BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • th páx. 3
  • Carta do Consello Reitor

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Carta do Consello Reitor
  • Melloremos na lectura e no ensino
  • Información relacionada
  • Como ensinar a Biblia co folleto Boas noticias
    O Ministerio do Reino (2015)
  • Como usar o folleto Escoita a Deus e vivirás para sempre
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
Melloremos na lectura e no ensino
th páx. 3

Carta do Consello Reitor

“Xa tiñades que ser mestres” (Heb. 5:12). Imaxina! Xehová, o mellor mestre do Universo, convídanos a cada un de nós a ensinar a outros acerca del. Facelo é un honor e unha gran responsabilidade. Como podemos ensinar acerca de Xehová na familia, na congregación ou na predicación?

Atopamos a resposta nas palabras que o apóstolo Paulo escribiu a Timoteo: “Dedícate á lectura, á exhortación, ó ensino”. Paulo engadiu: “Mantente en todo iso, que, facéndoo, te salvarás ti e salvara-los que che fagan caso” (1 Tim. 4:13, 16). A mensaxe que predicamos salva vidas. Por iso é tan importante que melloremos na nosa lectura e no noso ensino. Este folleto está deseñado para axudarche a acadar ese obxectivo. Nas súas páxinas poderás atopar algunhas destas características:

Unha pasaxe bíblica

Unha pasaxe bíblica en cada aspecto da oratoria que contén un exemplo de como aplicalo ou un principio relacionado.

Un consello práctico

Consellos prácticos relacionados coa sección correspondente do aspecto da oratoria.

NA PREDICACIÓN

Suxestións específicas para a predicación. A maioría das demais ideas que aparecen neste folleto aplican tanto á predicación como ó ensino dende a plataforma.

Xehová é o mellor mestre que existe (Xob 36:22). Este folleto axudarache a mellorar como lector e mestre. Non obstante, nunca esquezas que Xehová é a Fonte da mensaxe que predicamos e que é El quen atrae as persoas (Xn. 6:44). Polo tanto, pídelle a miúdo a Deus o seu espírito santo. Usa acotío a Súa Palabra, a Biblia. Dirixe sempre a atención a Xehová e non a ti mesmo. Esfórzate por axudar ás persoas que te escoiten a amar a Xehová.

Recibiches a invitación de ensinar e dar a coñecer a mensaxe máis importante que calquera persoa poida escoitar xamais. Estamos convencidos de que, coa axuda de Xehová, poderás logralo (1 Pe. 4:11).

Os vosos compañeiros de ensino,

Consello Reitor das Testemuñas de Xehová

Un irmán dando un discurso, unha irmá predicando, un irmán predicando no traballo e unha rapaza expoñendo un tema diante dos seus compañeiros de clase
    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir