Que podes facer para sacar o máximo proveito deste curso da Biblia
Primeiro le esta introdución e logo pon o VÍDEO.
PRIMEIRA PARTE
Para preparar cada lección, le a primeira parte. As preguntas en letra grosa (A) e os textos (B) destacan as ideas principais. Fíxate en que diante dalgúns textos pon “le”.
SEGUNDA PARTE
O primeiro parágrafo (C) de Afonda máis explica o que vas ver nesa sección. Os subtítulos (D) indican as ideas principais. Le os textos, responde as preguntas e mira os vídeos co teu mestre.
Os recadros de VÍDEO diríxente a contidos multimedia que complementan o que pon o libro. Algúns vídeos contan historias reais. Outros representan situacións que se poderían dar na vida real.
Fíxate nas imaxes e nos pés de foto (E) e pensa como responder as preguntas de Hai quen di (F).
TERCEIRA PARTE
O Resumo e o Repaso (G) pechan a lección. Escribe a data na que remataches cada lección. O recadro Intenta isto (H) márcache algúns obxectivos para seguir aprendendo ou para aplicar o que aprendiches. A sección Investiga (I) contén información que é opcional e que podes mirar pola túa conta se queres saber máis.
Como atopar os textos na Biblia
A Biblia é un conxunto de 66 libros máis pequenos. Está dividida en dúas seccións: as Escrituras Hebreoarameas (Antigo Testamento) e as Escrituras Gregas Cristiás (Novo Testamento).
Cando neste curso se cita dun texto bíblico, indícase o libro da Biblia (A), o capítulo (B) e o versículo ou versículos (C).
Por exemplo, Xoán 17:3 refírese ó libro de Xoán, capítulo 17, versículo 3.