CANCIÓN 64
Vivimos no tempo da colleita
Edición impresa
1. Vivimos en plena colleita,
un tempo que non volverá.
Xesús foi quen puxo o exemplo,
alegre foi ó sementar.
Os anxos con nós colaboran
na obra de Deus de apañar.
Que honra poder ser obreiros del,
e as leiras de Deus traballar!
2. Amar a Xehová e a outros
será o que nos vai motivar.
Servimos con moita urxencia,
pois Armaxedón vai chegar.
No campo de Deus sementamos,
non descansarémo-la man.
Que gran privilexio nos deu Xehová!
O noso labor lembrará.
(Ver tamén Mat. 24:13; 1 Cor. 3:9; 2 Tim. 4:2.)