TESOUROS DA BIBLIA | PROVERBIOS 27-31
As calidades da muller xeitosa descritas na Biblia
O capítulo 31 de Proverbios contén unha importante mensaxe: recolle os sabios consellos que a nai do rei Lemuel dá ó seu fillo acerca de que calidades debe buscar nunha muller.
A muller xeitosa é digna de confianza
31:10-12
Aporta boas suxestións cando hai que tomar decisións na casa respectando sempre o cabeza de familia.
O seu home confía en que tomará decisións sabias, e por iso non lle esixe que llo consulte todo.
A muller xeitosa é traballadora
31:13-27
Aprende a ser aforradora e a levar unha vida sinxela para que a súa familia leve roupa limpa e presentable, e estea ben alimentada.
Traballa moito e atende a súa casa día e noite.
A muller xeitosa é espiritual
31:30
Teme a Deus e cultiva unha relación persoal con El.