BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • fg lección 1 ps. 1-3
  • Cales son estas boas noticias?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cales son estas boas noticias?
  • Deus ten boas noticias!
  • Información relacionada
  • Que propósito ten Deus para a Terra?
    Deus ten boas noticias!
  • Que fará Deus no futuro?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2019
  • Quen é Deus?
    Deus ten boas noticias!
Deus ten boas noticias!
fg lección 1 ps. 1-3

LECCIÓN 1

Cales son estas boas noticias?

1. Que noticias nos dá Deus?

Xente desfrutando da vida na terra

Deus ámanos e desexa que gocemos da vida. Por iso creou a Terra e todo o que hai nela. Pronto eliminará calquera causa de sufrimento, e xente de todo o mundo terá un futuro mellor. Le Xeremías 29:11.

Non hai goberno humano capaz de acabar coa violencia, a enfermidade ou a morte. Pero hai boas noticias: Deus pronto establecerá o seu goberno na Terra, substituíndo a tódolos demais. Os seus súbditos gozarán de paz e boa saúde. Le Isaías 25:8; 33:24; Daniel 2:44.

2. Por que son tan importantes estas boas noticias?

Só cando Deus elimine da Terra a quen fai o mal acabarase o sufrimento (Sofonías 2:3). E cando será isto? A Biblia predixo os sucesos actuais que tantos problemas causan á humanidade. Tales condicións indican que Deus pronto actuará. Le 2a Timoteo 3:1-5.

3. E nós, que faremos?

Deberiamos aprender da Biblia. A Palabra de Deus é como unha carta que un bo pai escribe ó seu fillo. Dános bos consellos para gozar dunha vida mellor agora e, no futuro, vivir para sempre na terra. Poida que a algúns dos teus non lles guste que esteas aprendendo da Biblia. Pero non te desanimes, porque ver cumpridas as promesas de Deus paga a pena. Le Proverbios 29:25; Apocalipse 14:6, 7.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir