CANCIÓN 23
Comeza o goberno de Xehová
1. Que grande o día en que Deus
o Reino estableceu!
O fundamento en Sión afincou.
Alzade todos a voz,
cantando de corazón
que Xesucristo
no seu trono xa sentou!
(REFRÁN)
Que vai traer, Xehová, teu Reino?
Nel a xustiza triunfará.
Que máis virá co teu gran Reino?
Vida eterna entre irmáns.
Oh, Xehová, Rei do Universo,
es amor, un Deus leal.
2. Cristo xa ten o poder,
á Terra vén a vencer.
Pronto a maldade non existirá.
É tempo de proclamar:
“O Reino axiña virá!
Por toda a Terra,
enxalcemos a Xehová!”.
(REFRÁN)
Que vai traer, Xehová, teu Reino?
Nel a xustiza triunfará.
Que máis virá co teu gran Reino?
Vida eterna entre irmáns.
Oh, Xehová, Rei do Universo,
es amor, un Deus leal.
3. O Rei perfecto que Deus
para o Seu Reino escolleu
vén no Seu nome, sigámolo a el.
No Seu gran templo hai que entrar,
o Seu favor suplicar.
O novo mundo
xa está a piques de nacer!
(REFRÁN)
Que vai traer, Xehová, teu Reino?
Nel a xustiza triunfará.
Que máis virá co teu gran Reino?
Vida eterna entre irmáns.
Oh, Xehová, Rei do Universo,
es amor, un Deus leal.
(Ver tamén 2 Sam. 7:22; Dan. 2:44; Apoc. 7:15.)