos grazas ó pacto con Abraham se temos fe nas promesas de Xehová?