BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • nwt Mateo 1:1-28:20
  • Mateo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Mateo
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Mateo

AS BOAS NOTICIAS SEGUNDO MATEO

1 O libro da historia* de Xesucristo*, fillo de David, fillo de Abrahán.

 2 Abrahán foi o pai de Isaac,

Isaac foi o pai de Xacob,

Xacob foi o pai de Xudá e dos seus irmáns,

 3 Xudá foi o pai de Pérez e de Zérah (a nai foi Tamar),

Pérez foi o pai de Hezrón,

Hezrón foi o pai de Ram,

 4 Ram foi o pai de Aminadab,

Aminadab foi o pai de Nasón,

Nasón foi o pai de Salmón,

 5 Salmón foi o pai de Boaz (a nai foi Rahab),

Boaz foi o pai de Obed (a nai foi Rut),

Obed foi o pai de Xesé

 6 e Xesé foi o pai do rei David.

David foi o pai de Salomón (a nai foi a muller de Urías),

 7 Salomón foi o pai de Rehoboam,

Rehoboam foi o pai de Abías,

Abías foi o pai de Asá,

 8 Asá foi o pai de Xehosafat,

Xehosafat foi o pai de Xehoram,

Xehoram foi o pai de Uzías,

 9 Uzías foi o pai de Xotán,

Xotán foi o pai de Acaz,

Acaz foi o pai de Ezequías,

10 Ezequías foi o pai de Manasés,

Manasés foi o pai de Amón,

Amón foi o pai de Xosías

11 e Xosías foi o pai de Xeconías e dos seus irmáns na época da deportación a Babilonia.

12 Despois da deportación a Babilonia, Xeconías foi o pai de Sealtiel,

Sealtiel foi o pai de Zorobabel,

13 Zorobabel foi o pai de Abiúd,

Abiúd foi o pai de Eliaquim,

Eliaquim foi o pai de Azor,

14 Azor foi o pai de Sadoc,

Sadoc foi o pai de Aquim,

Aquim foi o pai de Eliúd,

15 Eliúd foi o pai de Eleazar,

Eleazar foi o pai de Matán,

Matán foi o pai de Xacob,

16 Xacob foi o pai de Xosé, o home de María, e María foi a nai de Xesús, ó que lle chaman Cristo*.

17 En total, houbo 14 xeracións desde Abrahán ata David, 14 xeracións desde David ata a deportación a Babilonia e 14 xeracións desde a deportación a Babilonia ata o Cristo.

18 O nacemento de Xesucristo foi desta maneira. A súa nai, María, estaba prometida con Xosé, pero antes de casar quedou* embarazada por espírito santo*. 19 O seu marido*, Xosé, era un home xusto e non quería que ela pasase vergonza diante de todos. Por iso pensaba divorciarse dela en segredo. 20 Cando acabou de darlle voltas a isto, de repente*, aparecéuselle o anxo de Xehová* nun soño e díxolle: “Xosé, fillo de David, non teñas medo de levar a María para a túa casa para que sexa a túa muller, porque o fillo que leva dentro foi concibido por espírito santo. 21 Ela dará a luz un fillo e tes que chamarlle Xesús*, porque el salvará o seu pobo dos seus pecados”. 22 De feito, todo isto pasou para que se cumprise o que Xehová* dixera mediante o seu profeta: 23 “Mirade! A virxe quedará embarazada, dará a luz un fillo e chamaranlle Emmanuel”, que traducido significa “Deus está con nós”.

24 Cando Xosé despertou, fixo o que o anxo de Xehová* lle mandara e levou a María para a súa casa para que fose a súa muller. 25 Pero non tivo relacións sexuais con ela ata que o neno naceu, e chamoulle Xesús.

2 Xesús naceu en Belén de Xudea nos días do rei Herodes*. Despois, resulta que chegaron a Xerusalén uns astrólogos* que viñan de Oriente, 2 e dixeron: “Onde está o rei dos xudeus que acaba de nacer? É que vimos a súa estrela cando estabamos en Oriente e viñemos para inclinarnos diante del*”. 3 Ó escoitar isto, o rei Herodes colleu medo e tamén toda a xente de Xerusalén. 4 O rei xuntou a tódolos sacerdotes principais* e os escribas* do pobo, e preguntoulles onde tiña que nacer o Cristo*. 5 Eles respondéronlle: “En Belén de Xudea, porque isto foi o que se escribiu mediante o profeta: 6 ‘E ti, Belén da terra de Xudá, de ningunha maneira es a cidade máis insignificante entre os gobernantes de Xudá, porque de ti sairá un gobernante que pastoreará* o meu pobo Israel’”.

7 Entón, Herodes mandou chamar os astrólogos en segredo para saber exactamente en que momento aparecera a estrela. 8 Despois enviounos a Belén, e díxolles: “Ide e buscade por todas partes onde está o neno. Cando o encontredes, volvede e dicídemo para que eu tamén poida ir e inclinarme diante del”. 9 Despois de escoitar o que dixo o rei, seguiron o seu camiño. Entón, a estrela que viran cando estaban en Oriente foi diante deles ata que parou enriba da casa na que estaba o neno. 10 Ó ver que a estrela se detiña*, alegráronse moitísimo. 11 Cando entraron na casa, viron o neno coa súa nai María. Entón botáronse ó chan e inclináronse diante del. Tamén abriron os seus cofres e regaláronlle ouro, olíbano* e mirra*. 12 Pero Deus advertiulles nun soño que non volvesen onda Herodes, e por iso marcharon para o seu país por outro camiño.

13 Cando xa marcharan, o anxo de Xehová* aparecéuselle a Xosé nun soño e díxolle: “Levántate, colle o neno e a súa nai, e escapa para Exipto. Queda alí ata que te avise, porque Herodes vai buscar o neno para matalo”. 14 Así que Xosé levantouse esa noite, colleu o neno e a nai do neno, e marchou para Exipto. 15 E quedou alí ata que morreu Herodes. Así cumpriuse o que dixera Xehová* mediante o seu profeta: “Chamei o meu fillo para que saíse de Exipto”.

16 Cando Herodes se deu conta de que os astrólogos o enganaran, púxose moi furioso. E mandou matar a tódolos nenos de dous anos ou menos que había en Belén e en tódalas rexións que había arredor, porque esa era a idade que calculara polo que lle dixeran os astrólogos. 17 Así cumpriuse o que se dixera mediante o profeta Xeremías: 18 “Escoitouse a voz de alguén en Ramá que choraba e se lamentaba moito. Era Raquel chorando polos seus fillos. E non quería que a consolasen, porque eles xa non están”.

19 Cando Herodes morreu, o anxo de Xehová* aparecéuselle nun soño a Xosé, que estaba en Exipto, 20 e díxolle: “Levántate, colle o neno e a súa nai, e volve á terra de Israel, porque xa morreron os que querían matar o neno*”. 21 Así que el levantouse, colleu o neno e a nai do neno, e volveu á terra de Israel. 22 Pero, ó escoitar que Arquelao estaba gobernando en Xudea en vez do seu pai Herodes, deulle medo ir alí. Ademais, como Deus lle dera unha advertencia nun soño, marchou para a rexión de Galilea. 23 E quedou a vivir nunha cidade chamada Nazaret. Así cumpriuse o que se dixera mediante os profetas: “Chamaráselle Nazareno*”.

3 Naqueles días, Xoán o Bautista empezou a predicar no deserto de Xudea. 2 Dicía: “Arrepentídevos, porque o Reino dos ceos xa está cerca”. 3 De feito, por medio do profeta Isaías, díxose del: “Óese a voz de alguén que berra no deserto: ‘Preparade o camiño de Xehová*! Endereitade os camiños para el!’”. 4 Xoán ía vestido con roupa feita de pelo de camelo e levaba un cinto de coiro. Comía langostas* e mel silvestre. 5 A xente de Xerusalén, de toda Xudea e de toda a rexión que había arredor do río Xordán ía a velo. 6 Eles recoñecían publicamente os seus pecados e Xoán bautizábaos* no río.

7 Cando viu que viñan moitos fariseos* e saduceos* ó sitio no que el estaba bautizando, díxolles: “Crías de víboras, quen vos avisou para que escapedes do día da ira de Deus? 8 Primeiro producide froitos que demostren* que estades arrepentidos. 9 Non vos atrevades nin sequera a pensar ‘O noso pai é Abrahán’. Porque vos digo que Deus pode sacar fillos de Abrahán incluso destas pedras. 10 A machada* xa está ó pé das árbores, así que toda árbore que non dea bo froito vai ser cortada e botada ó lume. 11 Eu bautízovos con auga polo voso arrepentimento. Pero o que vén despois de min ten máis autoridade ca min e nin sequera merezo quitarlle as sandalias. El vaivos bautizar con espírito santo e con lume. 12 Ten na man a pa* de levantar o trigo e vai limpar por completo a súa eira*. Xuntará o trigo no almacén, pero queimará a palla cun lume que non se pode apagar”.

13 Entón Xesús, que viña de Galilea, foi ó río Xordán para que Xoán o bautizase. 14 Pero Xoán intentou impedirllo dicíndolle: “Necesito que me bautices ti a min, e vés para que te bautice eu a ti?”. 15 Xesús respondeulle: “Non mo impidas, porque é así como temos que cumprir con todo o que é xusto”. Entón Xoán deixou de impedirllo. 16 En canto Xesús foi bautizado, saíu da auga. Nese momento, abríronse os ceos e el* viu que o espírito de Deus baixaba coma unha pomba e que viña sobre Xesús*. 17 E entón, escoitouse unha voz que dixo desde os ceos: “Este é o meu querido Fillo. El ten a miña aprobación”.

4 Entón o espírito guiou a Xesús ó deserto, e alí foi tentado polo Demo*. 2 Despois de estar sen comer* durante 40 días e 40 noites, Xesús tiña fame. 3 O Tentador* acercóuselle e díxolle: “Se es fillo de Deus, dilles a estas pedras que se convertan en pans”. 4 Pero el contestoulle: “Está escrito: ‘Non só de pan debe vivir o home, senón de toda palabra que sae da boca de Xehová*’”.

5 Entón o Demo levouno á cidade santa*, á parte máis alta do templo, 6 e díxolle: “Se es fillo de Deus, tírate abaixo, porque está escrito ‘Mandaralles ós seus anxos que coiden de ti’ e ‘Levarante nas súas mans para que o teu pé non choque contra ningunha pedra’”. 7 Xesús contestoulle: “Tamén está escrito: ‘Non poñas a proba a Xehová*, o teu Deus’”.

8 Despois o Demo levouno a unha montaña altísima, mostroulle tódolos reinos do mundo e a súa gloria, 9 e díxolle: “Dareiche todo isto se te inclinas ante min e me adoras unha soa vez”. 10 Xesús contestoulle: “Vaite, Satanás! Porque está escrito: ‘Adora a Xehová*, o teu Deus, e sírveo* só a el’”. 11 Entón o Demo deixouno, e nese momento viñeron uns anxos e puxéronse a atender a Xesús.

12 Cando Xesús escoitou que arrestaran a Xoán, marchou para Galilea. 13 E despois de saír de Nazaret, quedou a vivir en Capernaúm, que está á beira do mar, nas rexións de Zabulón e Neftalí. 14 Así cumpriuse o que se dixera mediante o profeta Isaías: 15 “Terra de Zabulón e terra de Neftalí, que estás no camiño que vai ó mar, ó outro lado* do Xordán, Galilea das nacións! 16 O pobo que vivía en escuridade viu unha gran luz. Sobre os habitantes dunha rexión que estaba baixo a sombra da morte, apareceu unha luz”. 17 A partir dese momento, Xesús empezou a predicar e a dicir: “Arrepentídevos, porque o Reino dos ceos xa está cerca”.

18 Mentres ía camiñando pola beira do mar de Galilea, viu dous irmáns que estaban botando unha rede ó mar, porque eran pescadores. Un era Simón, ó que lle chaman Pedro, e o outro era Andrés. 19 Xesús díxolles: “Seguídeme e fareivos pescadores de homes*”. 20 Eles deixaron as redes inmediatamente e seguírono*. 21 Máis adiante viu outros dous irmáns, Santiago e Xoán, que estaban na barca reparando as redes co seu pai Zebedeo. Xesús chamounos 22 e eles enseguida deixaron a barca e a seu pai, e seguírono.

23 Xesús foi por toda Galilea ensinando nas sinagogas e predicando as boas noticias do Reino. E curaba todo tipo de enfermidades e doenzas da xente. 24 Falábase del en toda Siria. E levábanlle a tódolos que estaban enfermos, os que tiñan moita dor, os que estaban posuídos polos demos, os epilépticos e os paralíticos. E el curábaos a todos. 25 Por iso o seguía moitísima xente de Galilea, da Decápolis*, de Xerusalén, de Xudea e da rexión que está ó outro lado* do Xordán.

5 Cando Xesús viu as multitudes, subiu á ladeira dunha montaña e sentouse alí. Entón, acercáronselle os seus discípulos 2 e el empezou a ensinarlles. Díxolles:

3 “Felices os que recoñecen que necesitan a guía de Deus*, porque deles é o Reino dos ceos.

4 ”Felices os que se lamentan, porque serán consolados.

5 ”Felices os que son apracibles*, porque herdarán a terra.

6 ”Felices os que teñen fame e sede de xustiza, porque quedarán totalmente satisfeitos.

7 ”Felices os que mostran misericordia*, porque a eles mostraráselles misericordia.

8 ”Felices os que teñen un corazón puro, porque verán* a Deus.

9 ”Felices os que promoven a paz*, porque se lles chamará fillos de Deus.

10 ”Felices os que foron perseguidos por causa da xustiza*, porque deles é o Reino dos ceos.

11 ”Felices vós cando, por causa miña, a xente vos insulte, vos persiga e diga todo tipo de mentiras e de cousas malas sobre vós. 12 Ós profetas que viviron antes ca vós tamén os perseguiron da mesma maneira. Así que estade felices e cheos de alegría porque a vosa recompensa nos ceos é grande.

13 ”Vós sodes o sal da terra. Pero se o sal perde a súa forza, pode recuperala? Xa non serve para nada, só para tiralo fóra e que a xente o pise.

14 ”Vós sodes a luz do mundo. Unha cidade non se pode esconder se está no alto dunha montaña. 15 Se alguén prende un candil*, non o tapa cun cesto, senón que o pon nun sitio alto para que ilumine a tódolos que están na casa. 16 Da mesma forma, facede que a vosa luz brille diante da xente. Así, verán as vosas boas obras e daranlle gloria ó voso Pai que está nos ceos.

17 ”Non pensedes que vin para anular a Lei ou os Profetas*. Non vin para anular, senón para cumprir. 18 Asegúrovos que non desaparecerá nin a letra máis pequena nin un só trazo dunha letra da Lei ata que todo se cumpra. Antes desaparecerían o ceo e a terra! 19 Así que calquera que desobedeza un dos mandamentos máis pequenos e lles ensine a outros a facer o mesmo non será aceptado no* Reino dos ceos. Pero calquera que siga a Lei e lles ensine a outros a obedecela será aceptado no* Reino dos ceos. 20 Dígovos que se a vosa maneira de practicar a xustiza non é superior á dos escribas e á dos fariseos*, nunca ides entrar no Reino dos ceos.

21 ”Xa escoitastes que se lles dixo ós vosos antepasados: ‘Non asasines. E calquera que cometa un asasinato terá que responder ante o tribunal de xustiza’. 22 Pero eu dígovos que todo o que siga estando furioso co seu irmán terá que responder ante o tribunal de xustiza*. Calquera que insulte con desprezo ó seu irmán terá que responder ante o Tribunal Supremo. E calquera que lle diga ‘Estúpido, non vales para nada!’ pode acabar na Guehena* de lume.

23 ”Se estás levando a túa ofrenda ó altar* e alí te acordas de que teu irmán ten algo contra ti, 24 deixa a túa ofrenda diante do altar e vaite. Primeiro, fai as paces co teu irmán, e despois volve e fai a túa ofrenda.

25 ”Se alguén que está en contra de ti te leva a xuízo, intenta resolver o problema con el canto antes, mentres aínda ides de camiño ó tribunal. Se non o fas, pode que esa persoa te deixe nas mans do xuíz, que o xuíz te condene e te entregue ó garda do tribunal, e que acabes na prisión. 26 Asegúroche que non sairás de alí ata que pagues a última moediña*.

27 ”Escoitastes que se dixo: ‘Non cometas adulterio’. 28 Pero eu dígovos que calquera que segue mirando unha muller que non é a súa ata o punto de querer ter relacións sexuais con ela, xa cometeu adulterio con ela no seu corazón. 29 Así que se o teu ollo dereito te está facendo tropezar*, arráncao e tírao lonxe de ti. É mellor que perdas unha parte do teu corpo, e non que todo o teu corpo acabe na Guehena*. 30 E se a túa man dereita te está facendo tropezar, córtaa e tíraa lonxe de ti. É mellor que perdas unha parte do teu corpo, e non que todo o teu corpo acabe na Guehena.

31 ”Tamén se dixo: ‘Calquera que se divorcie da súa muller ten que darlle un certificado de divorcio’. 32 Pero eu dígovos que se un home se divorcia da súa muller, a non ser que sexa por inmoralidade sexual*, pona en perigo de cometer adulterio. E calquera que case con esa muller divorciada tamén comete adulterio.

33 ”Tamén escoitastes que se lles dixo ós vosos antepasados: ‘Non debes facer un xuramento* e despois non cumprilo. Debes cumprir todo o que lle prometas* a Xehová*’. 34 Pero eu dígovos: non fagades ningún xuramento. Non xuredes polo ceo, porque é o trono de Deus. 35 Non xuredes pola terra, porque é o banco para os seus pés. Nin por Xerusalén, porque é a cidade do gran Rei*. 36 Tampouco xures pola túa cabeza*, porque non podes facer que un pelo se volva branco ou negro. 37 Simplemente, cando digades ‘si’ que sexa si, e cando digades ‘non’ que sexa non. Porque se dicides calquera cousa que vaia máis alá disto, estades imitando o Maligno.

38 ”Escoitastes que se dixo: ‘Ollo por ollo e dente por dente’. 39 Pero eu dígovos: non vos enfrontedes a unha mala persoa. Se alguén che pega na meixela dereita, ponlle tamén a outra meixela. 40 Se alguén quere levarte ó tribunal para quitarche a túa túnica*, deixa que quede tamén co teu manto*. 41 E se alguén con autoridade te obriga a ir con el unha milla, vai con el dúas*. 42 Se alguén che pide algo, dállo. E se alguén quere que lle prestes* algo, non te negues a facelo.

43 ”Escoitastes que se dixo: ‘Ama os demais*, pero odia os teus inimigos’. 44 Pero eu dígovos: seguide amando os vosos inimigos e orando polos que vos perseguen. 45 Así demostraredes que sodes fillos do voso Pai que está nos ceos. El fai saír o sol sobre bos e malos, e fai chover sobre xustos e inxustos. 46 Porque se só amades a quen vos ama, que premio merecedes? Non fan o mesmo os cobradores de impostos? 47 Se só saudades os vosos irmáns, que ten iso de especial? Non fai o mesmo a xente das nacións*? 48 Polo tanto, tedes que ser perfectos* igual que o voso Pai celestial.

6 ”Tede coidado con facer o que está ben* diante dos demais só para que eles vos vexan. Se facedes iso, o voso Pai que está nos ceos non vos dará ningunha recompensa. 2 Así que cando axudes a alguén que o necesita*, non o vaias anunciando por aí coma se foses tocando unha trompeta. Iso é o que fan os hipócritas nas sinagogas e nas rúas para que os demais lles dean honra. Asegúrovos que esa é toda a recompensa que van ter. 3 Por iso, cando axudes a alguén que o necesita, non lles vaias contando ós demais o que fas*. 4 Desa maneira, a axuda que lle deas a quen o necesita quedará en privado. Entón teu Pai, que o ve todo*, recompensarate.

5 ”Ademais, cando oredes, non o fagades coma os hipócritas, que lles gusta orar de pé nas sinagogas e nas esquinas das rúas principais para que os demais os vexan. Asegúrovos que esa é toda a recompensa que van ter. 6 Pero cando ti vaias orar, entra no teu cuarto, pecha a porta e óralle a teu Pai en privado. E teu Pai, que o ve todo, recompensarate. 7 Cando ores, non repitas as mesmas cousas unha e outra vez. Iso é o que fan os que non saben como hai que adorar a Deus*. Pensan que Deus os vai escoitar se fan oracións moi longas. 8 Non sexades coma eles. O voso Pai xa sabe o que necesitades incluso antes de que llo pidades.

9 ”Así é como debedes orar:

”‘Noso Pai que estás nos ceos, que o teu nome sexa santificado*. 10 Que veña o teu Reino. Que se faga a túa vontade tamén na terra coma no ceo. 11 Dános hoxe o pan que necesitamos para este día. 12 Perdoa as nosas débedas*, igual que nós tamén perdoamos os que están en débeda con nós*. 13 E non nos deixes caer* na tentación, senón líbranos* do Maligno*’.

14 ”Se perdoades os demais cando vos ofenden, o voso Pai celestial tamén vos perdoará a vós. 15 Pero se non perdoades os demais cando vos ofenden, o voso Pai tampouco vos perdoará as vosas ofensas.

16 ”Cando fagades xaxún*, deixade de ir por aí poñendo cara triste coma os hipócritas. Eles descoidan o seu aspecto* para que os demais saiban que están facendo xaxún. Asegúrovos que esa é toda a recompensa que van ter. 17 Pero cando ti fagas xaxún, bota aceite perfumado na cabeza e lava a cara. 18 Desa maneira, os demais non saberán que estás facendo xaxún, só teu Pai saberá o que fas en privado. E el, que o ve todo, recompensarate.

19 ”Deixade de acumular tesouros aquí na terra, porque os bichos* e o óxido poden acabar con eles, e os ladróns poden roubalos. 20 En vez diso, acumulade tesouros no ceo, porque alí os bichos e o óxido non poden acabar con eles, e os ladróns non poden roubalos. 21 Onde estea o teu tesouro, aí tamén estará o teu corazón.

22 ”Os ollos son a lámpada do corpo. Se os teus ollos están ben enfocados*, todo o teu corpo brillará*. 23 Pero se os teus ollos miran con envexa*, todo o teu corpo estará escuro. Se a luz que hai en ti realmente é escuridade, canta escuridade hai dentro de ti!

24 ”Ninguén pode ser escravo de dous amos, porque vai amar a un e vai odiar* o outro, ou vaille ser leal a un e vai desprezar o outro. Non podedes ser escravos de Deus e das Riquezas ó mesmo tempo.

25 ”Por iso vos digo: deixade de angustiarvos pola vosa vida* pensando no que ides comer ou no que ides beber, ou polo voso corpo pensando no que ides vestir. Non vale máis a vida que a comida e o corpo que a roupa? 26 Fixádevos ben nos paxaros. Nin sementan, nin segan, nin gardan comida en almacéns, pero aínda así o voso Pai celestial dálles de comer. Non valedes vós máis ca eles? 27 Quen de vós, por angustiarse, pode facer que a súa vida dure unha hora* máis? 28 Ademais, por que vos angustiades pola roupa? Aprendede das flores* que medran no campo. Nin traballan nin fan a súa roupa, 29 pero eu dígovos que nin sequera o rei Salomón en toda a súa grandeza se vestiu tan ben coma unha delas. 30 Así que, se Deus viste así as plantas do campo, que hoxe están aquí e mañá se botan ó lume*, non vos vestirá a vós con moita máis razón, xente de pouca fe? 31 Por iso, nunca vos angustiedes e digades ‘Que imos comer?’ ou ‘Que imos beber?’ ou ‘Con que nos imos vestir?’. 32 Porque os que van detrás destas cousas con moita ansia son os que non coñecen a Deus*, pero o voso Pai celestial xa sabe que necesitades todas estas cousas.

33 ”Por iso, seguide buscando primeiro o Reino e a xustiza de Deus, e recibiredes tódalas cousas que necesitades. 34 Así que nunca vos angustiedes polo día seguinte, porque o día seguinte terá as súas propias preocupacións. Xa chega cos problemas que hai cada día.

7 ”Deixade de xulgar para que non se vos xulgue a vós. 2 Porque tal como xulguedes a outros, tamén se vos xulgará a vós, e coa medida coa que midades, váisevos medir a vós*. 3 Por que te fixas na palla que ten o teu irmán no ollo pero non ves a viga que tes ti no teu? 4 Ou como lle podes dicir ó teu irmán ‘Déixame quitarche a palla que tes no ollo’, se resulta que ti tes unha viga no teu? 5 Hipócrita! Primeiro quita a viga do teu ollo, e entón verás claramente como quitar a palla do ollo do teu irmán.

6 ”Non lles deades as cousas santas ós cans nin lles botedes as vosas perlas ós porcos, non vaia ser que as pisen, se dean a volta e vos ataquen.

7 ”Seguide pedindo e recibiredes, seguide buscando e encontraredes, seguide petando á porta e abrirásevos. 8 Porque tódolos que piden reciben, tódolos que buscan encontran e a tódolos que petan á porta abriráselles. 9 Se o voso fillo vos pide pan, ídeslle dar unha pedra? 10 Ou se vos pide peixe, ídeslle dar unha serpe? 11 Pois se vós, aínda que sodes pecadores, sabedes darlles bos regalos ós vosos fillos, podedes estar seguros de que* o voso Pai que está nos ceos tamén lles dará cousas boas ós que llas pidan.

12 ”Polo tanto, facede polos demais todo o que vos gustaría que fixesen por vós. De feito, isto é o que ensinan a Lei e os Profetas.

13 ”Entrade pola porta estreita, porque a porta ancha e o camiño amplo levan á destrución e moitos son os que entran por ela. 14 Pero a porta e o camiño que levan á vida son estreitos, e poucos son os que encontran ese camiño.

15 ”Tede coidado cos profetas falsos, que se vos acercan disfrazados de ovella pero en realidade son lobos furiosos e famentos. 16 Recoñecerédelos polos seus froitos*. Ou alguén recolleu algunha vez uvas dos espiños ou figos dos cardos? 17 Do mesmo xeito, unha árbore boa dá froito bo, pero unha árbore mala dá froito malo. 18 Unha árbore boa non pode dar froito malo e unha árbore mala non pode dar froito bo. 19 Se unha árbore non dá froito bo, córtase e bótase no lume. 20 Da mesma maneira, recoñeceredes os profetas falsos polos seus froitos*.

21 ”Non tódolos que me din ‘Señor, Señor’ entrarán no Reino dos ceos. Só entrarán os que fan a vontade do meu Pai* que está nos ceos. 22 Nese día, moitos diranme: ‘Señor, Señor, non profetizamos no teu nome? Non botamos demos fóra no teu nome? E non fixemos moitos milagres no teu nome?’. 23 Pero entón direilles: ‘Non vos coñezo de nada! Apartádevos de min, vós, os que facedes o que está mal*!’.

24 ”Polo tanto, quen me escoite e faga o que digo será coma o home prudente que fixo a súa casa sobre pedra. 25 Cando empezou a chover e houbo inundacións, e o vento bateu con forza, a casa non se veu abaixo porque se construíra sobre pedra. 26 Pero quen me escoite e non faga o que digo será coma o home imprudente que fixo a súa casa sobre area. 27 Cando empezou a chover e houbo inundacións, e o vento bateu con forza, a casa veuse abaixo e quedou totalmente destruída”.

28 Cando Xesús acabou de falar, as multitudes estaban impresionadas pola súa forma de ensinar, 29 porque lles ensinaba dunha maneira que demostraba que tiña autoridade de Deus, non coma os escribas.

8 Cando Xesús baixou do monte, seguiuno moitísima xente. 2 Entón acercóuselle un leproso, inclinouse diante del* e díxolle: “Señor, sei que se queres podes curarme*”. 3 Xesús estirou a man, tocouno e díxolle: “Si que quero. Queda limpo”. E a lepra desapareceu inmediatamente. 4 Despois díxolle: “Asegúrate de non contarllo a ninguén. En vez diso, preséntate diante do sacerdote e leva a ofrenda que mandou Moisés, para que os sacerdotes vexan que curaches*”.

5 Cando Xesús entrou en Capernaúm, acercóuselle un oficial do exército para suplicarlle que lle axudase, 6 e díxolle: “Señor, o meu servo ten unha parálise e está deitado na casa sufrindo moitísimo”. 7 Xesús respondeulle: “Cando chegue alí curareino”. 8 Pero o oficial contestoulle: “Señor, non son digno de que entres na miña casa. Chega con que deas a orde e o meu servo quedará curado. 9 Porque eu tamén obedezo ordes e dou ordes ós soldados que están baixo o meu mando. Cando lle digo a un ‘Vaite!’, el vaise. Cando lle digo a outro ‘Ven!’, el vén. E cando lle digo ó meu escravo ‘Fai isto!’, el faino”. 10 Ó escoitar iso, Xesús quedou sorprendido, e díxolles ós que o seguían: “Asegúrovos que non encontrei ninguén en Israel cunha fe tan grande. 11 Dígovos que moitos virán do leste e do oeste, e sentaranse* á mesa no Reino dos ceos con Abrahán, Isaac e Xacob, 12 mentres que os fillos do Reino serán botados fóra, á escuridade. Aí é onde chorarán cheos de desesperación e de rabia*”. 13 Entón, Xesús díxolle ó oficial: “Volve para a túa casa. Como demostraches fe, que se cumpra o que pediches”. E o servo curou xusto nese momento.

14 Xesús entrou na casa de Pedro e viu que a súa sogra estaba na cama e tiña febre. 15 Entón, tocoulle a man e a febre desapareceu. Despois ela levantouse e púxose a atendelo. 16 Á tardiña, a xente levoulle a Xesús moitas persoas que estaban posuídas polos demos. E el botou os demos fóra cunha simple orde. Tamén curou a tódolos que estaban sufrindo. 17 Así cumpriuse o que se dixera mediante o profeta Isaías: “Foi el quen levou as nosas enfermidades e cargou coas nosas dores”.

18 Cando Xesús viu que o rodeaba unha multitude, mandoulles ós seus discípulos que cruzasen con el ó outro lado do mar. 19 Entón acercóuselle un escriba e díxolle: “Mestre, seguireite vaias onde vaias”. 20 Pero Xesús contestoulle: “Os raposos teñen raposeiras e os paxaros teñen niños, pero o Fillo do Home* non ten onde pousar a cabeza”. 21 Entón un dos seus discípulos díxolle: “Señor, déixame ir e enterrar primeiro a meu pai”. 22 Xesús respondeulle: “Ti sígueme e deixa que os mortos enterren os seus mortos”.

23 Despois Xesús subiu a unha barca e os seus discípulos foron con el. 24 De repente, levantouse un temporal tan grande no mar que as ondas enchían de auga a barca. Pero Xesús estaba durmindo. 25 Os discípulos acercáronse para despertalo e dixéronlle: “Señor, sálvanos que afogamos!”. 26 Pero el díxolles: “Homes de pouca fe, por que tedes tanto medo?*”. Entón, púxose de pé, reprendeu o vento e o mar, e todo quedou en completa calma. 27 Eles quedaron impresionados e dixeron: “Pero, quen é este home? Incluso o vento e o mar lle fan caso”.

28 Cando chegou á outra beira, á rexión dos gadarenos, saíron de onde estaban as tumbas* dous homes posuídos polos demos e acercáronselle. Eran tan violentos que ninguén se atrevía a pasar por ese camiño. 29 Entón, puxéronse a berrar: “Que temos que ver contigo, Fillo de Deus? Viñeches a castigarnos* antes do tempo fixado por Deus?”. 30 Ó lonxe, había moitos porcos comendo. 31 Así que os demos empezaron a suplicarlle: “Se nos vas botar fóra, mándanos entrar naqueles porcos”. 32 Xesús díxolles: “Ide!”. Os demos saíron dos homes e metéronse nos porcos. Entón, tódolos porcos botáronse ó mar polo acantilado* abaixo e morreron afogados. 33 Os que coidaban os porcos saíron correndo e foron á cidade. Alí contárono todo, incluso o que lles pasara ós homes que estaban posuídos polos demos. 34 Entón, toda a xente da cidade saíu a buscar a Xesús e, cando o encontraron, suplicáronlle que marchase daquela rexión.

9 Xesús subiu á barca, cruzou ata o outro lado do mar e entrou na súa cidade*. 2 Entón, unhas persoas leváronlle un paralítico nunha pequena cama portátil*. Cando Xesús viu a fe que tiñan, díxolle ó paralítico: “Ánimo, filliño! Os teus pecados quédanche perdoados”. 3 Pero algúns escribas pensaron: “Este home blasfema”. 4 Xesús, que sabía o que estaban pensando, díxolles: “Por que tedes o corazón cheo de maldade*? 5 Que é máis fácil? Dicir ‘Os teus pecados quédanche perdoados’, ou dicir ‘Levántate e anda’, e que entón el se levante e camiñe? 6 Pois vouvos demostrar que o Fillo do Home ten autoridade na terra para perdoar pecados”. Entón, díxolle ó paralítico: “Levántate, colle a túa cama e vai para a túa casa”. 7 E el levantouse e foi para a súa casa. 8 Cando as multitudes viron isto, todos quedaron moi impresionados e déronlle gloria a Deus por darlles esa autoridade a seres humanos.

9 Despois, mentres Xesús estaba marchando de alí, viu un home chamado Mateo sentado na oficina onde se cobran os impostos, e díxolle: “Sígueme*”. E el levantouse inmediatamente e seguiuno. 10 Máis tarde, mentres Xesús estaba comendo* na casa*, chegaron moitos cobradores de impostos e pecadores, e puxéronse a comer con el e cos seus discípulos. 11 Cando os fariseos viron isto, preguntáronlles ós discípulos de Xesús: “Por que o voso mestre come cos cobradores de impostos e cos pecadores?”. 12 Pero Xesús escoitounos e díxolles: “Os que están sans non necesitan un médico, pero os enfermos si. 13 Así que ide e aprendede o que significan estas palabras: ‘Quero compaixón*, non sacrificios’. Porque non vin para chamar os xustos, senón os pecadores”.

14 Entón acercáronselle os discípulos de Xoán e preguntáronlle: “Por que nós e os fariseos temos o costume de facer xaxún* e os teus discípulos non?”. 15 Xesús respondeulles: “Nunha voda, os amigos do noivo non teñen razóns para estar tristes mentres o noivo está con eles, verdade? Pero chegará o día no que o noivo xa non estará con eles*, e entón si que farán xaxún. 16 Ninguén lle cose un remendo de tea nova a un manto vello, porque cando a tea nova encolle, tira da vella e o burato faise máis grande. 17 Tampouco se pon viño novo en odres* vellos. Se alguén o fixese, o coiro rebentaría, o viño derramaríase e os odres xa non servirían para nada. Por iso, a xente pon o viño novo en odres novos e así non se bota a perder ningunha das dúas cousas”.

18 Mentres lles dicía todo isto, chegou un gobernante, inclinouse diante del* e díxolle: “Seguro que a miña filla xa está morta. Pero ven, pon a túa man sobre ela e volverá a vivir”.

19 Así que Xesús levantouse e foi con el, e os seus discípulos acompañárono. 20 Entón, acercóuselle por detrás unha muller que levaba 12 anos con hemorraxias e tocoulle a beira do manto, 21 porque pensaba: “Con só tocar o seu manto, poñereime ben”. 22 Xesús xirouse e, ó vela, díxolle: “Ánimo, filliña! A túa fe curoute”. E nese momento, a muller curou.

23 Cando entrou na casa do gobernante, viu os frautistas e tamén moita xente chorando e lamentándose en voz alta. 24 Xesús díxolles: “Saíde de aquí, porque a nena non morreu, está durmindo”. Pero eles empezaron a rirse e a burlarse del con desprezo. 25 En canto fixeron saír a xente, el entrou onde estaba a nena, colleulle a man e ela levantouse. 26 E claro, a noticia chegou a saberse en toda a rexión.

27 Cando marchaba de alí, seguírono dous homes cegos que berraban: “Fillo de David, ten compaixón* de nós!”. 28 Despois entrou nunha casa, os cegos acercáronselle e el preguntoulles: “Tedes fe en que podo curarvos?”. Eles responderon: “Si que temos, Señor”. 29 Entón, el tocoulles os ollos e díxolles: “Como tedes fe, que se cumpra o que pedistes”. 30 E eles recuperaron a vista. Pero Xesús advertiulles seriamente: “Que non o saiba ninguén”. 31 Aínda así, ó saír de alí puxéronse a falar del por toda a rexión.

32 Resulta que cando aqueles homes estaban marchando, a xente levoulle a Xesús un home mudo que estaba posuído por un demo. 33 Xesús botou fóra aquel demo e o mudo empezou a falar. Entón as multitudes quedaron impresionadas e dicían: “Nunca tal cousa se viu en Israel”. 34 Pero os fariseos dicían: “Este home bota fóra os demos co poder do gobernante dos demos”.

35 E Xesús empezou a ir por tódalas cidades e aldeas ensinando nas sinagogas, predicando as boas noticias do Reino e curando todo tipo de enfermidades e doenzas. 36 Cando vía as multitudes que viñan onda el, sentía moita compaixón por elas, porque foran maltratadas e estaban abandonadas* coma ovellas sen pastor. 37 Entón díxolles ós seus discípulos: “Realmente queda moita colleita por apañar, pero hai poucos traballadores. 38 Así que rogádelle ó Dono da colleita que mande traballadores”.

10 Entón reuniu os seus 12 discípulos e deulles autoridade para botar fóra os demos*, e tamén para curar todo tipo de enfermidades e doenzas.

2 Estes son os nomes dos 12 apóstolos: primeiro Simón (ó que lle chaman Pedro) e o seu irmán Andrés; Santiago, que era fillo de Zebedeo, e o seu irmán Xoán; 3 Felipe e Bartolomé; Tomás e Mateo o cobrador de impostos; Santiago, que era fillo de Alfeo, e Tadeo; 4 Simón o Cananita* e Xudas Iscariote (o que máis tarde traizoou a Xesús).

5 Xesús enviou estes 12 con estas instrucións: “Non vaiades polo camiño que leva a outras nacións e non entredes en ningunha cidade de Samaria. 6 Máis ben, ide e buscade unha e outra vez as ovellas perdidas da nación* de Israel. 7 Ide e predicade: ‘O Reino dos ceos xa está cerca’. 8 Curade os enfermos, resucitade* os mortos, curade* os leprosos e botade fóra os demos. Recibistes gratis, dade gratis. 9 Non levedes ouro nin prata nin cobre no voso cinto*. 10 Nin tampouco levedes roupa para cambiarvos*, nin outro par de sandalias, nin bastón*, nin unha bolsa con comida para a viaxe, porque o traballador merece o seu alimento.

11 ”Cando entredes nalgunha cidade ou aldea, buscade a quen mereza a mensaxe, e aloxádevos na súa casa ata que marchedes. 12 Cando entredes nunha casa, saudade os que estean nela e desexádelles paz. 13 Se a casa o merece, que teña a paz que lle desexades, pero se non o merece, que esa paz volva a vós. 14 Se nalgunha casa ou nalgunha cidade non vos reciben nin escoitan as vosas palabras, sacudide o po dos pés* ó saír de alí. 15 Asegúrovos que o Día do Xuízo será máis fácil de soportar para Sodoma e Gomorra que para esa cidade.

16 ”Mirade! Estouvos enviando coma ovellas no medio de lobos. Así que sede prudentes coma serpes, pero inocentes coma pombas. 17 Tede coidado coa xente, porque vos entregarán ós tribunais locais e daranvos lategazos* nas sinagogas. 18 Vanvos levar ante gobernadores e reis porque sodes os meus seguidores. Así poderedes darlles testemuño de min* a eles e a persoas doutras nacións. 19 Pero cando vos entreguen ás autoridades, non vos angustiedes polo que ides dicir ou como o ides dicir. Nese momento farásevos saber o que tedes que dicir. 20 Porque non seredes só vós os que falaredes, senón que o espírito do voso Pai falará por vós. 21 Ademais, un irmán entregará o seu irmán para que o maten, un pai entregará o seu fillo, e os fillos rebelaranse contra os seus pais e farán que os maten. 22 Todos vos odiarán porque sodes os meus seguidores*, pero Deus salvará a quen aguante ata o fin. 23 Cando vos persigan nunha cidade, escapade para outra, porque vos aseguro que o Fillo do Home virá antes de que poidades acabar de predicar en tódalas cidades e aldeas de Israel.

24 ”Un alumno non é superior ó seu mestre e un escravo tampouco é superior ó seu amo. 25 Para o alumno xa é suficiente con chegar a ser coma o seu mestre, e para o escravo coma o seu amo. Se as persoas lle chamaron Belcebú* ó dono da casa, como non* lles van chamar tamén así ós da súa casa! 26 Por iso, non lles teñades medo, porque non hai nada escondido que non se vaia descubrir nin nada secreto que non se vaia saber. 27 O que vos digo na escuridade, contádeo a plena luz, e o que escoitades baixiño, anunciádeo desde as azoteas. 28 Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden acabar coa vida*. Máis ben, temede* ó que pode acabar tanto coa vida coma co corpo na Guehena*. 29 Verdade que se venden dous gorrións por unha moediña de pouco valor*? Aínda así, nin un deles cae ó chan sen que o saiba o voso Pai. 30 Pois no voso caso, incluso están contados tódolos pelos da vosa cabeza. 31 Así que non teñades medo, vós valedes máis que moitos gorrións.

32 ”Se alguén se pon da miña parte diante da xente, eu tamén me poñerei de parte del diante do meu Pai que está nos ceos. 33 Pero se alguén me rechaza diante da xente, eu tamén o rechazarei diante do meu Pai que está nos ceos. 34 Non pensedes que vin a traer paz á terra. Non vin a traer paz, senón espada. 35 Porque vin para causar división. O fillo estará en contra do seu pai, a filla en contra da súa nai e a nora en contra da súa sogra. 36 De feito, os inimigos de cada un serán persoas da súa propia casa. 37 Quen lle quere máis ó seu pai ou á súa nai que a min non merece ser o meu discípulo. Quen lle quere máis ó seu fillo ou á súa filla que a min non merece ser o meu discípulo. 38 E quen non acepta o seu madeiro de tortura* e me segue non merece ser o meu discípulo. 39 Quen intente salvar a súa vida* vaina perder, pero quen perda a súa vida por min vaina encontrar*.

40 ”Quen vos recibe a vós recíbeme tamén a min. E quen me recibe a min recibe tamén a quen me enviou. 41 Quen reciba un profeta porque é profeta terá a mesma recompensa que ten un profeta. E quen reciba un xusto porque é xusto terá a mesma recompensa que ten un xusto. 42 E asegúrovos que quen lle dea de beber, aínda que só sexa un vaso de auga fresca, a un dos meus discípulos* por ser discípulo meu, de ningunha maneira quedará sen a súa recompensa”.

11 Cando Xesús terminou de darlles instrucións ós seus 12 discípulos, marchou de alí para ensinar e predicar noutras cidades.

2 Xoán o Bautista estaba no cárcere e oíu falar das obras que facía o Cristo. Entón, mandoulles ós seus discípulos 3 que lle preguntasen a Xesús: “Es ti o que ten que vir ou temos que esperar a outro?”. 4 Xesús respondeulles: “Volvede onda Xoán e contádelle o que estades vendo e oíndo: 5 agora os cegos ven, os coxos camiñan, os leprosos son curados, os xordos oen, os mortos son resucitados* e ós pobres anúncianselles as boas noticias. 6 Feliz o que non encontra en min ningún motivo para tropezar*”.

