BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w14 15/4
  • Sabíalo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sabíalo?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
  • Información relacionada
  • Que podemos aprender da roupa dos sacerdotes?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
w14 15/4
King Josiah ripping apart his garments

SABÍALO?

En tempos bíblicos, que significaba que unha persoa rachase a súa roupa?

AS ESCRITURAS describen varias ocasións nas que algunha persoa rachou a súa propia roupa. Para unha persoa da actualidade esta acción pode resultar estraña. Pero para os xudeus era unha maneira de expresar unha forte emoción causada pola desesperación, pena, humillación, indignación ou loito.

Por exemplo, Rubén “rachou os seus vestidos” cando se decatou de que o seu plan de liberar a Xosé fracasara porque este fora vendido como escravo. Seu pai Xacob “rachou os seus vestidos” cando pensou que Xosé fora devorado por un animal salvaxe (Xén. 37:18-35). Xob “rachou o manto” cando lle dixeron que tódolos seus fillos morreran (Xob 1:18-20). Un mensaxeiro “coa roupa rachada” chegou onda o sumo sacerdote Elí para informalo de que os israelitas perderan a batalla, que os seus dous fillos morreran e que os inimigos capturaran a arca do pacto (1 Sam. 4:12-17, A Biblia, SEPT, 2021). E cando Xosías escoitou as palabras do libro da Lei, deuse conta dos erros do seu pobo e tamén “rachou a súa roupa” (2 Reis 22:8-13, A Biblia, SEPT, 2021).

Durante o xuízo de Xesús, o sumo sacerdote Caifás “rachou a roupa” cando xulgou erroneamente as palabras de Xesús coma unha blasfemia (Mat. 26:59-66). A tradición rabínica ditaba que calquera que escoitase unha blasfemia contra o nome de Deus estaba obrigado a rachar a súa roupa. Aínda así, outra opinión rabínica posterior á destrución do templo de Xerusalén di: “Hoxe en día, o que escoite unha blasfemia contra o nome divino non ten que rachar a súa roupa, pois se o fixese, toda a súa roupa acabaría feita anacos”.

Por suposto, o feito de rachar a roupa non tiña ningún valor ós ollos de Deus a menos que o sentimento da persoa fose auténtico. De feito, Xehová díxolle ó pobo: “Esgazade o voso corazón, e non os vosos vestidos, convertédevos ó Señor” (Xoel 2:13).

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir