CANCIÓN 58
Busquemos os amigos da paz
1. Cristo ensinounos como predicar:
de sol a sol, non descansou,
non lle quedou ningún lugar.
Rúas, aldeas, vilas visitou,
buscando a quen anunciarlle
paz e salvación.
Por iso imos predicar,
non deixaremos de buscar.
Daremos cos que son amigos da paz!
(REFRÁN)
Quero encontrar
aqueles que aman a xustiza.
Onde estarán
os que precisan paz na vida?
Hai que buscar
ata encontrar.
2. Este sistema pronto acabará!
É moi urxente predicar,
hai moitas vidas que salvar.
Sempre volvemos, móveno-lo amor,
pra cultivar o interese
nos seus corazóns.
A toda casa, sen cansar,
nos esforzamos por chegar.
Se escoita un, que alegría nos dá!
(REFRÁN)
Quero encontrar
aqueles que aman a xustiza.
Onde estarán
os que precisan paz na vida?
Hai que buscar
ata encontrar.
(Ver tamén Is. 52:7; Mat. 28:19, 20; Luc. 8:1; Rom. 10:10.)