PARTE 13
Que debemos facer para lle agradar a Deus?
Non fagamos o que Deus di que está mal (1 Corintios 6:9, 10)
Se amamos a Xehová non faremos o que lle desagrada.
Xehová non quere que roubemos, tomemos drogas ou abusemos do alcohol.
Deus detesta o asasinato, o aborto e a homosexualidade. Tampouco quere que sexamos avariciosos nin violentos.
Non debemos adorar imaxes nin practicar espiritismo.
No vindeiro paraíso na Terra non haberá xente que faga cousas malas.
Fagamos o ben ós demais (Mateo 7:12)
Para lle agradar a Deus, temos que esforzarnos por asemellarnos a el.
Demostremos amor ós demais sendo amables e xenerosos.
Sexamos honrados.
Demostremos compaixón e saibamos perdoar.
Falemos con outros do que aprendemos de Xehová e as súas normas (Isaías 43:10).