BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • bm sección 6
  • Xob mantén a súa integridade

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xob mantén a súa integridade
  • La Biblia y su mensaje
  • Información relacionada
  • Pon a túa esperanza en Xehová
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Xob mantívose íntegro ante as probas
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
  • Quen foi Xob?
    Aprendamos das historias da Biblia
La Biblia y su mensaje
bm sección 6
Xob co corpo cheo de feridas.

SECCIÓN 6

Xob mantén a súa integridade

Satanás cuestiona ante Deus a integridade de Xob, pero el mantense fiel a Xehová.

PODE un ser humano manterse fiel a Deus se a súa vida está en perigo e parece que obedecer non lle vai beneficiar en nada? Un home chamado Xob tivo que enfrontarse a esta cuestión. Vexamos cal foi o resultado.

Xob era un parente de Abraham que residía no que hoxe é Arabia durante o período no que os israelitas vivían en Exipto. Un día, este servo de Deus volveuse o centro de atención dunha asemblea que Xehová convocara no ceo cos anxos. Nesa asemblea tamén estaba Satanás. Diante de todos, Xehová expresou a súa confianza na lealdade de Xob. Dixo que non había ningún ser humano tan íntegro coma el. Pero Satanás acusou a Xob de servir a Deus só porque o protexía e o bendicía. Asegurou que se Xob o perdía todo, se volvería en contra de Xehová.

Anxos no ceo, Satanás entre eles, reunidos ante Deus.

Deus permitiu que o Demo lle quitase a Xob as súas posesións, os seus fillos e, por último, a súa saúde. Como Xob non sabía que Satanás estaba detrás de todas aquelas desgrazas, non podía entender por que Deus as permitía. Aínda así, nunca se volveu contra Xehová.

Entón viñeron visitalo tres supostos amigos seus. Nunha serie de discursos que ocupan gran parte do libro de Xob, intentaron convencelo de que Deus o estaba castigando por pecados ocultos. Que equivocados estaban! Ata chegaron a afirmar que a Deus no lle importan os seus servos e que tampouco confía neles. Pero Xob negouse a aceptar esa forma de pensar equivocada e aseguroulles que sería fiel a Deus ata a morte!

Non obstante, Xob cometeu un erro: preocupouse demasiado por defenderse a si mesmo. Elihú, un mozo que estivera escoitando todo o debate, corrixiu a Xob por darlle máis importancia á súa propia reputación que ó nome e á autoridade de Xehová. Ademais, reprendeu con dureza os falsos amigos de Xob.

Finalmente, o mesmo Xehová corrixiu a Xob. Fíxoo reflexionar nas marabillas da creación para ensinarlle o insignificante que é o home en comparación coa grandeza de Deus. Xob foi humilde e aceptou a corrección. E Xehová, que “é compasivo e misericordioso” devolveulle a saúde e bendiciuno co dobre das riquezas que tivera e con dez fillos máis (Santiago 5:​11). Coa súa integridade, Xob puido dar resposta á falsa acusación de Satanás e demostrou que os seres humanos poden ser fieis a Deus incluso cando están sometidos a proba.

Baseado no libro de Xob.

  •  Que cuestión fixo xurdir Satanás con respecto ó caso de Xob?

  •  Que logrou Xob por manterse fiel a Deus?

A CUESTIÓN MÁIS IMPORTANTE

Cando Satanás afirmou que Xob —o servo de Deus máis recto e fiel que había na Terra naquel tempo— obedecía a Deus só por interese, tamén deu a entender que tanto o resto dos humanos coma os anxos teñen a mesma motivación egoísta. En realidade, esta acusación forma parte da cuestión que Satanás fixo xurdir no xardín de Edén acerca da soberanía de Xehová, é dicir, se Deus ten o dereito a gobernar e se é xusto e bo que o faga. O libro bíblico de Xob demostra que tanto os humanos coma os anxos poden apoiar a soberanía de Xehová ó manter a súa integridade a El.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir