BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 2 páxs. 6-7
  • Rebeca quería facer feliz a Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Rebeca quería facer feliz a Xehová
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • Adentrouse no descoñecido
    Sirve a Xehová con valor
  • Rebeca, unha muller decidida que adoraba a Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2004)
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 2 páxs. 6-7
Eliézer, Rebeca, os servos, e dez camelos, facendo a longa viaxe a Canaán

LECCIÓN 2

Rebeca quería facer feliz a Xehová

Rebeca era unha muller que quería moito a Xehová. O seu home chamábase Isaac. El tamén quería a Xehová. Como coñeceu Rebeca a Isaac? E como demostrou que quería facer feliz a Xehová? Imos aprender máis sobre ela.

Os pais de Isaac eran Abraham e Sara. Vivían na terra de Canaán, onde a xente non adoraba a Xehová. Pero Abraham quería que o seu fillo casase cunha muller que si adorase a Xehová. Así que mandou o seu criado, probablemente Eliézer, a buscar unha esposa para Isaac a un lugar chamado Harán, onde vivían algúns familiares de Abraham.

Rebeca botándolle auga para beber ós camelos de Eliézer

Rebeca traballou moito e de boa gana para dar de beber ós camelos

Eliézer foi con outros servos de Abraham. Era unha viaxe ben longa. Levaban con eles dez camelos cargados con comida e regalos. Como ía saber Eliézer que muller debía escoller para Isaac? Cando chegaron a Harán, pararon onda un pozo porque Eliézer sabía que de alí a un pouco iría xente a sacar auga. Entón pregoulle a Xehová deste xeito: “Se lle pido a unha moza que me dea auga, e trae tamén para os camelos, saberei que esa é a que ti escolliches”.

Entón chegou Rebeca ó pozo. A Biblia di que era moi guapa. Eliézer pediulle auga para beber, e ela díxolle: “Por suposto. Dareiche auga a ti, e máis ós teus camelos”. Pénsao! Cando os camelos teñen sede beben moitísima auga, así que Rebeca foi bulindo ó pozo unha morea de veces. Ves no debuxo canto está a traballar?— Eliézer quedou abraiado do xeito en que Xehová respondera a súa oración.

Eliézer deulle a Rebeca moitos regalos bonitos. E Rebeca invitou a Eliézer e os demais servos á casa da súa familia. Alí, el explicou por que Abraham o enviara a Harán, e como Xehová respondera a súa oración. A familia de Rebeca deixoulle casar con Isaac de moi boa gana.

Rebeca marchou a Canaán con Eliézer e casou con Isaac

Pero, pensas que Rebeca quería casar con Isaac?— Rebeca sabía que fora Xehová quen enviara a Eliézer. Así que cando a súa familia lle preguntou se quería ir a Canaán para casar con Isaac, díxolles: “Si, quero ir”. Decontado, marchou con Eliézer. E cando chegaron a Canaán, casou con Isaac.

Como Rebeca fixo o que Xehová quería, Xehová deulle esta bendición: ser antepasada de Xesús! Se ti es coma Rebeca e fas feliz a Xehová, bendicirache a ti tamén.

MÍRAO NA TÚA BIBLIA:

  • Xénese 12:4, 5; 24:1-58, 67

PREGUNTAS:

  • Quen foi Rebeca?

  • Por que Abraham non quería que Isaac casase cunha muller de Canaán?

  • Como soubo Eliézer que Rebeca era a muller coa que Isaac debía casar?

  • Que podemos facer para ser coma Rebeca?

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir