TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 74-78
Lembremos os feitos de Xehová
É fundamental meditar en tódalas cousas boas que Xehová leva feito
74:16; 77:7, 12, 13 (77:6, 11, 12, NM)
A meditación axúdanos a facer noso o que lemos na Palabra de Deus e a cultivar aprecio profundo polo alimento espiritual.
Reflexionar acerca de Xehová axúdanos a non esquecer as súas marabillosas obras e a esperanza que nos ofrece.
As obras de Xehová inclúen:
74:16, 17; 75:7, 8 (75:6, 7, NM); 78:11-17
A creación.
Canto máis aprendemos acerca da creación, máis profunda é a nosa admiración por Xehová.
Os nomeamentos dos responsables dentro da congregación.
Deberiamos ser submisos a aqueles que Xehová nomea para dirixir a congregación.
Os actos de salvación.
Lembrar os actos de salvación de Xehová fortalece a nosa fe en que ten o desexo e a capacidade de coidar dos seus servos.