“Andamos por fe, no por vista”
Pouco antes do asedio e posterior destrución de Xerusalén, o apóstolo Paulo escribiu que os cristiáns, como bos soldados de Cristo, debían estar preparados para os tempos difíciles en lugar darlle prioridade a levar unha vida cómoda e tranquila (2a Tim. 2:3, 4). Pensando no que lle espera a este mundo cheo de maldade, debemos ter unha fe forte e centrarnos nas actividades cristiás (2a Cor. 4:18; 5:7). Mira o vídeo “Andamos por fe, no por vista”; atoparalo en jw.org/es, PUBLICACIONES > DOCUMENTALES Y PELÍCULAS. Fíxate nas graves consecuencias que tivo para Nadab e Débora estar tan apegados ás cousas materiais. A continuación, responde ás seguintes preguntas.
1) Que era “a abominación” que estaba “no lugar santo” no século primeiro, e que debían facer inmediatamente os cristiáns que vivían en Xerusalén? (Mt. 24:15, 16) 2) Por que se necesitaba fe para fuxir da cidade? 3) Que sacrificios implicaba fuxir? 4) Por que Nadab e Débora tardaron en marchar? (Mt. 24:17, 18) 5) Que outra proba de fe tivo que afrontar Raquel ó marchar de Xerusalén? (Mt. 10:34-37; Mc. 10:29, 30) 6) Por que Jafet é un bo exemplo de fe e confianza en Xehová? 7) Que dificultades experimentaron os cristiáns en Pela? 8) Como se foi debilitando a fe de Nadab e Débora? 9) Como coidou Xehová dos cristiáns que estaban vivindo en Pela? (Mt. 6:33; 1a Tim. 6:6-8) 10) Como podemos imitar a fe de Abraham e Sara nestes tempos da fin? (Heb. 11:8-10) 11) Como se convenceron a si mesmos Nadab e Débora de volver a Xerusalén? Por que era errónea a súa forma de pensar? (Lc. 21:21) 12) Con que realidade se atoparon cando tornaron a Xerusalén? 13) Por que debemos fortalecer agora a nosa fe, antes de que veña a fin deste mundo? (Lc. 17:31, 32; 21:34-36).
Camiñar guiado pola fe significa: 1) confiar na guía de Xehová, 2) deixar que El guíe os nosos pasos, e 3) demostrar que valoramos máis as cousas espirituais cás materiais. Sigamos decididos a camiñar guiados pola fe, confiando en que “o mundo pasa e as súas cobizas tamén, pero quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre” (1a Xn. 2:17).