LECCIÓN 23
Como se redactan e traducen as nosas publicacións?
Departamento de Redacción (Estados Unidos)
Corea do Sur
Armenia
Burundi
Sri-Lanka
Como desexamos facer todo o posible por cumprir co mandato de levar as boas novas “a tódalas nacións, razas, linguas e pobos”, producimos publicacións en máis de setecentos cincuenta idiomas (Apocalipse 14:6). Con todo o traballo que iso implica, como damos feito? É grazas a que contamos cun equipo internacional de redactores e un entusiasta grupo de tradutores, todos eles testemuñas de Xehová.
O texto orixinal redáctase en inglés. O Consello Reitor supervisa o traballo do Departamento de Redacción, que está na nosa sede central. Este departamento encárgase de coordinar as tarefas dos redactores da central e dos que traballan desde outros países. Contar cun equipo tan variado permítenos abordar temas de interese para moitas culturas, e darlle un sabor internacional ás nosas publicacións.
O texto en inglés envíase ós tradutores. Unha vez que o texto está corrixido e aprobado, envíase en formato electrónico ós equipos de tradución de todo o mundo. Os tradutores intentan escoller “con xeito palabras verdadeiras” para transmitir no seu idioma o mesmo significado que ten o texto orixinal (Eclesiastés 12:10).
Os ordenadores axilizan o proceso. Non hai ordenador que poida substituír ós redactores e tradutores. Agora ben, os dicionarios, obras de consulta e outras ferramentas dixitais axúdanlles a facer o seu traballo moito máis rápido. Ademais, as testemuñas de Xehová deseñamos un sistema electrónico de fotocomposición plurilingüe (MEPS), que permite combinar o texto traducido en centos de idiomas coas imaxes que o acompañan, deixando a publicación lista para imprimir.
Por que facemos todos estes esforzos, incluso con idiomas que só falan uns poucos miles de persoas? Porque Deus quere “que tódolos homes se salven e cheguen ó coñecemento da verdade” (1a Timoteo 2:3, 4).
Como se redactan as nosas publicacións?
Por que traducimos as nosas publicacións a tantos idiomas?