TESOUROS DA BIBLIA | COLOSENSES 1-4
Espídevos do home vello, revestídevos do home novo
Tiveches que facer moitos cambios na túa forma de ser cando coñeciches a Xehová? Podes estar seguro de que el se alegrou moito ó ver todo o que fixeches (Ez. 33:11). Porén, é importante esforzarnos arreo por manter e mellorar as boas calidades. Doutro xeito, poida que nos volvan malas tendencias que xa deixaramos atrás. En que aspectos podes mellorar? Pregúntante:
Gárdolle rancor a quen me magoou?
Son paciente, mesmo cando ando apurado ou estou canso?
Rexeito axiña os pensamentos inmorais?
Teño prexuízos cara ás persoas doutra raza ou nacionalidade?
Perdín os papeis ou faleille mal a alguén hai pouco?