BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • jl lección 11
  • Por que celebramos congresos?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Por que celebramos congresos?
  • Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
jl lección 11

LECCIÓN 11

Por que celebramos congresos?

Un congreso rexional das testemuñas de Xehová en México

México

A presentación dunha nova publicación nun congreso rexional en Alemaña

Alemaña

Testemuñas de Xehová nun congreso rexional en Botswana

Botswana

O bautismo dun mozo en Nicaragua

Nicaragua

Unha representación teatral nun congreso rexional en Italia

Italia

Por que está tan alegre a xente destas fotografías? Porque están nun dos nosos congresos. Os servos de Deus da antigüidade seguían o mandato de celebrar asembleas tres veces ó ano, e nós tamén organizamos reunións de gran tamaño (Deuteronomio 16:16). Cada ano temos tres: dous congresos de circuíto de un día, e un congreso rexional de tres días. Como nos benefician estas xuntanzas?

Fortalecen a nosa irmandade. Do mesmo xeito que ós israelitas lles alegraba louvar a Xehová “nas asembleas”, nós tamén desfrutamos de adoralo xuntos en ocasións especiais (Salmo 26:12; 111:1). Estas xuntanzas dannos a oportunidade de coñecer a irmáns doutras congregacións, ou incluso doutros países, e de relacionarnos con eles. Ó mediodía comemos xuntos no mesmo lugar onde facemos o congreso, o que contribúe ó bo ambiente desta ocasión espiritual (Feitos 2:46). En momentos así, vivimos o amor que nos une ós nosos irmáns de todo o mundo (1a Pedro 2:17).

Axúdannos a crecer espiritualmente. Os israelitas beneficiábanse ó comprender as Escrituras que se lles explicaban (Nehemías 8:8, 12). E nós tamén valoramos moito a instrución da Biblia que recibimos nos congresos. Cada un deles ten un tema bíblico como base, e mediante interesantes discursos e representacións de escenas da vida real, aprendemos como podemos facer o que Deus quere. Por outro lado, anímanos escoitar as vivencias doutros que manteñen unha conduta cristiá nestes tempos difíciles. Nos congresos rexionais fanse representacións teatrais que dan vida ós relatos da Biblia e nos mostran ensinanzas útiles. Por último, é nos congresos onde se bautizan os que queren simbolizar a súa dedicación a Deus.

  • Por que son os nosos congresos ocasións de tanta alegría?

  • Como te beneficiaría asistir a un dos nosos congresos?

SEGUE APRENDENDO

Se queres coñecer mellor a nosa irmandade, anímate a vir ó noso próximo congreso. Quen estuda contigo pode ensinarche o programa para que poidas ver de que se vai falar. Toma nota de cando e onde se fará, e intenta asistir.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir