PREGUNTA 10
Que promete a Biblia para o futuro?
“Os xustos herdarán a terra e vivirán nela para sempre”.
Salmo 37:29
“A terra permanecerá para sempre”.
Eclesiastés 1:4
“El eliminará a morte para sempre, e o Señor Soberano Xehová secará as lágrimas de tódolos rostros”.
Isaías 25:8
“Nese tempo, os ollos dos cegos serán abertos e os oídos dos xordos serán destapados. Nese tempo, o coxo saltará coma un cervo e a lingua do mudo gritará de alegría. Pois brotarán augas no deserto e torrentes na chaira desértica”.
Isaías 35:5, 6
“Secaralles tódalas lágrimas dos seus ollos, e a morte deixará de existir. Xa non haberá máis tristeza, nin choros, nin dor. As cousas que nos facían sufrir desapareceron”.
“Construirán casas e vivirán nelas; plantarán viñas e comerán o seu froito. Non construirán casas para que outros vivan nelas nin plantarán para que outros coman. Porque os días do meu pobo serán coma os días dunha árbore, e os meus escollidos desfrutarán ó máximo do froito do seu traballo”.
Isaías 65:21, 22