A NOSA VIDA CRISTIÁ
Tira o máximo proveito do teu estudo persoal
POR QUE É IMPORTANTE? O estudo persoal axúdanos a comprender “o ancho, o longo, o alto e o profundo” da Palabra de Deus (Ef. 3:18). Ademais, axúdanos a sermos “sen chata” e “sen mancha” malia vivir nun mundo malvado (Flp. 2:15, 16). Ó estudar a Palabra de Deus podemos escoller un tema sobre o que precisemos investigar. Como podemos aproveitar ben o tempo que dedicamos a ler e a estudar a Biblia?
COMO FAGO?
Utiliza a túa Biblia de estudo para marcar versículos e facer anotacións, ben sexa en papel ou en formato electrónico.
Segundo leas a Palabra de Deus, pregúntate: “Quen? Que? Cando? Onde? Por que? Como?”.
Investiga os feitos utilizando as ferramentas de busca dispoñibles, por tema ou por versículo.
Reflexiona no que les para saber como aplicalo na túa vida.
Pon en práctica o que aprendes (Lc. 6:47, 48).
DESPOIS DE VER O VÍDEO TIRA O MÁXIMO PROVEITO DO TEU ESTUDO PERSOAL, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Que din algúns sobre o estudo persoal?
Por que deberiamos orarlle a Xehová cada vez que estudamos a Biblia?
Que pode axudarnos a entender mellor unha pasaxe da Biblia?
Que clase de marcas ou anotacións podemos facer na nosa Biblia de estudo?
Por que é tan importante que reflexionemos cando estudamos a Palabra de Deus?
Que efecto debería ter en nós o que aprendemos?
“¡Canto amo eu a túa lei! Medito nela o día enteiro” (Sal. 119:97)