BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • km 10/15 páx. 2
  • Como chegar ó corazón dos nosos estudantes

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como chegar ó corazón dos nosos estudantes
  • O Ministerio do Reino (2015)
  • Información relacionada
  • Chegar ó corazón
    Melloremos na lectura e no ensino
O Ministerio do Reino (2015)
km 10/15 páx. 2

Como chegar ó corazón dos nosos estudantes

1. Que efecto tivo a ensinanza de Xesús no corazón dos que o escoitaron?

1 Xesucristo chegaba ó corazón dos que o escoitaban. Polo menos nunha ocasión, despois de que Xesús lles explicase claramente as Escrituras, os seus discípulos expresáronse así: “¿Non ardía o noso corazón?” (Lc. 24:32). Xa que debemos obedecer a Deus dende o corazón, como podemos espertar as emocións dos nosos estudantes da Biblia para que fagan cambios na súa vida? (Rm. 6:17).

2. Como contribúen o tacto e o discernimento a chegar ó corazón dunha persoa?

2 Ten tacto e discernimento. A moitas persoas non lles motiva a actuar saber o que está ben e o que está mal. De feito, poida que sintan que estamos a atacar as súas crenzas se usamos moitas citas bíblicas, e acaben rexeitando a mensaxe. Para motivar a alguén, antes debemos entender o porqué das súas crenzas e da súa forma de vida. Se usamos con tacto preguntas de opinión ben pensadas, poderemos conseguir que a persoa exprese o que realmente pensa (Pr. 20:5). Só entón saberemos que información bíblica pode chegarlle mellor ó corazón. Isto precisa de paciencia e interese persoal da nosa parte (Pr. 25:15). Lembra tamén que cada persoa progresa a un ritmo diferente na súa relación persoal con Deus. Dálle tempo ó espírito santo de Xehová para que inflúa na súa maneira de pensar e actuar (Mc. 4:26-29).

3. Como podemos axudar ós nosos estudantes a cultivar boas calidades?

3 Axúdalles a cultivar boas calidades. Moitas pasaxes da Biblia poden axudar ós nosos estudantes a cultivar boas calidades, especialmente as que falan da bondade e do amor de Xehová. Por exemplo, podemos usar Salmo 139:1-4 e Lucas 12:6, 7 para mostrar canto se interesa Xehová por cada un de nós. Cando cheguen a agradecer de corazón a bondade de Xehová, o seu amor e o seu desexo de agradarlle medrarán (Rm. 5:6-8; 1a Xn. 4:19). Ademais, se aprenden que as súas accións afectan a Xehová, quizais se sintan motivados a facer as cousas dunha maneira que lle guste e lle dea honra (Sal. 78:40, 41; Pr. 23:15).

4. Como podemos respectar a liberdade de elección dos nosos estudantes da Biblia?

4 Xehová non obriga a ninguén a obedecelo. Máis ben, atrae as persoas mostrándolles o sabio que é seguir os Seus consellos (Is. 48:17, 18). Nós tamén podemos facelo se ensinamos de xeito que os nosos estudantes cheguen ás súas propias conclusións. Cando se convenzan da necesidade de facer cambios na súa vida, entón os resultados serán duradeiros (Rm. 12:2). E non só iso, senón que tamén se achegarán máis a Xehová, que é “quen proba os corazóns” (Pr. 17:3).

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir