A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Volvamos visitar a quen se interesou na mensaxe
POR QUE É IMPORTANTE. Moitas das persoas que se interesan na mensaxe do Reino están buscando a verdade acerca de Deus (Is. 55:6). Así que debemos volver unha e outra vez para que sigan aprendendo. Como cada persoa ten que loitar con diferentes tipos de problemas, a maneira de fomentar o seu interese varía. Obteremos mellores resultados se nos preparamos ben e temos claro o que queremos conseguir en cada visita, tendo presente que o obxectivo final é comezar un curso da Biblia.
COMO FAGO?
Esfórzate por volver pronto, quizais nuns poucos días (Mt. 13:19).
Sé amigable e respectuoso. Procura estar tranquilo.
Comeza cun saúdo amable. Chama a persoa polo seu nome. Recórdalle por que a volves visitar: para responderlle a unha pregunta, deixarlle o último número dunha revista, ensinarlle a nosa páxina web, poñerlle un vídeo, ou explicarlle como son os nosos cursos da Biblia. Adáptate á persoa se quere conversar sobre outro tema que lle interese (Flp. 2:4).
A fin de regar a semente da verdade no seu corazón, lelle un texto da Biblia. Tamén podes deixarlle algunha publicación (1 Cor. 3:6). Intenta establecer unha relación persoal.
Prepara o terreo para a seguinte visita.