BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 14 páxs. 30-31
  • O Reino que gobernará toda a Terra

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O Reino que gobernará toda a Terra
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • “Estarás comigo no Paraíso”
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Que é o Reino de Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Que propósito ten Deus para a Terra?
    Deus ten boas noticias!
  • Que conseguirá o Reino de Deus
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 14 páxs. 30-31
Xesucristo como rei da Terra feita un paraíso

LECCIÓN 14

O Reino que gobernará toda a Terra

Sabes de que Reino estamos a falar?— Si, do Reino de Deus, que vai converter toda a Terra nun paraíso. Gustaríache aprender máis cousas acerca deste Reino?—

Tódolos reinos teñen un rei. Un rei é unha persoa que goberna sobre a xente do seu país. Sabes quen é o Rei do Reino de Deus?— É Xesucristo, e vive no ceo. Dentro de pouco Xesús vai ser o rei de toda a terra! Cres que seremos felices cando Xesús sexa o rei da terra?—

Que é o que máis che gusta do Paraíso?

Imos ser moi felices! No Paraíso, as persoas non van pelexar, e nunca máis haberá guerras. Todos se tratarán con cariño. Ninguén enfermará nin morrerá. Os cegos poderán ver, os xordos oirán, e tódolos que agora non poden camiñar, van poder correr e brincar. Haberá comida dabondo para todos. Os animais vivirán en paz entre eles, e serán os nosos amigos. E moitas das persoas que morreron, volverán a vivir. Incluso moitos dos homes e mulleres sobre os que aprendiches neste folleto, como Rebeca, Rahab, David e Elías, tamén van vivir de novo! Gustaríache coñecelos cando volvan á vida?—

Xehová quérete moito, e quere que sexas feliz. Se segues aprendendo máis sobre el e sempre o obedeces, poderás vivir para sempre nun fermoso paraíso! Verdade que che gustaría?—

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Isaías 2:4; 11:6-9; 25:8; 33:24; 35:5, 6

  • Xoán 5:28, 29; 17:3

PREGUNTAS:

  • Quen é o Rei do Reino de Deus?

  • Sobre quen vai ser rei Xesús?

  • Como será a vida cando Xesús sexa o rei da terra?

  • Se queres vivir para sempre no Paraíso, que deberías facer?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir