APOCALIPSE
1 Unha revelación* de Xesucristo, que Deus lle deu, para mostrarlles ós seus escravos as cousas que teñen que suceder dentro de pouco. Xesucristo enviou o seu anxo*, e por medio del presentoulle esta revelación usando sinais* ó seu escravo Xoán, 2 quen deu testemuño da palabra de Deus e da mensaxe que transmitiu* Xesucristo, é dicir, de tódalas cousas que viu. 3 Feliz o que lea en voz alta as palabras desta profecía, e felices os que escoiten e obedezan as cousas que se escribiron nela, porque o tempo fixado está cerca.
4 De parte de Xoán para as sete congregacións que están na provincia de Asia*:
Que recibades bondade inmerecida e paz de parte de “aquel que é, que era e que vén”, de parte dos sete espíritos que están diante do trono de Deus 5 e de parte de Xesucristo, a Testemuña Fiel, o Primoxénito de entre os mortos e o Gobernante dos reis da terra.
Que a el, que nos ama e nos liberou dos nosos pecados por medio do seu propio sangue 6 (e que fixo que fósemos un reino e sacerdotes para o seu Deus e Pai), vaia a gloria e o poder para sempre. Amén.
7 Mirade! Virá coas nubes e todos o verán, incluso os que o traspasaron. E por causa del, tódalas tribos da terra lamentaranse dándose golpes no peito. Si, amén.
8 Xehová* Deus di: “Eu son o Alfa e o Omega*, aquel que é, que era e que vén, o Todopoderoso”.
9 Eu, Xoán, o voso irmán e compañeiro na persecución*, no reino e no aguante como seguidor de Xesús, estiven na illa que se chama Patmos por falar sobre Deus e por dar testemuño acerca de Xesús. 10 Por inspiración* cheguei a estar no día do Señor, e escoitei detrás de min unha voz poderosa que era coma o son dunha trompeta, 11 que dicía: “Escribe nun rolo o que ves e envíallelo ás sete congregacións: Éfeso, Esmirna, Pérgamo, Tiatira, Sardis, Filadelfia e Laodicea”.
12 Cando me xirei para ver quen me falaba, vin sete candelabros de ouro. 13 No medio dos candelabros vin a alguén parecido a un fillo do home. Ía vestido cunha túnica que lle chegaba ata os pés e levaba posta unha faixa de ouro á altura do peito. 14 Ademais, a súa cabeza e o seu pelo eran brancos coma a la branca, igual que a neve, e os seus ollos eran coma unha chama de lume. 15 Os seus pés eran coma o cobre refinado cando brilla no forno, e a súa voz era tan forte coma o ruído de moita auga en movemento*. 16 Na man dereita tiña sete estrelas, da súa boca saía unha espada de dous fíos, longa e afiada, e a súa cara era coma o sol cando brilla con toda a súa forza. 17 Cando o vin, caín diante dos seus pés coma se estivese morto.
E el puxo a súa man dereita sobre min e díxome: “Non teñas medo. Eu son o Primeiro e o Último 18 e o que vive. Estiven morto, pero agora vivo para sempre, e teño as chaves da morte e da Tumba*. 19 Así que escribe as cousas que viches, as que están pasando agora e as que pasarán despois. 20 Este é o segredo sagrado das sete estrelas que viches na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro: as sete estrelas representan os anxos das sete congregacións e os sete candelabros representan as sete congregacións.
2 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Éfeso: ‘Isto é o que di o que ten as sete estrelas na súa man dereita e camiña entre os sete candelabros de ouro: 2 “Coñezo os teus feitos, o teu duro traballo e o teu aguante. Tamén sei que non podes tolerar os homes malos e que puxeches a proba os que din ser apóstolos pero non o son, e que descubriches que son uns mentireiros. 3 Ademais, estás demostrando aguante. Seguiches servíndome fielmente por causa do meu nome e non te cansaches. 4 Pero teño algo na túa contra: que perdiches* o amor que tiñas ó principio.
5 ”’”Así que recorda desde onde caíches, arrepíntete e fai as cousas que facías ó principio. Se non o fas, virei e quitarei o teu candelabro do seu sitio, a non ser que te arrepintas. 6 Pero tes isto ó teu favor: que odias as cousas que fai a seita* de Nicolás, cousas que eu tamén odio. 7 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións: a quen venza permitireille comer da árbore da vida*, que está no paraíso de Deus”’.
8 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Esmirna: ‘Isto é o que di el, o Primeiro e o Último, o que estivo morto e volveu a vivir: 9 “Coñezo o teu sufrimento* e a túa pobreza, aínda que es rico. Tamén coñezo a blasfemia dos que din ser xudeus pero en realidade non o son. Eles son un grupo que pertence a* Satanás. 10 Non teñas medo dos sufrimentos que che esperan. Mira! O Demo* seguirá meténdovos no cárcere a algúns de vós para que sexades probados por completo, e seredes perseguidos* durante 10 días. Mantente fiel ata a morte e eu dareiche a coroa da vida. 11 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións: ó que venza, a morte segunda* nunca lle fará ningún dano”’.
12 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Pérgamo: ‘Isto é o que di o que ten a espada de dous fíos, longa e afiada: 13 “Sei onde vives: onde está o trono de Satanás. Aínda así, séguesme sendo leal*. Ademais, non renegaches da túa fe en min nin sequera nos días de Antipas, a miña testemuña fiel, a quen mataron na vosa cidade, onde vive Satanás.
14 ”’”Pero teño algunhas cousas na túa contra: que tes aí ós que se aferran ás ensinanzas de Balaam, quen lle ensinou a Balac a tentar os* fillos de Israel para que comesen carne sacrificada a ídolos e para que cometesen actos de inmoralidade sexual*. 15 Ademais, tamén tes ós que se aferran ás ensinanzas da seita de Nicolás. 16 Así que arrepíntete. Se non o fas, virei pronto e loitarei contra eles coa espada longa que sae da miña boca.
17 ”’”Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións: ó que venza dareille do maná escondido e tamén unha pedriña branca. Na pedriña hai escrito un nome novo que ninguén coñece, só quen a recibe”’.
18 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Tiatira: ‘Isto é o que di o Fillo de Deus, o que ten os ollos coma unha chama de lume e os pés coma o cobre refinado: 19 “Coñezo os teus feitos, o teu amor, a túa fe, o teu servizo a Deus* e o teu aguante. E sei que agora os teus feitos son máis que os do principio.
20 ”’”Pero teño algo na túa contra: que toleras a esa muller, Xezabel, que afirma ser profetisa e engana coas súas ensinanzas os meus escravos para que cometan actos de inmoralidade sexual* e para que coman carne sacrificada ós ídolos. 21 Deille tempo para que se arrepentise, pero ela non quere arrepentirse da súa inmoralidade sexual*. 22 Mira! Vou facer que enferme ata que non se poida levantar da cama. E farei que os que cometen adulterio con ela sufran moito*, a non ser que se arrepintan de actuar coma ela. 23 E ós fillos dela vounos matar cunha enfermidade mortal. Así tódalas congregacións saberán que eu son o que analiza os pensamentos máis íntimos* e os corazóns. E a cada un de vós pagareivos conforme ós vosos feitos.
24 ”’”Pero ó resto dos que estades en Tiatira, tódolos que non seguides as ensinanzas de Xezabel e non coñecedes as chamadas ‘cousas profundas de Satanás’, dígovos: ‘Non vos impoño ningunha outra carga. 25 Iso si, aferrádevos ó que tedes ata que eu veña. 26 Ó que venza e se manteña nos meus camiños* ata o fin dareille autoridade sobre as nacións, 27 tal como meu Pai me deu autoridade a min. E gobernará* á xente con vara de ferro, de maneira que quedarán feitos pedazos coma recipientes de barro. 28 Tamén lle darei a estrela da mañá. 29 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións’”’.
3 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Sardis: ‘Isto é o que di o que ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas: “Coñezo os teus feitos e sei que tes fama* de estar vivo, pero en realidade estás morto. 2 Mantente alerta e fortalece o que queda e estivo a punto de morrer, porque non te vin facer tódalas cousas que o meu Deus espera que fagas. 3 Polo tanto, acórdate sempre do que recibiches e oíches. Non deixes de obedecelo e arrepíntete. Porque se non despertas, virei coma un ladrón e de ningunha maneira saberás a que hora vou chegar.
4 ”’”Pero en Sardis tes algúns* que non contaminaron a súa roupa, e camiñarán comigo vestidos con roupa branca, porque o merecen. 5 O que venza irá vestido así, con roupa branca, e xamais borrarei o seu nome do libro da vida, senón que direi que coñezo o seu nome diante do meu Pai e dos seus anxos. 6 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións”’.
7 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Filadelfia: ‘Isto é o que di o que é santo, o que é verdadeiro, o que ten a chave de David, o que abre de maneira que ninguén poida pechar e que pecha de maneira que ninguén poida abrir: 8 “Coñezo os teus feitos. (Mira! Puxen diante de ti unha porta aberta que ninguén pode pechar.) E sei que, aínda que tes poucas forzas, obedeciches as miñas palabras e fúchesme leal*. 9 Mira! Farei que os que son do grupo que pertence a* Satanás (que din ser xudeus pero non o son, senón que menten) veñan e se inclinen* diante dos teus pés, e fareilles saber que te quero. 10 Como seguiches as ensinanzas sobre o meu aguante*, eu tamén te protexerei no tempo de proba, que virá sobre toda a terra* para poñer a proba os que viven nela. 11 Veño pronto. Sigue aferrándote ó que tes para que ninguén che quite a túa coroa.
12 ”’”Ó que venza fareino columna* no templo do meu Deus, e nada o fará saír de alí. Nel escribirei o nome do meu Deus, o nome da cidade do meu Deus (a Nova Xerusalén que baixa do ceo, do meu Deus) e o meu novo nome. 13 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións”’.
14 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Laodicea: ‘Isto é o que di o Amén*, a testemuña fiel e verdadeira, a primeira creación de Deus: 15 “Coñezo os teus feitos e sei que non es nin frío nin quente. Quen me dese que foses frío ou quente. 16 Pero como es morno, nin quente nin frío, voute vomitar da miña boca. 17 Ti dis ‘son rico, conseguín riquezas e non necesito absolutamente nada’, pero non te dás conta de que es infeliz, de que dás pena, de que es pobre e cego, e de que estás espido. 18 Por iso, aconsélloche que me compres ouro refinado polo lume para que te fagas rico, roupa branca para que evites a vergonza de que te vexan espido, e pomada para os ollos para que a botes e poidas ver.
19 ”’”Eu corrixo e disciplino a tódolos que lles teño cariño. Así que arrepíntete e sirve a Deus de todo corazón. 20 Mira! Estou de pé petando á porta. Se alguén escoita a miña voz e abre a porta, entrarei na súa casa e cearemos xuntos. 21 Ó que venza permitireille sentarse comigo no meu trono, tal como eu vencín e me sentei co meu Pai no seu trono. 22 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións”’”.
4 Despois disto vin unha porta aberta no ceo, e a primeira voz que escoitei falando comigo era coma o son dunha trompeta. Díxome: “Sube aquí, que che vou ensinar as cousas que teñen que suceder”. 2 Despois disto, enseguida cheguei a estar baixo a influencia do espírito santo. Entón, vin un trono no ceo e a alguén sentado nel. 3 O que estaba sentado tiña a aparencia do xaspe e da cornalina*, e rodeando o trono había un arco iris que parecía unha esmeralda.
4 Arredor do trono había 24 tronos, e neses tronos vin sentados a 24 anciáns*. Estaban vestidos con roupa branca e levaban unha coroa de ouro na cabeza. 5 Do trono saían lóstregos, voces e ruídos fortes de tronos. Diante del había sete lámpadas de lume ardendo, que representan os sete espíritos de Deus. 6 Diante do trono tamén había unha especie de mar de vidro, parecido ó cristal.
No centro, xunto ó trono* e arredor del, había catro seres viventes cheos de ollos por diante e por detrás. 7 O primeiro ser vivente parecía un león, o segundo parecía un touro novo, o terceiro tiña a cara parecida á dun home e o cuarto parecía unha aguia voando. 8 Cada un dos catro seres viventes tiña seis alas, que estaban cheas de ollos por fóra e por dentro. E día e noite din sen parar: “Santo, santo, santo é Xehová* Deus, o Todopoderoso, que era, que é e que vén”.
9 Cada vez que os seres viventes lle dan gloria, honra e grazas ó que está sentado no trono e que vive para sempre, 10 os 24 anciáns bótanse ó chan diante do que está sentado no trono e adoran ó que vive para sempre. Tamén botan as súas coroas diante do trono e din: 11 “Xehová*, noso Deus, ti mereces recibir a gloria, a honra e o poder, porque ti creaches tódalas cousas e pola túa vontade* chegaron a existir e foron creadas”.
5 Vin que o que estaba sentado no trono tiña na man dereita un rolo escrito polos dous lados* e ben selado con sete selos. 2 E vin un anxo poderoso que dicía con voz forte: “Quen merece abrir o rolo e romper os seus selos?”. 3 Pero ninguén, nin no ceo nin na terra nin debaixo da terra, podía abrir o rolo e ver o que tiña escrito. 4 Así que, como non había ninguén que merecese abrir o rolo e ver o que estaba escrito nel, púxenme a chorar desconsoladamente. 5 Pero un dos anciáns díxome: “Deixa de chorar. Mira! O León da tribo de Xudá, a raíz de David, venceu. Así que el pode abrir o rolo e os seus sete selos”.
6 No medio* do trono e dos catro seres viventes e no medio dos anciáns vin un cordeiro de pé que parecía que fora sacrificado. Tiña sete cornos e sete ollos. (Os ollos representan os sete espíritos de Deus que foron enviados por toda a terra.) 7 Inmediatamente o Cordeiro acercouse e colleu o rolo que tiña na man dereita o que estaba sentado no trono. 8 Cando colleu o rolo, os catros seres viventes e os 24 anciáns botáronse ó chan diante do Cordeiro. Cada un dos anciáns tiña unha arpa e tamén tiñan cuncas de ouro cheas de incenso*. (O incenso representa as oracións dos santos*.) 9 E cantan unha canción nova que di: “Mereces coller o rolo e abrir os seus selos, porque fuches sacrificado e co teu sangue compraches para Deus persoas de toda tribo, idioma, pobo e nación. 10 Ti fixeches que fosen un reino e sacerdotes ó servizo do noso Deus. E reinarán sobre a terra”.
11 Mirei, e escoitei a voz de moitos anxos que estaban arredor do trono, dos seres viventes e dos anciáns. Eran milleiros de milleiros, si, centos de millóns*, 12 e dicían con voz forte: “O Cordeiro que foi sacrificado merece recibir o poder, as riquezas, a sabedoría, a forza, a honra, a gloria e a bendición”.
13 E escoitei que tódalas criaturas que hai no ceo, na terra, debaixo da terra e no mar, todas elas, dicían: “Que o que está sentado no trono e o Cordeiro reciban a bendición, a honra, a gloria e o poder para sempre”. 14 Os catro seres viventes dicían: “Amén!”. E os anciáns puxéronse de xeonllos e adoraron a Deus.
6 Vin que o Cordeiro abriu un dos sete selos e escoitei a un dos catro seres viventes dicir cunha voz que soaba coma un trono: “Adiante!*”. 2 Entón, vin un cabalo branco. O seu xinete tiña un arco. Déuselle unha coroa e saíu vencendo ós seus inimigos para completar a súa vitoria.
3 Cando o Cordeiro abriu o segundo selo, escoitei o segundo ser vivente dicir: “Adiante!”. 4 E saíu outro cabalo, que era da cor do lume. Ó seu xinete permitíuselle quitar a paz da terra para que as persoas se matasen unhas ás outras, e déuselle unha espada grande.
5 Cando o Cordeiro abriu o terceiro selo, escoitei o terceiro ser vivente dicir: “Adiante!”. Entón, vin un cabalo negro. O seu xinete tiña unha balanza na man. 6 No medio dos catro seres viventes escoitei o que parecía unha voz que dicía: “Un litro* de trigo por un denario* e tres litros de cebada por un denario. Non desperdicies o aceite de oliva nin o viño”.
7 Cando o Cordeiro abriu o cuarto selo, escoitei a voz do cuarto ser vivente dicir: “Adiante!”. 8 Entón, vin un cabalo pálido. O seu xinete chamábase Morte, e a Tumba* seguíao de cerca. E déuselles autoridade sobre a cuarta parte da terra para matar cunha espada longa, con fame, con enfermidades mortais e cos animais salvaxes da terra.
9 Cando o Cordeiro abriu o quinto selo, vin debaixo do altar as almas* dos que foran asasinados por ser fieis á palabra de Deus e polo testemuño que deran. 10 E gritaban con voz forte: “Señor Soberano, santo e verdadeiro, ata cando vas esperar para xulgar os que viven na terra e vingar a nosa morte*?”. 11 A cada un deles déuselle unha túnica branca. Tamén se lles dixo que esperasen un pouco máis ata que se completase o número dos seus compañeiros escravos, dos seus irmáns que estaban a punto de ser asasinados como foran eles.
12 Entón vin que o Cordeiro abriu o sexto selo. Houbo un gran terremoto, o sol púxose tan escuro coma unha tea de saco negra feita con pelo de animal*, a lúa enteira púxose vermella coma o sangue 13 e as estrelas do ceo caeron á terra, igual que caen os figos verdes dunha figueira cando un vento forte a abanea. 14 O ceo desapareceu coma un rolo que se vai enrolando, e tódalas montañas e tódalas illas foron arrancadas do seu lugar. 15 Entón os reis da terra, os altos funcionarios, os comandantes militares, os ricos, os poderosos, tódolos escravos e tódalas persoas libres escondéronse nas covas e entre as rocas das montañas. 16 E unha e outra vez dinlles ás montañas e ás rocas: “Tapádenos e escondédenos do que está sentado no trono e da ira do Cordeiro, 17 porque o gran día da ira deles xa chegou, e quen pode sobrevivir*?”.
7 Despois disto vin catro anxos de pé nos catro extremos* da terra. Estaban retendo os catro ventos da terra para que non soprase ningún vento sobre a terra, nin sobre o mar, nin sobre ningunha árbore. 2 Tamén vin outro anxo que subía desde o leste* levando un selo do Deus vivo, e berroulles con forza ós catro anxos ós que se lles permitira facerlles dano á terra e ó mar. 3 Díxolles: “Non lles fagades dano nin á terra, nin ó mar, nin ás árbores ata que selemos na fronte ós escravos do noso Deus!”.
4 E escoitei o número dos que foron selados: 144.000. Eran de tódalas tribos dos fillos de Israel:
5 12.000 selados da tribo de Xudá,
12.000 da tribo de Rubén,
12.000 da tribo de Gad,
6 12.000 da tribo de Aser,
12.000 da tribo de Neftalí,
12.000 da tribo de Manasés,
7 12.000 da tribo de Simeón,
12.000 da tribo de Leví,
12.000 da tribo de Isacar,
8 12.000 da tribo de Zabulón,
12.000 da tribo de Xosé
e 12.000 selados da tribo de Benxamín.
9 Despois disto, vin unha gran multitude que ninguén podía contar. Eran de tódalas nacións, tribos, pobos e idiomas, e estaban de pé diante do trono e diante do Cordeiro. Ían vestidos con túnicas brancas e levaban follas de palmeira nas mans. 10 E agradecidos berraban con voz forte: “A salvación vén do noso Deus, que está sentado no trono, e do Cordeiro!”.
11 Tódolos anxos estaban de pé arredor do trono, dos anciáns e dos catro seres viventes. Entón botáronse ó chan diante do trono, baixaron a cabeza e adoraron a Deus, 12 dicindo: “Amén! Que o noso Deus reciba a louvanza, a gloria, a sabedoría, o agradecemento, a honra, o poder e a forza para sempre. Amén”.
13 Entón, un dos anciáns preguntoume: “Quen son os que van vestidos con túnicas brancas? E de onde viñeron?”. 14 Inmediatamente eu contesteille: “Meu Señor, ti es quen o sabe”. E el díxome: “Son os que saen da gran tribulación*. Eles lavaron as súas túnicas e embranquecéronas no sangue do Cordeiro. 15 Por iso están diante do trono de Deus, e danlle servizo sagrado día e noite no seu templo. E o que está sentado no trono protexeraos*. 16 Xa non volverán a pasar fame nin sede. Tampouco sufrirán por culpa do sol nin da intensa calor. 17 Porque o Cordeiro, que está xunto ó* trono, vainos pastorear e guiar a fontes* de augas de vida. E Deus secaralles tódalas lágrimas dos seus ollos”.
8 Cando o Cordeiro abriu o sétimo selo, houbo silencio no ceo durante aproximadamente media hora. 2 E vin os sete anxos que están de pé diante de Deus, e déronselles sete trompetas.
3 Chegou outro anxo cun braseiro* de ouro para queimar incenso, e quedou de pé xunto ó altar. Déuselle moito incenso para que o ofrecese (xunto coas oracións de tódolos santos*) no altar de ouro que estaba diante do trono. 4 E o fume do incenso que o anxo queimou* subiu diante de Deus xunto coas oracións dos santos. 5 Pero o anxo enseguida colleu o braseiro, encheuno con brasas* do altar e tirounas á terra. E houbo tronos, voces, lóstregos e un terremoto. 6 E os sete anxos que tiñan as sete trompetas preparáronse para tocalas.
7 O primeiro tocou a súa trompeta. Entón houbo graínzo* e lume mesturados con sangue, e foron lanzados á terra. E queimáronse a terceira parte da terra, a terceira parte das árbores e toda a vexetación verde.
8 O segundo anxo tocou a súa trompeta. Entón algo parecido a unha montaña grande en chamas foi lanzado ó mar. E a terceira parte do mar converteuse en sangue, 9 a terceira parte dos animais que había no mar morreu e a terceira parte dos barcos foi destruída.
10 O terceiro anxo tocou a súa trompeta. Entón caeu do ceo unha estrela grande que brillaba coma unha lámpada*. Caeu sobre a terceira parte dos ríos e sobre as fontes*. 11 O nome da estrela é Asente*. E a terceira parte das augas converteuse en asente. Morreu moita xente por culpa das augas, porque se volveran amargas.
12 O cuarto anxo tocou a súa trompeta. Entón feriuse a terceira parte do sol, da lúa e das estrelas, para que se escurecese a terceira parte deles e que a terceira parte do día e da noite non tivesen luz.
13 Vin unha aguia que voaba no medio do ceo e escoitei que dicía con voz forte: “Ai! Ai! Ai dos que vivan na terra cando soen os toques de trompeta que faltan e que os tres anxos están a punto de tocar!”.
9 O quinto anxo tocou a súa trompeta. Entón vin unha estrela que caera desde o ceo á terra, e déuselle a chave do foso* do abismo*. 2 A estrela* abriu o foso do abismo e del subiu fume, coma o fume que sae dun gran forno. E o sol e o aire escurecéronse co fume que saía de alí. 3 Do fume saíron langostas* cara á terra e déuselles autoridade, a mesma autoridade que teñen os escorpións da terra. 4 Díxoselles que non lle fixesen dano á herba da terra, a ningunha planta verde nin a ningunha árbore, e que só lles fixesen dano ás persoas que non teñen o selo* de Deus na fronte.
5 Ás langostas non se lles permitiu matar as persoas, pero si que se lles permitiu atormentalas durante cinco meses. O sufrimento que provocaban era coma o sufrimento que provoca un escorpión cando pica a unha persoa. 6 Neses días, a xente buscará a maneira de morrer, pero de ningunha forma a encontrará. Desexarán morrer, pero a morte escapará deles.
7 As langostas parecían cabalos preparados para a batalla. Na cabeza tiñan algo parecido a unha coroa de ouro e as súas caras eran coma as dos humanos. 8 O seu pelo era coma o dunha muller, os seus dentes eran coma os dun león 9 e levaban coirazas parecidas a coirazas de ferro. O ruído que facían as súas alas era coma o ruído que fan os carros tirados por cabalos cando corren cara á batalla. 10 Ademais tiñan colas con aguillóns, coma os escorpións. E nas colas tiñan o poder para facerlles dano ás persoas durante cinco meses. 11 O seu rei é o anxo do abismo, que en hebreo se chama Abadón* e en grego Apolión*.
12 O primeiro ai xa pasou. Pero, atención! Despois destas cousas virán dous ais máis.
13 O sexto anxo tocou a súa trompeta. Entón oín unha voz que viña dos cornos do altar* de ouro que está diante de Deus, 14 e díxolle ó sexto anxo que tiña a trompeta: “Desata os catro anxos que están atados xunto ó gran río Éufrates*”. 15 E os catro anxos (que foran preparados para esa hora, día, mes e ano) foron desatados para matar a terceira parte das persoas.
16 Escoitei que o número dos soldados do exército de cabalería era de 200 millóns*. 17 Os cabalos e os xinetes que vin na visión eran así: tiñan coirazas vermellas coma o lume, azuis coma o xacinto e amarelas coma o xofre*. As cabezas dos cabalos eran coma cabezas de leóns, e da súa boca saían lume, fume e xofre. 18 A terceira parte das persoas morreu por estas tres pragas: o lume, o fume e o xofre que saían da boca dos cabalos. 19 O poder dos cabalos estaba na súa boca e na súa cola, porque a súa cola era coma unha serpe e tiña cabeza de serpe, e con ela facía dano.
20 Pero as demais persoas, as que non morreron por estas pragas, non se arrepentiron das súas obras*. Non deixaron de adorar os demos nin os ídolos de ouro, prata, cobre, pedra e madeira, que non poden ver, oír nin andar. 21 E non se arrepentiron dos seus asasinatos, das súas prácticas espiritistas*, da súa inmoralidade sexual* nin dos seus roubos.
10 E vin outro anxo poderoso que baixaba do ceo envolto nunha* nube, e sobre a súa cabeza había un arco iris. A súa cara era coma o sol e as súas pernas* coma columnas de lume. 2 Na man tiña un rolo pequeno que fora aberto. Puxo o pé dereito no mar e o pé esquerdo na terra. 3 Entón berrou con voz forte, como cando ruxe un león. E cando berrou, as voces dos sete tronos* empezaron a falar.
4 Cando falaron os sete tronos*, eu estaba a punto de escribir o que dixeran, pero escoitei unha voz que viña do ceo que dicía: “Garda en segredo* o que dixeron os sete tronos e non o escribas”. 5 O anxo que vin de pé sobre o mar e sobre a terra levantou a súa man dereita cara ó ceo 6 e xurou por aquel que vive para sempre, o que creou o ceo e o que hai nel, a terra e o que hai nela, e o mar e o que hai nel. Dixo: “Xa non haberá que esperar máis. 7 Porque cando o sétimo anxo estea a punto de tocar a súa trompeta, cumprirase sen falta o segredo sagrado que Deus lles anunciou como boas noticias ós seus propios escravos, os profetas”.
8 E escoitei que a voz que viña do ceo me volvía a falar. Díxome: “Vai e colle o rolo aberto que ten na man o anxo que está de pé sobre o mar e sobre a terra”. 9 Entón fun a onde estaba o anxo e pedinlle que me dese o rolo pequeno. E el contestoume: “Colle o rolo e cómeo. Fará que che doia* o estómago, pero na boca serache doce coma o mel”. 10 Así que collín o rolo pequeno da man do anxo e comino. Na boca era doce coma o mel, pero despois de comelo fixo que me doese* o estómago. 11 E dixéronme: “Tes que volver a profetizar sobre pobos, nacións, idiomas e moitos reis”.
11 E déuseme unha cana* parecida a unha vara de medir* e, mentres, unha voz dicíame: “Levántate e mide o santuario do templo* de Deus, o altar e os que adoran alí. 2 Pero pasa por alto o patio* que está fóra do santuario do templo e non o midas, porque se lles deu ás nacións. E elas esmagarán cos pés a cidade santa durante 42 meses. 3 Farei que as miñas dúas testemuñas profeticen 1260 días vestidas con tea de saco”. 4 Estas testemuñas están representadas polas dúas oliveiras e os dous candelabros, e están de pé diante do Señor da terra.
5 Se alguén quere facerlles dano, da boca delas sae un lume que acaba cos seus inimigos. Así é como morrerá calquera que queira facerlles dano. 6 Elas teñen autoridade para pechar o ceo e facer que non chova durante os días nos que profeticen. Tamén teñen autoridade para converter as augas en sangue e para facerlle dano á terra tódalas veces que queiran con toda clase de pragas.
7 Cando acaben de dar o seu testemuño, a besta salvaxe que sobe do abismo* vai loitar contra elas, vainas vencer e vainas matar. 8 Os seus cadáveres quedarán na rúa principal da gran cidade (que en sentido simbólico se chama Sodoma e Exipto), onde o seu Señor tamén foi executado no madeiro. 9 Xente de diferentes pobos, tribos, idiomas e nacións mirará os seus cadáveres durante tres días e medio, e non deixará que os enterren nunha tumba. 10 E os que viven na terra alegraranse, celebrarán a súa morte e mandaranse regalos uns ós outros, porque estes dous profetas atormentaran ós que viven na terra.
11 Despois dos tres días e medio, entrou nelas o espírito de vida que vén de Deus e puxéronse de pé. Os que as viron sentiron moito medo. 12 Entón escoitouse unha voz forte que viña do ceo e que lles dicía: “Subide aquí”. E as dúas testemuñas subiron ó ceo nunha nube, e os seus inimigos estaban mirando*. 13 Naquel momento* houbo un gran terremoto e a décima parte da cidade foi destruída. O terremoto matou a 7000 persoas, e os que sobreviviron asustáronse moito e déronlle gloria ó Deus do ceo.
14 O segundo ai xa pasou. Pero, atención! O terceiro vén rapidamente.
15 O sétimo anxo tocou a súa trompeta. Entón escoitáronse voces fortes no ceo que dicían: “O Reino do noso Deus e do seu Cristo empezou a gobernar sobre toda a humanidade, e el* reinará para sempre”.
16 Os 24 anciáns que estaban sentados nos seus tronos diante de Deus botáronse ó chan, inclinaron a cabeza e adoraron a Deus. 17 Dixeron: “Dámosche as grazas, Xehová* Deus (o Todopoderoso, o que é e o que era), porque usaches o teu gran poder e empezaches a reinar. 18 Pero as nacións enchéronse de ira. E entón veu a túa propia ira e o tempo fixado para que se xulgue ós mortos e para recompensar ós teus escravos, os profetas, e tamén ós santos e ós que temen* o teu nome (tanto ós pequenos coma ós grandes), e para destruír os que están destruíndo* a terra”.
19 Entón abriuse o santuario* do templo de Deus no ceo e viuse a arca do seu pacto no santuario do templo. E houbo lóstregos, voces, tronos, un terremoto e moito graínzo*.
12 Entón viuse un gran sinal no ceo: había unha muller vestida co sol, tiña a lúa debaixo dos seus pés e levaba unha coroa de 12 estrelas na cabeza. 2 Estaba embarazada e a punto de dar a luz. Así que berraba polas dores e o intenso sufrimento que sentía.
3 E viuse outro sinal no ceo: apareceu un dragón grande da cor do lume que tiña 7 cabezas e 10 cornos, e nas súas cabezas había 7 coroas*. 4 A súa cola arrastraba a terceira parte das estrelas do ceo, e botounas á terra. E o dragón quedou de pé diante da muller que estaba a punto de dar a luz, para devorar ó seu fillo tan pronto como nacese.
5 Ela deu a luz un fillo, un neno, que gobernará* a tódalas nacións con vara de ferro. E enseguida o neno foi levado onda Deus, que estaba no seu trono. 6 Entón a muller fuxiu ó deserto, onde Deus lle preparara un sitio e onde sería alimentada durante 1260 días.
7 E empezou unha guerra no ceo. Miguel* e os seus anxos loitaron contra o dragón. E o dragón e os seus anxos tamén loitaron, 8 pero non puideron ganar*. E xa non se lles permitiu seguir estando no ceo. 9 Así que o gran dragón, a serpe orixinal, ó que lle chaman Demo* e Satanás*, que está enganando a toda a terra*, foi lanzado cara abaixo, á terra. E os seus anxos tamén foron lanzados cara abaixo con el. 10 E escoitei unha voz forte no ceo que dicía:
“Agora fixéronse realidade a salvación, o poder e o Reino do noso Deus, e a autoridade do seu Cristo! Porque o acusador dos nosos irmáns, que os acusa día e noite diante do noso Deus, foi lanzado cara abaixo. 11 Eles vencérono grazas ó sangue do Cordeiro e grazas á mensaxe que anunciaron*, e non tiveron medo de perder a súa vida* nin sequera cando se enfrontaron á morte. 12 Por iso, alegrádevos, ceos e os que vivides neles! Pero, ai da terra e do mar! Porque o Demo baixou onda vós cheo de furia, pois sabe que lle queda pouco tempo”.
13 Cando o dragón viu que o lanzaran á terra, perseguiu a muller que dera a luz ó neno. 14 Pero a muller recibiu dúas alas dunha aguia grande para voar ó deserto, ó sitio que se preparara para ela, onde ten que ser alimentada lonxe da presenza* da serpe durante un tempo, dous tempos e medio tempo*.
15 E a serpe lanzou pola súa boca un río de auga detrás da muller, para que afogase no río. 16 Pero a terra foi axudar á muller. A terra abriu a súa boca e tragou o río que o dragón lanzara pola boca. 17 Entón o dragón púxose furioso coa muller e foi loitar contra os que quedan da descendencia dela. Estes son os que obedecen os mandamentos de Deus e ós que se lles encargou dar testemuño acerca de Xesús.
13 El* quedou de pé na area da beira do mar.
Entón vin unha besta salvaxe que saía do mar. Tiña 10 cornos e 7 cabezas. Nos seus cornos levaba 10 coroas* e nas súas cabezas nomes blasfemos. 2 A besta salvaxe que vin parecíase a un leopardo, pero os seus pés eran coma os dun oso e a súa boca coma a dun león. E o dragón deulle á besta o seu poder, o seu trono e moita autoridade.
3 Vin que nunha das súas cabezas parecía que lle fixeran unha ferida mortal, pero esa ferida foi curada. E toda a terra seguiu a besta salvaxe con admiración. 4 Adoraron o dragón porque el lle dera autoridade á besta salvaxe, e tamén adoraron a besta salvaxe dicindo: “Quen é coma a besta salvaxe? E quen pode loitar contra ela?”. 5 A besta salvaxe recibiu autoridade* para dicir cousas arrogantes e blasfemias, e para actuar durante 42 meses. 6 Despois ela abriu a súa boca para dicir blasfemias contra Deus, para blasfemar contra o seu nome e contra o sitio onde vive, é dicir, contra os que viven no ceo. 7 Á besta salvaxe permitíuselle loitar contra os santos* e vencelos, e déuselle autoridade sobre toda tribo, pobo, idioma e nación. 8 E os que viven na terra vana adorar. Desde o principio da humanidade* non se escribiu o nome de ningún deles no rolo da vida do Cordeiro que foi sacrificado.
9 Quen teña oídos que escoite. 10 Se alguén ten que ser capturado, será capturado. Se alguén mata coa espada*, matarano coa espada. Por iso os santos necesitan ter aguante e fe.
11 Entón vin outra besta salvaxe que saía da terra. Tiña dous cornos coma os dun cordeiro, pero empezou a falar coma un dragón. 12 Ela exerce a mesma autoridade que ten a primeira besta salvaxe, e faino diante dela. Obriga a terra e os seus habitantes a adorar a primeira besta salvaxe, a que foi curada da súa ferida mortal. 13 E fai grandes sinais. Incluso fai que baixe lume do ceo á terra diante da humanidade.
14 Engana ós que viven na terra cos sinais que se lle permitiu facer diante da besta salvaxe, e dilles ós que viven na terra que lle fagan unha imaxe á besta salvaxe, á que tiña unha ferida de espada pero reviviu. 15 E permitíuselle darlle vida* á imaxe da besta salvaxe, para que a imaxe da besta salvaxe falase e mandase matar a tódolos que se negasen a adorar a imaxe da besta salvaxe.
16 Obrígaos a todos (a pequenos e grandes, a ricos e pobres, a libres e escravos) a recibir unha marca na man dereita ou na fronte, 17 para que ninguén poida comprar ou vender excepto os que teñan a marca, é dicir, o nome da besta salvaxe ou o número do seu nome. 18 Quen teña perspicacia que calcule o número da besta salvaxe, porque é un número humano*. O seu número é 666. Só poderán entender isto os que teñan sabedoría.
14 Entón, vin o Cordeiro de pé no monte Sión*, e con el había 144.000 que teñen escritos na fronte o nome do Cordeiro e o nome do seu Pai. 2 Escoitei un son que saía do ceo e que era coma o ruído de moita auga en movemento e coma o dun trono forte. O son que escoitei era coma o de cantores que tocan as súas arpas mentres cantan. 3 Eles están cantando o que parece ser unha canción nova diante do trono e diante dos catro seres viventes e dos anciáns. Ninguén podía aprender ben esa canción, só os 144.000 que foron comprados da terra. 4 Estes son os que non se contaminaron con mulleres, de feito son virxes. Son os que seguen o Cordeiro sen importar a onde vaia. Foron comprados de entre a humanidade como primicias* para Deus e para o Cordeiro, 5 e non se encontrou ningún engano na súa boca. Non teñen ningún defecto.
6 Vin outro anxo que voaba polo medio do ceo*. Tiña boas noticias* eternas que anunciarlles ós que viven na terra: a toda nación, tribo, idioma e pobo. 7 Dicía con voz forte: “Temede a Deus* e dádelle gloria, porque chegou a hora do seu xuízo. Así que adorade o que fixo o ceo, a terra, o mar e as fontes*”.
8 Despois veu un segundo anxo, que dicía: “Caeu! Babilonia a Grande caeu! A que fixo que tódalas nacións bebesen do seu viño, que provoca un forte desexo de cometer actos de* inmoralidade sexual* con ela”.
9 Despois seguiunos un terceiro anxo, que dicía con voz forte: “Se alguén adora a besta salvaxe e a súa imaxe, e recibe unha marca na fronte ou na man, 10 tamén beberá do viño da furia de Deus, servido sen diluír na copa da súa ira. E faráselle sufrir* con lume e xofre diante dos santos anxos e do Cordeiro. 11 O fume que sae do lume que os fai sufrir* subirá para sempre. E os que adoran a besta salvaxe e a súa imaxe e os que reciben a marca do seu nome non deixarán de sufrir nin de día nin de noite. 12 Por iso os santos (os que obedecen os mandamentos de Deus e se aferran á fe en* Xesús) necesitan ter aguante”.
13 E escoitei unha voz que viña do ceo e dicía: “Escribe isto: ‘Felices son os que morren a partir de agora sendo discípulos do Señor*. Si, o espírito santo di que descansen do seu duro traballo, porque as cousas que fixeron non se esquecerán*’”.
14 Entón, vin unha nube branca, e sentado nela había alguén parecido a un fillo do home. Levaba unha coroa de ouro na cabeza e un fouciño afiado na man.
15 Outro anxo saíu do santuario do templo, e berroulle con voz forte ó que estaba sentado na nube: “Empeza a usar o fouciño e a segar! Chegou a hora da sega, porque a colleita da terra está totalmente madura!”. 16 E o que estaba sentado na nube pasou o fouciño pola terra, e a terra foi segada.
17 Saíu outro anxo do santuario do templo que está no ceo. El tamén tiña un fouciño afiado.
18 E do altar saíu outro anxo, e tiña autoridade sobre o lume. E berroulle con voz forte ó que tiña o fouciño afiado: “Empeza a usar o fouciño afiado e recolle as uvas* da vide da terra, porque as súas uvas xa están maduras!”. 19 O anxo pasou o fouciño pola terra, cortou a vide da terra e botouna no gran lagar* da furia de Deus. 20 As uvas* pisáronse fóra da cidade, e do lagar saíu tanto sangue que chegou á altura dos freos que levaban os cabalos na boca e ata unha distancia duns 296 quilómetros*.
15 Vin no ceo outro sinal, grande e marabilloso: sete anxos con sete pragas. Estas son as últimas pragas porque, cando acaben, a furia de Deus tamén chegará ó seu fin.
2 Tamén vin algo que parecía un mar de vidro mesturado con lume. Os que venceran á besta salvaxe, á súa imaxe e ó número do seu nome estaban de pé ó lado do mar de vidro, e tiñan arpas de Deus nas mans. 3 Estaban cantando a canción de Moisés, o escravo de Deus, e a canción do Cordeiro. Dicían:
“As túas obras son grandes e marabillosas, Xehová* Deus, o Todopoderoso. Os teus camiños son xustos e verdadeiros, Rei da eternidade. 4 Xehová*, quen non te vai temer? Quen non glorificará o teu nome? Porque só ti es leal. Tódalas nacións virán onda ti e adorarante, porque os teus xustos decretos foron revelados”.
5 Despois disto vin que se abriu no ceo o santuario da tenda do Testemuño, 6 e os sete anxos coas sete pragas saíron do santuario. Ían vestidos de liño limpo e brillante, e levaban faixas de ouro axustadas á altura do peito. 7 Un dos catro seres viventes deulles ós sete anxos sete cuncas de ouro que estaban cheas da furia de Deus, quen vive para sempre. 8 E o santuario encheuse de fume debido á gloria de Deus e ó seu poder. E ninguén podía entrar no santuario ata que acabasen as sete pragas dos sete anxos.
16 Entón escoitei unha voz forte que viña do santuario e que lles dicía ós sete anxos: “Ide e derramade na terra as sete cuncas da furia de Deus”.
2 O primeiro anxo marchou e derramou a súa cunca na terra. E unha ferida* terrible e dolorosa fixo sufrir ás persoas que tiñan a marca da besta salvaxe e que adoraban a súa imaxe.
3 O segundo anxo derramou a súa cunca no mar. E o mar converteuse en sangue, coma a dun morto, e tódolos seres vivos* que había no mar morreron.
4 O terceiro anxo derramou a súa cunca nos ríos e nas fontes*, e convertéronse en sangue. 5 Entón escoitei que o anxo que tiña autoridade sobre as augas dicía: “Ti, aquel que é e que era, o Leal, ti es xusto, porque ditaches estas sentenzas*. 6 Como as persoas derramaron o sangue dos santos e dos profetas, ti décheslles de beber sangue. É o que merecen”. 7 E escoitei que o altar dicía: “Si, Xehová* Deus, o Todopoderoso, as túas sentenzas* son verdadeiras e xustas”.
8 O cuarto anxo derramou a súa cunca no sol. E ó sol permitíuselle queimar as persoas con lume. 9 E a intensa calor queimou as persoas. Pero blasfemaron contra o nome de Deus, quen ten autoridade sobre estas pragas, e non se arrepentiron nin lle deron gloria.
10 O quinto anxo derramou a súa cunca sobre o trono da besta salvaxe. Entón o seu reino escureceuse. E a xente empezou a morder a lingua pola dor, 11 pero blasfemaron contra o Deus do ceo debido ás súas dores e ás súas feridas*, e non se arrepentiron do que fixeran.
12 O sexto anxo derramou a súa cunca no gran río Éufrates*. E a auga do río secou para prepararlles o camiño ós reis que viñan do leste*.
13 E vin tres mensaxes inspiradas e impuras*, parecidas a ras, que saían da boca do dragón, da boca da besta salvaxe e da boca do falso profeta. 14 De feito, son mensaxes inspiradas por demos e realizan sinais. Van dirixidas ós reis de toda a terra*, para reunilos para a guerra do gran día de Deus, o Todopoderoso.
15 “Escoita! Veño coma un ladrón. Feliz o que se mantén desperto e coa roupa posta*. Así non andará espido e a xente non verá a súa vergonza”.
16 E as mensaxes inspiradas reuniron os reis no lugar que en hebreo se chama Armaxedón*.
17 O sétimo anxo derramou a súa cunca no aire. Entón unha voz forte saíu do trono que está no santuario e dixo: “Xa está feito!”. 18 E houbo lóstregos, voces, tronos e un gran terremoto. Nunca houbera un terremoto tan grande e forte desde que o home foi creado na terra. 19 A gran cidade quedou dividida en tres partes e as cidades de tódalas nacións foron destruídas. E Deus acordouse de Babilonia a Grande e deulle a copa co viño da furia da súa ira. 20 Ademais, tódalas illas fuxiron e as montañas desapareceron. 21 Entón desde o ceo caeron grandes pedras de graínzo* sobre a xente. Cada pedra pesaba aproximadamente un talento*. E a xente blasfemou contra Deus debido á praga de graínzo, porque a praga era extraordinariamente grande.
17 Un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas veu e díxome: “Ven, que che vou ensinar cal é a sentenza* contra a gran prostituta que se senta sobre moitas augas. 2 Os reis da terra tiveron relacións sexuais inmorais* con ela, e os habitantes da terra emborracháronse co viño da súa inmoralidade sexual*”.
3 E o anxo, por medio do espírito santo, levoume a un deserto. Entón vin unha muller sentada sobre unha besta salvaxe que era dunha cor vermella intensa*. A besta estaba chea de nomes blasfemos e tiña 7 cabezas e 10 cornos. 4 A muller ía vestida con roupa de cor púrpura e de cor vermella intensa*, e levaba adornos de ouro, pedras preciosas e perlas. Na man tiña unha copa de ouro chea de cousas noxentas e das impurezas da súa inmoralidade sexual*. 5 Na fronte levaba escrito un nome, un misterio: “Babilonia a Grande, a nai das prostitutas e das cousas noxentas da terra”. 6 E vin que a muller estaba borracha porque bebera o sangue dos santos* e o sangue das testemuñas de Xesús.
Cando a vin, quedei moi sorprendido. 7 Así que o anxo díxome: “Por que te sorprendes? Vouche contar o misterio da muller e da besta salvaxe que a leva, a que ten 7 cabezas e 10 cornos. 8 A besta salvaxe que viches era pero xa non é, e aínda así está a punto de subir do abismo*, e vai camiño á destrución. Os habitantes da terra (os que desde o principio da humanidade* non tiveron os seus nomes escritos no rolo da vida) sorprenderanse cando vexan que a besta salvaxe era pero xa non é, e que aínda así estará presente.
9 ”Para entender isto necesítase intelixencia e sabedoría*. As 7 cabezas representan 7 montañas sobre as que se senta a muller. 10 Hai 7 reis: 5 xa caeron, un é e o outro aínda non chegou. Pero cando chegue, durará pouco tempo. 11 E a besta salvaxe que era pero xa non é, tamén é un oitavo rei. Sae dos 7 reis e será destruída.
12 ”Os 10 cornos que viches representan 10 reis que aínda non recibiron un reino, pero que recibirán autoridade para reinar coa besta salvaxe durante unha hora. 13 Eles teñen o mesmo obxectivo*, e por iso lle dan o seu poder e a súa autoridade á besta salvaxe. 14 Loitarán contra o Cordeiro, pero o Cordeiro venceraos, porque é Señor de señores e Rei de reis. Os que están con el (os que son chamados, escollidos e fieis) tamén vencerán”.
15 O anxo díxome: “As augas que viches, onde está sentada a prostituta, representan pobos, multitudes, nacións e idiomas. 16 Os 10 cornos que viches e a besta salvaxe odiarán a prostituta, sacaranlle tódalas súas posesións e deixarana espida. Comerán a súa carne e a ela queimarana totalmente no lume. 17 Porque Deus púxolles no seu corazón* a idea de levar a cabo o pensamento del, é dicir, que cumprisen o obxectivo que eles teñen en común*, dándolle a autoridade que teñen como reis á besta salvaxe ata que se cumpran as palabras de Deus. 18 E a muller que viches representa a gran cidade que reina sobre os reis da terra”.
18 Despois disto vin que outro anxo baixaba do ceo con moita autoridade, e a súa gloria iluminou a terra. 2 E berrou con voz forte: “Caeu! Babilonia a Grande caeu! Chegou a ser unha casa para os demos, un lugar onde se esconden tódolos demos* e tódalas aves impuras e odiadas. 3 Porque tódalas nacións foron vítimas do viño dela, que provoca un forte desexo de cometer actos de* inmoralidade sexual* con ela. Os reis da terra tiveron relacións sexuais inmorais con ela, e os comerciantes da terra fixéronse ricos grazas a tódalas cousas luxosas que ela acumulara e das que non se avergonzaba”.
4 E escoitei outra voz que viña do ceo e que dicía: “Meu pobo, saíde dela se non queredes ser cómplices dos seus pecados nin recibir parte das súas pragas. 5 Porque os seus pecados acumuláronse ata chegar ó ceo, e Deus acordouse dos actos inxustos* dela. 6 Tratádea da mesma maneira que ela tratou os demais, facédelle o dobre do que ela fixo. Na copa na que ela preparou a bebida, preparádelle o dobre a ela. 7 Facede que o seu sufrimento e o seu lamento sexa tanto coma a gloria que ela mesma se deu e coma o luxo desvergonzado no que viviu. Porque ela non deixa de dicir no seu corazón: ‘Estou sentada coma unha raíña. Non son viúva e nunca estarei de loito’. 8 Por iso, nun só día virán as súas pragas (morte, loito e fame), e será queimada totalmente con lume. Porque Xehová* Deus, o que a xulgou, é poderoso.
9 ”Cando os reis da terra, que tiveron relacións sexuais inmorais* con ela e compartiron o seu luxo desvergonzado, vexan o fume que sairá cando sexa queimada, chorarán e daranse golpes no peito pola dor que senten por ela. 10 Quedarán de pé a certa distancia por medo a sufrir igual ca ela. Dirán: ‘Que pena! Que pena, Babilonia, a cidade grande e poderosa, porque nunha soa hora chegou o teu xuízo*!’.
11 ”Ademais, os comerciantes da terra chorarán e lamentaranse por ela, porque xa non haberá ninguén que lles compre tódalas súas mercancías: 12 ouro, prata, pedras preciosas, perlas, liño de boa calidade, tea de cor púrpura, seda, tea de cor vermella intensa*, e todo tipo de obxectos feitos con madeira aromática, con marfil, con madeiras preciosas, con cobre, con ferro e con mármore. 13 Tamén canela, cardamomo*, incenso, aceite perfumado, olíbano*, viño, aceite de oliva, fariña fina, trigo, vacas, ovellas, cabalos, carruaxes, escravos e vidas humanas. 14 Si, Babilonia, as cousas boas* que desexabas abandonáronte. Tódalas mercancías exquisitas e marabillosas desapareceron para ti, e non volverán nunca máis.
15 ”Os comerciantes que vendían estas cousas, os que se fixeran ricos grazas a ela, estarán de pé a certa distancia por medo a sufrir igual ca ela. Chorarán e lamentaranse 16 dicindo: ‘Que pena! Que pena, a gran cidade, vestida con liño de boa calidade, con roupa de cor púrpura e de cor vermella intensa*, e adornada con moitas xoias de ouro, pedras preciosas e perlas, 17 porque as súas grandes riquezas foron destruídas nunha soa hora!’.
”E tódolos capitáns de barco, navegantes, mariñeiros e os que viven do mar quedaron de pé a certa distancia. 18 E ó ver o fume que saía mentres se queimaba, berraban: ‘Que outra cidade é coma a gran cidade?’. 19 Botábanse po sobre a cabeza e, mentres choraban e se lamentaban, berraban: ‘Que pena! Que pena, a gran cidade, onde tódolos que tiñan barcos se fixeron ricos grazas á súa riqueza, porque nunha soa hora foi destruída!’.
20 ”Alégrate, ceo, polo que lle pasou! Alegrádevos tamén vós, os santos*, os apóstolos e os profetas! Porque Deus actuou ó voso favor ó ditar a súa sentenza* contra ela”.
21 E un anxo forte levantou unha pedra parecida a unha gran pedra de muíño e lanzouna ó mar dicindo: “Así, dun só golpe, será lanzada cara abaixo Babilonia, a gran cidade, e nunca máis volverá a existir. 22 Nunca máis se volverá a escoitar en ti o son dos cantores tocando as súas arpas, nin o dos músicos, nin o dos frautistas, nin o dos trompetistas. Nunca máis se volverá a ver en ti a ningún artesán de ningún oficio. E nunca máis se volverá a escoitar en ti o son da pedra de muíño. 23 Nunca máis volverá a brillar en ti a luz de ningunha lámpada nin se volverá a oír en ti a voz dun noivo nin dunha noiva. Porque os teus comerciantes eran os homes máis importantes da terra e porque enganaches a tódalas nacións coas túas prácticas espiritistas*. 24 Si, nela encontrouse o sangue dos profetas, dos santos e de tódolos que foron asasinados na terra”.
19 Despois disto escoitei o que parecía a voz forte dunha gran multitude no ceo. Dicían: “Louvade a Xah!* A salvación, a gloria e o poder son do noso Deus, 2 porque os seus xuízos son verdadeiros e xustos. El executou a sentenza* contra a gran prostituta (a que corrompeu a terra coa súa inmoralidade sexual*) e vingou o sangue dos seus escravos que ela tiña nas mans*”. 3 E enseguida dixeron por segunda vez: “Louvade a Xah!* O fume dela seguirá subindo para sempre”.
4 Os 24 anciáns e os catro seres viventes puxéronse de xeonllos e adoraron a Deus, que está sentado no trono, e dixeron: “Amén! Louvade a Xah!*”.
5 Tamén saíu do trono unha voz que dixo: “Louvade o noso Deus, todos vós, os seus escravos, os que o temedes, tanto os pequenos coma os grandes”.
6 Escoitei algo que parecía a voz dunha gran multitude. Era coma o ruído de moita auga en movemento e coma o de tronos fortes. Dicían: “Louvade a Xah!* Porque Xehová*, o noso Deus, o Todopoderoso, empezou a reinar! 7 Esteamos felices e cheos de alegría, e deámoslle gloria, porque chegou a voda do Cordeiro e a súa muller xa está preparada. 8 Si, a ela déuselle o honor de ir vestida de liño limpo, brillante e de boa calidade, porque o liño de boa calidade representa os actos xustos dos santos”.
9 E o anxo díxome: “Escribe isto: ‘Felices os que están invitados á cea da voda do Cordeiro’”. E tamén me dixo: “Estas son as palabras verdadeiras de Deus”. 10 Entón, boteime ó chan diante dos seus pés para adoralo, pero el díxome: “Coidado! Non fagas iso! Eu son só un escravo coma ti e coma os teus irmáns, que tedes a misión de dar testemuño acerca de Xesús. Adora a Deus! Porque dar testemuño acerca de Xesús é o que inspira as profecías”.
11 Vin o ceo aberto, e entón apareceu un cabalo branco. O seu xinete chámase Fiel e Verdadeiro, e xulga e loita con xustiza. 12 Os seus ollos son coma unha chama de lume, e na súa cabeza hai moitas coroas*. Leva un nome escrito que ninguén máis coñece, só el. 13 Vai vestido cun manto que está manchado* de sangue, e chámaselle por este nome: A Palabra de Deus. 14 Ademais, os exércitos do ceo seguíano en cabalos brancos e ían vestidos de liño branco, limpo e de boa calidade. 15 Da boca del sae unha espada longa e afiada para atacar as nacións. E vainas gobernar* con vara de ferro. Ademais, pisa as uvas no lagar* da furia da ira de Deus, o Todopoderoso. 16 E no seu manto, á altura da parte de arriba da perna*, ten un nome escrito: Rei de reis e Señor de señores.
17 Tamén vin un anxo que estaba de pé no sol. El berrou con voz forte e díxolles a tódalas aves que voan polo medio do ceo*: “Vinde aquí! Xuntádevos para a gran cea de Deus. 18 Comede a carne de reis, de comandantes militares, de homes poderosos, de cabalos e dos seus xinetes. Comede a carne de todos, tanto de homes libres coma de escravos, de pequenos e de grandes”.
19 E vin que a besta salvaxe, e os reis da terra e os seus exércitos se xuntaran para loitar contra o que está sentado enriba do cabalo e contra o seu exército. 20 E a besta salvaxe foi capturada, e con ela o falso profeta que fixo diante dela os sinais cos que enganou ós que recibiron a marca da besta salvaxe e ós que adoran a súa imaxe. Mentres aínda estaban vivos, botaron ós dous no lago de lume* que arde con xofre. 21 Pero ós demais matáronos coa espada longa que saía da boca do que ía sentado enriba do cabalo. E tódalas aves quedaron cheas coa carne deles.
20 Vin un anxo que baixaba do ceo coa chave do abismo* e cunha cadea grande na man. 2 Colleu ó dragón, a serpe orixinal, que é o Demo* e Satanás, e atouno por 1000 anos. 3 Entón botouno no abismo*, encerrouno alí e selou a entrada para que non volvese enganar as nacións ata que acabasen os 1000 anos. Despois diso ten que ser liberado durante un pouco de tempo.
4 Vin tronos, e ós que se sentaron neles déuselles autoridade para xulgar. Si, vin as almas* dos que foran executados* por dar testemuño acerca de Xesús e por falar de Deus, os que non adoraran nin á besta salvaxe nin á súa imaxe e non recibiran a marca nin na fronte nin na man. Estes chegaron a vivir e reinaron co Cristo durante 1000 anos. 5 Esta é a primeira resurrección*. (O resto dos mortos non volveron a vivir ata que acabaron os 1000 anos.) 6 Feliz e santo é quen resucita na primeira resurrección. A morte segunda non ten autoridade sobre eles, senón que serán sacerdotes de Deus e do Cristo, e reinarán con el durante os 1000 anos.
7 Pero tan pronto acaben os 1000 anos, Satanás será liberado da súa prisión 8 e sairá para enganar as nacións que están nos catro extremos* da terra, a Gog e a Magog, para reunilas para a guerra. A súa cantidade é coma a dos grans de area do mar. 9 Elas avanzaron por toda a terra e rodearon o campamento dos santos e a cidade amada. Pero baixou lume do ceo e consumiunas. 10 E o Demo, que as estivera enganando, foi botado no lago de lume e xofre, onde xa estaban a besta salvaxe e o falso profeta. A eles faráselles sufrir* día e noite para sempre.
11 Vin un gran trono branco e ó que estaba sentado nel. A terra e o ceo escaparon de diante del e desapareceron sen deixar rastro. 12 E vin os mortos (os grandes e os pequenos) de pé diante do trono, e abríronse uns rolos. Tamén se abriu outro rolo: o rolo da vida. E os mortos foron xulgados polas súas accións de acordo co que estaba escrito nos rolos. 13 O mar entregou os mortos que había nel, e a morte e a Tumba* tamén entregaron os mortos que había nelas. E cada un foi xulgado polas súas accións. 14 A morte e a Tumba* foron botadas no lago de lume*. O lago de lume representa a morte segunda. 15 Ademais, tódolos que non tiñan o seu nome escrito no libro da vida tamén foron botados no lago de lume.
21 Entón vin un ceo novo e unha terra nova, porque o ceo anterior e a terra anterior desapareceran, e o mar xa non existe. 2 Tamén vin a cidade santa, a Nova Xerusalén, baixando do ceo, de Deus. Estaba preparada coma unha noiva que se pon moi guapa para recibir o seu home. 3 Despois oín unha voz forte que saía do trono e que dicía: “Mira! A tenda de Deus está coa humanidade. El vivirá con eles e eles serán o seu pobo. O propio Deus estará con eles. 4 E secaralles tódalas lágrimas dos seus ollos, e a morte deixará de existir. Xa non haberá máis tristeza*, nin choros*, nin dor. As cousas que nos facían sufrir* desapareceron”.
5 O que estaba sentado no trono dixo: “Mira! Estou facendo novas tódalas cousas”. Tamén dixo: “Escribe estas palabras, porque son fieis* e verdadeiras”. 6 E díxome: “Xa se cumpriron! Eu son o Alfa e o Omega*, o principio e o final. A quen teña sede dareille de beber gratis da fonte* da auga da vida. 7 Calquera que venza herdará estas cousas, e eu serei o seu Deus e el será o meu fillo. 8 Pero os covardes, os que non teñen fe, os que son sucios e noxentos, os asasinos, os que son sexualmente inmorais*, os que practican espiritismo*, os idólatras e tódolos mentireiros serán botados no lago que arde con lume e xofre*, que representa a morte segunda”.
9 Un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas cheas das sete últimas pragas veu e díxome: “Ven, que che vou ensinar a noiva, a muller do Cordeiro”. 10 Así que, por medio do espírito santo, levoume a unha montaña grande e alta, e ensinoume a cidade santa, Xerusalén, que baixaba do ceo, de Deus, 11 e que tiña a gloria de Deus. Resplandecía coma unha pedra moi valiosa, coma unha pedra de xaspe que brilla coma o cristal. 12 Tiña unha muralla grande e alta con 12 portas, e en cada porta había un anxo. E enriba das portas estaban escritos os nomes das 12 tribos dos fillos de Israel. 13 Había tres portas ó leste, tres ó norte, tres ó sur e tres ó oeste. 14 Ademais, a muralla da cidade tiña como fundamentos 12 pedras, e nelas estaban os 12 nomes dos 12 apóstolos do Cordeiro.
15 O que falaba comigo tiña unha cana de ouro para medir a cidade, as portas e a muralla. 16 A cidade era cadrada, medía o mesmo de ancho que de longo. El mediu a cidade coa cana, e medía uns 2220 quilómetros*. A súa lonxitude, a súa anchura e a súa altura eran iguais. 17 Tamén mediu a muralla e medía 144 cóbados*, segundo as medidas que usan os homes, que son as mesmas que usou o anxo. 18 A muralla era de xaspe e a cidade de ouro puro, cristalino coma o vidro. 19 Os fundamentos da muralla da cidade estaban adornados con toda clase de pedras preciosas: a primeira pedra de fundamento era xaspe, a segunda zafiro, a terceira calcedonia, a cuarta esmeralda, 20 a quinta sardónix, a sexta cornalina, a sétima crisólito, a oitava berilo, a novena topacio, a décima crisópraso, a undécima xacinto e a duodécima amatista. 21 Ademais, as 12 portas eran 12 perlas. Cada porta estaba feita dunha soa perla. E a rúa principal da cidade era de ouro puro, transparente coma o vidro.
22 Non vin ningún templo na cidade porque Xehová* Deus, o Todopoderoso, é o seu templo, e o Cordeiro tamén o é. 23 A cidade non necesita que nin o sol nin a lúa a ilumine, porque xa a ilumina a gloria de Deus, e o Cordeiro é a súa lámpada. 24 A luz da cidade iluminará o camiño polo que andarán as nacións, e os reis da terra levaranlle a súa gloria. 25 As súas portas non se pecharán en todo o día, porque alí non haberá noite. 26 E levaranlle a gloria e o honor das nacións. 27 Pero nunca entrará nela nada que estea contaminado nin ninguén que faga cousas noxentas e enganosas. Só entrarán os que teñan os seus nomes escritos no rolo da vida do Cordeiro.
22 Entón el ensinoume un río de auga de vida, e as súas augas eran cristalinas*. O río saía do trono de Deus e do Cordeiro, 2 e pasaba polo medio da rúa principal da cidade. Nas dúas beiras do río había árbores de vida que producían 12 colleitas e que daban froito cada mes. As follas das árbores servían para curar as nacións.
3 Xa non haberá ningunha maldición, senón que o trono de Deus e do Cordeiro estará na cidade. Os seus escravos daranlle servizo sagrado, 4 verán o seu rostro e levarán o nome del na fronte. 5 Tampouco volverá a haber noite, e non necesitarán a luz de ningunha lámpada nin a luz do sol, porque Xehová* Deus vainos iluminar, e eles reinarán para sempre.
6 O anxo díxome: “Estas palabras son fieis* e verdadeiras. Si, Xehová*, o Deus que inspirou os profetas, enviou o seu anxo para mostrarlles ós seus escravos o que ten que pasar dentro de pouco. 7 Mira! Veño pronto. Felices os que obedecen as palabras da profecía deste rolo”.
8 Eu, Xoán, fun o que escoitou e viu estas cousas. Despois de velas e escoitalas, boteime ó chan diante dos pés do anxo* que mas ensinara para adoralo. 9 Pero el díxome: “Coidado! Non fagas iso! Eu son só un escravo coma ti e coma os teus irmáns, os profetas, e coma os que obedecen as palabras deste rolo. Adora a Deus”.
10 E tamén me dixo: “Non gardes en segredo* as palabras da profecía deste rolo, porque o tempo fixado está cerca. 11 Que o inxusto siga facendo cousas inxustas e que o que fai cousas sucias siga facendo cousas sucias. Pero que o xusto siga na súa xustiza e que o santo siga na súa santidade.
12 ”‘Mira! Veño pronto e voulle pagar a cada un conforme ás súas accións. 13 Eu son o Alfa e o Omega*, o primeiro e o último, o principio e o final. 14 Felices os que lavan as súas túnicas, porque así terán dereito a comer do froito das árbores da vida e poderán entrar na cidade polas súas portas. 15 Fóra están os cans*, os que practican espiritismo*, os que son sexualmente inmorais*, os asasinos, os idólatras e tódolos que aman a mentira e teñen o costume de mentir’.
16 ”‘Eu, Xesús, enviei o meu anxo para darvos testemuño destas cousas para o beneficio das congregacións. Eu son a raíz e a descendencia de David, e a estrela brillante da mañá*’”.
17 O espírito santo e a noiva non deixan de dicir: “Ven!”. Que tódolos que escoiten isto tamén digan: “Ven!”. E que veñan tódolos que teñan sede. Que tódolos que queiran collan gratis da auga da vida.
18 “A tódolos que escoitan as palabras da profecía deste rolo dígolles*: se alguén lles engade algo a estas cousas, Deus engadiralle a el as pragas que están escritas neste rolo, 19 e se alguén quita algo das palabras do rolo desta profecía, Deus quitaralle a el a súa parte das cousas escritas neste rolo, é dicir, non poderá comer do froito das árbores da vida* nin entrar na cidade santa.
20 ”O que dá testemuño destas cousas di: ‘Si, veño pronto’”.
“Amén! Ven, Señor Xesús”.
21 Que a bondade inmerecida do Señor Xesús estea cos santos.
En grego, apokálipsis. Este nome vén dun verbo que significa “quitar a cuberta” ou “retirar o veo”.
Ver glosario.
Ver glosario.
Lit. “e do testemuño que deu”.
Ver glosario.
Ver apén. A5.
Ou “o A e o Z”. Alfa e omega son, respectivamente, a primeira e a última letra do alfabeto grego. Ver glosario alfa e omega.
Lit. “tribulación”.
Ou “Estando cheo de espírito santo”.
Ou “dunha gran catarata”.
Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
Lit. “deixaches”.
Ver glosario.
Ver glosario árbore da vida.
Lit. “a túa tribulación”.
Lit. “unha sinagoga de”.
A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador). Ver glosario Demo.
Lit. “teredes tribulación”.
É dicir, a morte eterna.
Lit. “segues aferrándote ó meu nome”.
Ou “poñer un tropezo diante dos”.
Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “ministerio”.
Ver glosario inmoralidade sexual.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “teñan gran tribulación”.
Ou “as emocións máis profundas”. Lit. “os riles”.
Lit. “feitos”.
Lit. “pastoreará”.
Lit. “nome”.
Lit. “algúns nomes”.
Ou “non fuches desleal ó meu nome”.
Lit. “da sinagoga de”.
Ou “rendan homenaxe”.
Ou quizais “seguiches o meu exemplo de aguante”.
Ou “terra habitada”.
Ver glosario.
Amén é un nome simbólico que se lle dá a Xesús. Ver glosario amén.
Pedra preciosa de cor vermella.
Ver glosario.
Lit. “No medio do trono”.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ou “porque ti o quixeches así”.
Lit. “por dentro e por fóra”.
Ou “No centro”.
Ver glosario.
Ver glosario.
Lit. “miríades de miríades”.
Lit. “Ven!”.
Ou “quénice”. Ver apén. B14.
Moeda romana de prata que equivalía á paga dun día. Ver apén. B14.
Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
Ó parecer, refírese ó sangue (que representa a vida) derramado no altar. Ver glosario alma.
Lit. “o noso sangue”.
Probablemente con pelo de cabra.
Ou “manterse en pé”.
Lit. “nas catro esquinas”.
Lit. “desde o nacemento do sol”.
Ou “grande angustia”. Ver glosario gran tribulación.
Ou “estenderá a súa tenda sobre eles”.
Ou “no centro do”.
Ou “mananciais”.
Ou “incensario”.
Ver glosario.
Ou “que viña da man do anxo”.
Lit. “lume”.
Ou “pedrazo”.
Ou “que ardía coma un facho”.
Ou “os mananciais”.
Ver glosario.
Ou “pozo”.
Ver glosario.
Ou “El”.
Ver glosario.
Ver glosario.
Que significa “destrución”.
Que significa “destrutor”.
Ver glosario cornos do altar.
Ver glosario.
Lit. “dúas miríades de miríades”.
Ver glosario.
Lit. “das obras das súas mans”.
Ou “prácticas de ocultismo”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “vestido cunha”.
Lit. “os seus pés”.
Aquí a palabra trono refírese ó ruído forte que acompaña o lóstrego.
Aquí a palabra trono refírese ó ruído forte que acompaña o lóstrego.
Lit. “Sela”.
Lit. “Amargarache”.
Lit. “amargoume”.
Ver glosario.
Lit. “vara”.
É dicir, o edificio central do templo onde estaban o Santo e o Santísimo.
Ver glosario.
Ver glosario.
Ou “víronas”.
Lit. “Naquela hora”.
É probable que se refira a Deus.
Ver apén. A5.
Ver glosario temor de Deus.
Ou “arruinar os que están arruinando”.
Ver glosario.
Ou “pedrazo”.
Lit. “diademas”.
Lit. “pastoreará”.
Que significa “quen é coma Deus?”. Ver glosario arcanxo.
Ou quizais “pero este [é dicir, o dragón] foi derrotado”.
A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador). Ver glosario Demo.
Ver glosario.
Ou “terra habitada”.
Lit. “pola palabra do seu testemuño”.
Ou “alma”. Ver glosario alma.
Lit. “do rostro”.
Lit. “un tempo, tempos e medio tempo”. É dicir, tres tempos e medio.
É dicir, o dragón.
Lit. “diademas”.
Lit. “unha boca”.
Ver glosario.
Lit. “desde a fundación do mundo”. Parece que se refire ó nacemento dos fillos de Adán e Eva.
Ou quizais “Se alguén ten que morrer pola espada”.
Lit. “alento”.
Ou “número de home”.
Ver glosario.
Ou “primeiros froitos”. Ver glosario primicias.
Ou “polo aire”, “no alto”. A palabra grega refírese á parte do ceo onde voan os paxaros.
Ver glosario boas noticias.
Ver glosario temor de Deus.
Ou “os mananciais”.
Ou “bebesen do viño da paixón da súa”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Lit. “será atormentado”.
Ou “do seu confinamento”, “do seu encerro”.
Lit. “de”.
Ou “en unión co Señor”.
Lit. “as cousas que fixeron van con eles”.
Ou “os acios”.
Ver glosario.
Lit. “O lagar”.
Lit. “1600 estadios”. Un estadio equivalía a 185 m. Ver apén. B14.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ou “úlcera”.
Ou “tódalas almas vivas”. Ver glosario alma.
Ou “nos mananciais”.
Ou “estes xuízos”.
Ver apén. A5.
Ou “os teus xuízos”.
Ou “úlceras”.
Ver glosario.
Lit. “do nacemento do sol”.
Lit. “tres espíritos impuros”.
Ou “terra habitada”.
Ou “non se quita os seus mantos”.
En grego, Har-Maguedón. Vén dun termo hebreo que significa “montaña de Meguidó”. Ver glosario Armaxedón.
Ou “pedrazo”.
Un talento grego equivalía a 20,4 kg. Ver apén. B14.
Ou “o xuízo”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “escarlata”.
Ou “escarlata”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ver glosario.
Ver glosario.
Lit. “desde a fundación do mundo”. Parece que se refire ó nacemento dos fillos de Adán e Eva.
Ou “unha mente sabia”.
Ou “un único pensamento”.
É dicir, no corazón dos 10 reis.
Ou “o seu único pensamento”.
Ou quizais “todo alento impuro”, “toda mensaxe inspirada impura”.
Ou “foron vítimas do viño da paixón da súa”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “actos de maldade”, “crimes”.
Ver apén. A5.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “castigo”.
Ou “escarlata”.
Ou “especia da India”.
Ver glosario.
Lit. “o bo froito”.
Ou “escarlata”.
Ver glosario.
Ou “o seu xuízo”.
Ou “prácticas de ocultismo”.
Ou “Aleluia!”. Xah é unha forma abreviada do nome Xehová.
Ou “o xuízo”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Lit. “da man dela”.
Ou “Aleluia!”. Xah é unha forma abreviada do nome Xehová.
Ou “Aleluia!”. Xah é unha forma abreviada do nome Xehová.
Ou “Aleluia!”. Xah é unha forma abreviada do nome Xehová.
Ver apén. A5.
Lit. “diademas”.
Ou quizais “salpicado”.
Lit. “pastorear”.
Ver glosario.
Ou “á altura da coxa”.
Ou “polo aire”, “no alto”.
Ver glosario lago de lume.
Ver glosario.
A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador).
Ver glosario.
Ver Ap 6:9, nota.
Lit. “executados coa machada”.
Ver glosario.
Lit. “nas catro esquinas”.
Ou “Serán retidos”, “Serán encarcerados”. Lit. “Serán atormentados”.
Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
Ver glosario lago de lume.
Ou “loito”.
Ou “choros de angustia”, “pranto”.
Lit. “As cousas anteriores”.
Ou “confiables”.
Ou “o A e o Z”. Alfa e omega son, respectivamente, a primeira e a última letra do alfabeto grego.
Ou “do manancial”.
Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “ocultismo”. Ver glosario espiritismo.
Ver glosario lago de lume.
Lit. “12.000 estadios”. Un estadio equivalía a 185 m. Ver apén. B14.
É dicir, uns 64 m. Ver apén. B14.
Ver apén. A5.
Ou “claras coma o cristal”.
Ver apén. A5.
Ou “confiables”.
Ver apén. A5.
Ver glosario.
Lit. “Non seles”.
Ou “o A e o Z”. Alfa e omega son, respectivamente, a primeira e a última letra do alfabeto grego.
É dicir, os que teñen o costume de facer cousas que Deus considera noxentas.
Ou “ocultismo”. Ver glosario espiritismo.
Ver glosario inmoralidade sexual.
Ver glosario luceiro.
Lit. “doulles testemuño”.
Ver glosario árbore da vida.