7 Mentres os discípulos de Xoán marchaban, Xesús empezoulles a falar ás multitudes sobre Xoán. Díxolles: “Que fostes ver ó deserto? Unha cana que se move co vento? 8 Que saístes a ver? Un home vestido con roupa cara? Pero se os que levan ese tipo de roupa están nas casas dos reis! 9 Entón, por que saístes? Para ver un profeta? Pois si, e dígovos que vistes moito máis que un profeta. 10 Falando del, escribiuse: ‘Mira! Vou enviar o meu mensaxeiro diante de ti, e el irá diante de ti preparándoche o camiño’. 11 Asegúrovos que non naceu ninguén superior a Xoán o Bautista. Pero aínda así, o máis pequeno no Reino dos ceos é superior a el. 12 Desde os días de Xoán o Bautista, a xente esfórzase por entrar no Reino dos ceos. E os que se esforzan por alcanzalo sen renderse conségueno. 13 Porque, ata o tempo de Xoán, tanto os Profetas como a Lei profetizaron o que pasaría. 14 Así que el é o ‘Elías que tiña que vir’, sen importar se o queredes crer ou non. 15 Quen teña oídos, que escoite con atención.

16 ”Con quen vou comparar esta xeración? É coma os nenos que están sentados nas prazas dos mercados e lles berran ós outros nenos: 17 ‘Tocamos a frauta para vós pero non bailastes, e cantamos cancións tristes para vós pero non vos lamentastes*’. 18 De igual maneira, veu Xoán, que non come nin bebe, e a xente di del: ‘Ten un demo dentro’. 19 Pero chegou o Fillo do Home, que si que come e bebe, e a xente di: ‘Mirade! Este home é un lambón e bebe moito viño. E tamén é amigo dos cobradores de impostos e dos pecadores’. En calquera caso, a sabedoría queda demostrada polos seus resultados*”.

20 Entón, Xesús empezou a reprender as cidades nas que fixera a maioría dos milagres, porque non se arrepentiran: 21 “Pobre de ti, Corazín! Pobre de ti, Betsaida! Porque se as persoas de Tiro e Sidón visen os milagres que se fixeron nas vosas cidades, hai tempo que estarían arrepentidas, vestiríanse con tea de saco e sentaríanse enriba da cinza*. 22 Dígovos que o Día do Xuízo seralles máis fácil de soportar a Tiro e a Sidón que a vós. 23 E ti, Capernaúm, pensas que vas ser levantada* ata o ceo? Non, baixarás ata a Tumba*. Porque se as persoas de Sodoma visen os milagres que ti viches, esa cidade aínda existiría hoxe. 24 Dígoche que o Día do Xuízo seralle máis fácil de soportar a Sodoma que a ti”.

25 Naquela ocasión, Xesús dixo: “Bendito sexas*, meu Pai, Señor do ceo e da terra, porque escondiches estas cousas dos intelectuais e dos sabios, e reveláchelas ós que son coma nenos. 26 Si, meu Pai, porque quixeches facelo así”. 27 Xesús tamén dixo: “Meu Pai entregoume tódalas cousas. O único que coñece realmente ó Fillo é o Pai. E os únicos que coñecen realmente o Pai son o Fillo e aqueles ós que o Fillo queira revelarlles quen é o Pai. 28 Acercádevos a min tódolos que estades cansados e tedes moitas cargas, e eu renovareivos as forzas*. 29 Poñédevos baixo o meu xugo e aprendede de min, porque son apracible* e humilde de corazón. Comigo encontraredes alivio, 30 porque o meu xugo é fácil de levar* e a miña carga pesa pouco”.

12 Naquel tempo, Xesús cruzou uns campos de cereais en sábado*. Ós seus discípulos entroulles a fame, e empezaron a arrancar algunhas espigas e a comer os grans. 2 Cando os fariseos viron isto, dixéronlle: “Mira! O que están facendo os teus discípulos non está permitido facelo en sábado”. 3 El contestoulles: “Seica non lestes o que fixo David cando el e os seus homes tiveron fame? 4 Entrou na casa de Deus, e el e os que estaban con el comeron os pans da ofrenda*. E iso era algo que non estaba permitido facer, só poden comelos os sacerdotes. 5 E seica tampouco lestes na Lei que os sábados os sacerdotes no templo non respectan o sábado e aínda así non se lles considera culpables? 6 Pois eu dígovos que aquí hai alguén máis importante que o templo. 7 Se entendésedes o que significan as palabras ‘Quero compaixón*, non sacrificios’, non condenariades persoas inocentes. 8 Porque o Fillo do Home é Señor do sábado”.

9 Despois de marchar de alí, Xesús entrou na sinagoga. 10 Resulta que alí había un home que tiña unha man paralizada*. Como os fariseos querían acusar a Xesús por algo, preguntáronlle: “Está permitido curar a alguén en sábado?”. 11 El respondeulles: “E logo, se tedes unha ovella e cae nun burato en sábado, quen de vós non a colle e a saca de alí? 12 Pois un home vale moito máis que unha ovella! Polo tanto, si que está permitido facer algo bo en sábado”. 13 Despois, díxolle ó home: “Estira o brazo”. E cando o estirou, a man quedou curada. 14 Pero os fariseos saíron e puxéronse a conspirar contra el para matalo. 15 Cando Xesús o soubo, marchou de alí. Moitas persoas seguírono e el curounas a todas, 16 pero mandoulles seriamente que non lle dixesen a ninguén quen era el. 17 Así cumpriuse o que se dixera mediante o profeta Isaías:

18 “Mirade! Este é o meu servo a quen eu escollín, a quen quero moito e que ten a miña aprobación*. Poñerei o meu espírito sobre el e el mostraralles ás nacións o que é a xustiza. 19 Non discutirá nin gritará. E ninguén oirá a súa voz nas rúas principais. 20 Non romperá a cana que está partida nin apagará a mecha que apenas arde, ata que faga triunfar a xustiza. 21 De feito, as nacións poñerán a súa esperanza nel*”.

22 Entón, trouxéronlle un home mudo e cego que estaba posuído por un demo. Xesús curouno e o home puido falar e ver. 23 Todo o mundo quedou impresionado e empezou a dicir: “Non será este o Fillo de David*?”. 24 Cando escoitaron isto, os fariseos dixeron: “Este home bota fóra os demos co poder de Belcebú*, o gobernante dos demos”. 25 Como sabía o que pensaban, el díxolles: “Todo reino que está dividido internamente vai á ruína. E ningunha cidade ou familia* que está dividida internamente se manterá en pé. 26 Da mesma maneira, se Satanás bota fóra os seus propios demos, está dividido internamente. Se é así, como poderá manterse en pé o seu propio reino? 27 Ademais, se eu boto fóra os demos co poder de Belcebú, con que poder botan fóra ós demos os vosos discípulos? Eles mesmos demostrarán que o que dicides non é certo*. 28 Pero se eu boto os demos fóra mediante o espírito de Deus, iso quere dicir que o Reino de Deus vos colleu por sorpresa*. 29 Ademais, se alguén quere entrar na casa dun home forte para roubarlle as cousas, primeiro ten que atar o home, non credes? Só así poderá levarlle todo canto ten na casa. 30 O que non está comigo está contra min, e o que non me axuda a acercar as persoas apártaas de min*.

31 ”Por iso vos digo que ós homes se lles perdoará todo tipo de pecados e de blasfemias*, pero non se lles vai perdoar a blasfemia contra o espírito santo. 32 Por exemplo, se alguén di algo contra o Fillo do Home, perdoaráselle o seu pecado. Pero se alguén fala contra o espírito santo, non se lle vai perdoar nin neste sistema nin no* que vai vir.

33 ”Se facedes que unha árbore sexa boa, dará froito bo. Pero se facedes que unha árbore sexa mala, dará froito podre. Porque polo froito sábese como é a árbore. 34 Crías de víboras, se sodes malos, como podedes falar cousas boas? Porque a boca fala do que abunda no corazón. 35 A persoa boa fala cousas boas porque ten cousas boas no seu corazón*. Pero a persoa mala fala cousas malas porque ten cousas malas no seu corazón*. 36 Dígovos que a xente terá que render contas no Día do Xuízo* por calquera cousa inútil que diga. 37 Porque polas túas palabras serás declarado xusto e polas túas palabras serás condenado”.

38 Entón, algúns escribas e fariseos dixéronlle: “Mestre, queremos que nos deas un sinal”. 39 E el respondeulles: “Sodes unha xeración infiel* e malvada que anda sempre buscando un sinal. Pero non se vos vai dar ningún, excepto o sinal do profeta Xonás. 40 Porque, igual que Xonás estivo tres días e tres noites dentro do gran peixe, o Fillo do Home estará tres días e tres noites na tumba. 41 Os habitantes de Nínive resucitarán* no Día do Xuízo xunto con esta xeración e condenarana, porque eles arrepentíronse ó escoitar o que Xonás predicou. Pois, mirade! Aquí hai alguén máis importante que Xonás. 42 A raíña do sur* resucitará* no Día do Xuízo xunto con esta xeración e condenaraa, porque ela veu desde moi lonxe para escoitar a sabedoría de Salomón. Pois, mirade! Aquí hai alguén máis importante que Salomón.

43 ”Cando un demo sae dunha persoa, pasa por zonas desérticas buscando un sitio para descansar, pero non o encontra. 44 Entón di: ‘Vou volver á casa da que marchei’. E cando chega, encóntraa desocupada, varrida e decorada. 45 Así que vai e leva con el outros sete demos aínda peores ca el e, despois de meterse dentro, quedan a vivir alí. Ó final, a situación desa persoa é peor que ó principio. Iso é o que lle vai pasar a esta xeración malvada”.

46 Mentres Xesús falaba coa xente, súa nai e seus irmáns estaban fóra e querían falar con el. 47 Así que alguén díxolle: “Mira! Túa nai e teus irmáns están aí fóra de pé e queren falar contigo”. 48 El contestoulle a quen o avisou: “Quen é miña nai e quen son meus irmáns?”. 49 Entón, sinalou os seus discípulos coa man e dixo: “Mira! Estes son miña nai e meus irmáns! 50 Porque todo o que fai a vontade do meu Pai* que está no ceo é meu irmán, miña irmá e miña nai”.

13 Ese día, Xesús saíu daquela casa e foise sentar á beira do mar. 2 Como se xuntou alí tantísima xente, subiu a unha barca e sentouse nela. Toda a multitude quedou de pé na praia 3 e el empezou a ensinarlles moitas cousas usando comparacións. Díxolles: “Un sementador saíu a botar a semente. 4 Mentres o facía, algunhas das sementes caeron á beira do camiño, e viñeron os paxaros e coméronas. 5 Outras caeron nun terreo con pouca terra, porque había moita pedra debaixo, e naceron rápido porque a terra non tiña profundidade. 6 Pero cando saíu o sol, as plantas queimáronse e secaron porque non tiñan raíces profundas. 7 Outras caeron entre os espiños, pero os espiños medraron e afogáronas. 8 E outras caeron en terra boa e empezaron a dar froito. Unhas deron 100 veces máis do que se sementara, outras 60 e outras 30. 9 Quen teña oídos, que escoite con atención”.

10 Así que os discípulos acercáronse e preguntáronlle: “Por que lles falas usando comparacións?”. 11 El respondeulles: “A vós permitíusevos entender os segredos sagrados do Reino dos ceos, pero a eles non. 12 Porque ó que ten, daráselle máis e terá de sobra. Pero ó que non ten, incluso se lle quitará o pouco que ten. 13 Por iso lles falo usando comparacións, porque aínda que ven, é coma se non visen, e aínda que oen, é coma se non oísen, nin tampouco entenden nada. 14 Neles cúmprese a profecía de Isaías que di: ‘“Vós oiredes pero nunca comprenderedes. Miraredes pero nunca entenderedes”. 15 Porque o corazón deste pobo volveuse duro*. Eles oen pero non reaccionan. Taparon os ollos e os oídos, e non ven nin oen nada. Por iso non entenden co corazón o que se lles pide nin se volven a min* nin eu os curo’.

16 ”Pero felices son os vosos ollos porque ven e os vosos oídos porque oen. 17 Asegúrovos que moitos profetas e outras persoas xustas quixeron ver as cousas que vós estades vendo, pero non as viron, e quixeron oír as cousas que vós estades oíndo, pero non as oíron.

18 ”Así que escoitade o que significa o exemplo do sementador. 19 Cando alguén escoita a palabra* do Reino pero non a entende, vén o Maligno e arranca o que se sementou no seu corazón. Este é o caso da semente que caeu á beira do camiño. 20 Despois está a semente que caeu no terreo con moita pedra debaixo. Este é o caso da persoa que escoita a palabra e rapidamente a acepta con alegría. 21 Pero como non ten raíces profundas, só aguanta por un tempo. Cando veñen as dificultades ou a persecución por obedecer a palabra, enseguida abandona*. 22 Por outro lado, está a semente que caeu entre os espiños. Este é o caso da persoa que escoita a palabra pero as preocupacións deste mundo* e a falsa seguridade que dan as riquezas afogan a palabra, e por iso a palabra non dá froito. 23 E, por último, está a semente que caeu na terra boa. Este é o caso da persoa que escoita a palabra, entende o seu significado e si que dá froito. Algunhas destas persoas dan 100 veces máis do que se sementou, outras 60 e outras 30”.

24 Entón púxolles outra comparación: “O Reino dos ceos pode compararse a un home que botou semente boa no seu campo. 25 Pero mentres todos durmían, veu o seu inimigo, sementou mala herba entre o trigo e marchou. 26 Cando medrou o trigo e apareceron as espigas, tamén apareceu a mala herba. 27 Así que os escravos foron onda o dono da casa e preguntáronlle: ‘Señor, pero non botaches semente boa no teu campo? Entón, por que hai mala herba?’. 28 El contestoulles: ‘Isto fíxoo un inimigo meu’. E os escravos preguntáronlle: ‘Queres que vaiamos arrancala?’. 29 El díxolles: ‘Non, non vaia ser que ó arrancar a mala herba tamén arranquedes o trigo. 30 Deixade que medren xuntos ata a temporada da colleita. Entón direilles ós traballadores que arranquen primeiro a mala herba e que a xunten en feixes para queimala, e despois que recollan o trigo e o garden no meu almacén’”.

31 Púxolles outra comparación: “O Reino dos ceos é coma un gran de mostaza que un home plantou no seu campo. 32 É certo que esta semente é a máis pequena de todas, pero cando medra chega a ser a planta máis grande da horta e convértese nunha árbore. E os paxaros veñen para refuxiarse entre as súas pólas”.

33 Tamén lles puxo outra comparación: “O Reino dos ceos é coma o fermento que unha muller botou nunha gran cantidade* de fariña. Ó final, fermentou toda a masa”.

34 Xesús díxolles todas estas cousas ás multitudes usando comparacións. De feito, nunca lles falaba sen utilizar algunha comparación. 35 Así cumpriuse o que se dixera mediante o profeta: “Abrirei a miña boca usando comparacións. Anunciarei cousas que estaban escondidas desde o principio*”.

36 Despois de despedir as multitudes, entrou na casa. Os seus discípulos acercáronse e dixéronlle: “Explícanos o que significa a comparación da mala herba que se sementou no campo”. 37 El respondeulles: “O sementador que botou a semente boa é o Fillo do Home, 38 e o campo é o mundo. A semente boa son os fillos do Reino, pero a mala herba son os fillos do Maligno, 39 e o inimigo que a sementou é o Demo*. A colleita é a parte final dun sistema* e os traballadores* son os anxos. 40 Así que, igual que se arranca a mala herba e se queima no lume, o mesmo pasará na parte final do sistema*. 41 O Fillo do Home enviará os seus anxos e eles sacarán do Reino* tódalas cousas que levan ó pecado* e tamén as persoas que desobedecen a lei, 42 e botaranas no forno de lume. Aí é onde chorarán cheas de desesperación e de rabia*. 43 Nese tempo, os xustos brillarán no Reino do seu Pai tanto coma o sol. Quen teña oídos, que escoite con atención.

44 ”O Reino dos ceos é coma un tesouro, que estaba escondido nun campo e que un home encontrou e volveu esconder. O home púxose tan contento que foi vender todo o que tiña e comprou ese campo.

45 ”O Reino dos ceos tamén é coma un comerciante que viaxaba buscando perlas de boa calidade*. 46 Cando encontrou unha perla de moito valor, rapidamente foi vender tódalas cousas que tiña e comprouna.

47 ”O Reino dos ceos tamén é coma unha rede de arrastre que uns pescadores botaron ó mar e que recolleu peixes de todo tipo. 48 Cando se encheu, os pescadores arrastrárona ata a praia, sentáronse, puxeron os peixes bos en recipientes e tiraron os que non valían. 49 Iso é o que pasará na parte final do sistema*. Os anxos virán, separarán os malos dos xustos 50 e botarán os malos no forno de lume. Aí é onde chorarán cheos de desesperación e de rabia*”.

51 Entón Xesús preguntou: “Entendestes todas estas cousas?”. Os discípulos responderon: “Si”. 52 E el contestoulles: “Entón dígovos que todo mestre* ó que se lle ensinou acerca do Reino de Deus é coma un home que ten unha casa e que saca do seu tesouro cousas novas e cousas vellas”.

53 Cando Xesús terminou de poñer estas comparacións, marchou de alí. 54 Ó chegar á zona onde se criara, púxose a ensinar na sinagoga. A xente quedaba impresionada e dicía: “De onde sacou este home esta sabedoría e o poder para facer estes milagres? 55 Pero, non é o fillo do carpinteiro? Non se chama a súa nai María? Non son os seus irmáns Santiago, Xosé, Simón e Xudas? 56 E non viven tódalas súas irmás tamén aquí? Entón, quen lle deu esta sabedoría e este poder para facer milagres?”. 57 E isto converteuse nun obstáculo para que cresen nel*. Pero Xesús díxolles: “Ó profeta dáselle honra en todas partes menos na súa terra e na súa propia casa”. 58 E como non tiñan fe, non fixo moitos milagres alí.

14 Naquel tempo, Herodes*, o gobernante do distrito*, escoitou o que contaban de Xesús 2 e díxolles ós seus servos: “Este é Xoán o Bautista, que resucitou* de entre os mortos, e por iso pode facer eses milagres”. 3 Antes de todo iso, Herodes mandara que arrestasen a Xoán, que o encadeasen e que o metesen na prisión por culpa de Herodías, a muller do seu irmán Filipo. 4 Xoán estivéralle dicindo a Herodes: “Non está permitido que ela sexa a túa muller”. 5 Herodes quería matalo, pero tíñalle medo á xente porque crían que Xoán era un profeta. 6 Durante o cumpreanos de Herodes, a filla de Herodías bailou diante de todos, e Herodes quedou tan contento 7 que xurou que lle daría calquera cousa que pedise. 8 Entón ela, pola presión da súa nai, dixo: “Tráeme a cabeza de Xoán o Bautista nunha bandexa”. 9 O rei Herodes púxose triste pero, como fixera o xuramento diante dos invitados*, mandou que lla trouxesen. 10 Así que fixo que lle cortasen a cabeza a Xoán na prisión. 11 Entón, trouxéronlle a cabeza nunha bandexa e déronlla á rapaza, e ela levoulla á súa nai. 12 Máis tarde, viñeron os discípulos de Xoán, colleron o corpo e enterrárono. Despois fóronllo contar todo a Xesús. 13 Cando lle deron a noticia, el saíu de alí nunha barca para ir a un lugar apartado onde estar só. Pero cando as multitudes o souberon, saíron das cidades e seguírono a pé.

14 Cando chegou a terra, viu unha gran multitude e sentiu moita compaixón, e curou os que estaban enfermos. 15 Pero á tardiña, os discípulos acercáronse a Xesús e dixéronlle: “Estamos nun sitio apartado e xa é tarde. Dilles ás multitudes que marchen para que vaian ás aldeas e poidan comprar comida”. 16 Xesús respondeulles: “Non fai falta que marchen. Dádelles vós de comer”. 17 Eles dixéronlle: “Aquí non temos nada máis que cinco pans e dous peixes”. 18 El contestoulles: “Traédemos”. 19 Despois, mandoulle á xente que se sentase na herba e colleu os cinco pans e os dous peixes. Entón, fixo unha oración* mirando cara ó ceo, partiu os pans, déullelos ós seus discípulos e eles repartíronos entre a xente. 20 Todos comeron e ninguén quedou con fame. Ó final, recolleron os cachos que sobraron e encheron 12 cestas. 21 En total, comeron uns 5000 homes, ademais das mulleres e dos nenos. 22 Xusto despois, díxolles ós seus discípulos que subisen á barca e que fosen cruzando á outra beira mentres el despedía as multitudes.

23 Despois de despedir a xente, Xesús subiu á montaña para estar só e orar. Ó chegar a noite, aínda seguía alí el só. 24 Nese momento, a barca xa estaba moi lonxe* da beira, e os discípulos loitaban contra as ondas porque tiñan o vento en contra. 25 Xa de madrugada*, Xesús foi cara a eles camiñando sobre o mar. 26 Cando os discípulos o viron camiñando sobre a auga, asustáronse e dixeron: “É un fantasma!”. E puxéronse a berrar cheos de medo. 27 Pero Xesús díxolles inmediatamente: “Tranquilos! Son eu. Non teñades medo”. 28 Pedro contestoulle: “Señor, se es ti, mándame que vaia onda ti camiñando sobre a auga”. 29 Xesús díxolle: “Ven!”. Así que Pedro saíu da barca e empezou a camiñar sobre a auga cara a el. 30 Pero ó fixarse na forza que tiña o vento, entroulle o medo. Entón, empezou a afundirse e berrou: “Señor, sálvame!”. 31 Xesús estirou a man inmediatamente, agarrouno e díxolle: “Home de pouca fe, por que deixaches que che entrasen as dúbidas?”. 32 Despois de que subiron á barca, o vento parou. 33 Entón os discípulos que estaban na barca inclináronse diante del* e dixéronlle: “Ti realmente es o Fillo de Deus”. 34 Ó chegar á outra beira, desembarcaron na terra de Xenesaret.

35 Cando os homes daquel lugar recoñeceron a Xesús, avisaron a xente dos arredores. As persoas trouxéronlle a tódolos que estaban enfermos, 36 e suplicábanlle que lles deixase tocar polo menos a beira do seu manto. E tódolos que o tocaban quedaban completamente curados.

15 Entón, uns fariseos e uns escribas que viñan de Xerusalén acercáronse a Xesús e dixéronlle: 2 “Por que os teus discípulos pasan por alto as tradicións dos nosos antepasados? Por exemplo, non lavan as mans* antes de comer”.

3 El respondeulles: “E vós, por que pasades por alto os mandamentos de Deus para seguir as vosas propias tradicións? 4 Por exemplo, Deus dixo ‘Honra a teu pai e a túa nai’, e tamén ‘Quen fale con desprezo do seu pai ou da súa nai* terá que morrer’. 5 Pero vós dicides: ‘Quen lle diga a seu pai ou a súa nai “Todo o que teño e que podería usar para axudarche é un regalo que lle dediquei a Deus”, 6 xa non está obrigado a honrar os seus pais’. Ó facer isto, estades anulando a palabra de Deus para seguir as vosas propias tradicións. 7 Hipócritas! Con razón Isaías profetizou sobre vós: 8 ‘Este pobo hónrame cos labios pero o seu corazón está moi lonxe de min. 9 Non vale de nada que me estean adorando, porque o que ensinan baséase en mandamentos de homes’”. 10 Entón pediulle á multitude que se acercase e dixo: “Escoitade e entendede isto: 11 o que contamina a alguén non é o que entra pola súa boca, senón o que sae da súa boca”.

12 Os discípulos acercáronse e dixéronlle: “Sabes que os fariseos se ofenderon* polo que dixeches?”. 13 El contestoulles: “Calquera planta que non plantase o meu Pai celestial será arrancada de raíz. 14 Así que deixádeos, son guías cegos. E se un cego guía outro cego, os dous caerán nun burato”. 15 Pedro díxolle: “Explícanos a comparación que puxeches antes”. 16 Entón, Xesús respondeulle: “Vós tamén seguides sen entendelo? 17 Non vos dades conta de que todo o que entra pola boca pasa polo estómago e acaba saíndo do corpo*? 18 Pero as cousas que saen pola boca veñen do corazón, e esas cousas son as que contaminan unha persoa. 19 Por exemplo, do corazón saen razoamentos malvados que poderían levar a asasinatos, adulterios, inmoralidade sexual*, roubos, falsos testemuños e blasfemias. 20 Estas son as cousas que contaminan unha persoa, pero comer sen lavar as mans* non contamina a ninguén”.

21 Xesús marchou de alí e foi á rexión de Tiro e Sidón. 22 Entón, chegou unha muller fenicia daquela zona e púxose a berrar: “Ten compaixón* de min, Señor, Fillo de David! A miña filla está posuída por un demo e está sufrindo moito”. 23 Pero el non lle contestou nin unha palabra. Así que os seus discípulos acercáronse a el e pedíronlle: “Dille que marche, porque vén detrás de nós e non para de berrar”. 24 El respondeu: “Fun enviado para axudar soamente ás persoas da nación* de Israel, que son coma ovellas perdidas”. 25 Pero a muller acercouse, inclinouse diante del* e suplicoulle: “Señor, axúdame!”. 26 Xesús respondeulle: “Non está ben quitarlles o pan ós fillos para botárllelo ós canciños”. 27 Ela díxolle: “É certo, Señor. Pero tamén é verdade que os canciños comen das miguiñas que caen da mesa dos seus donos”. 28 Entón Xesús respondeulle: “Muller, tes unha fe ben grande! Que se cumpra o que pediches”. E nese momento, a filla da muller curou.

29 Cando marchou daquel lugar, Xesús foi a un sitio que estaba cerca do mar de Galilea e subiu á montaña. Mentres estaba alí sentado, 30 acercouse moitísima xente e trouxéronlle persoas que estaban coxas, impedidas, cegas, mudas e moitas outras persoas enfermas. Poñíanas ós pés de Xesús e el curábaas. 31 A xente quedou impresionada ó ver que os mudos falaban, os impedidos quedaban curados, os coxos andaban e os cegos vían. E todos lle deron gloria ó Deus de Israel.

32 Despois, Xesús chamou os seus discípulos e díxolles: “Dáme moita pena* toda esta xente, porque xa levan tres días comigo e non teñen nada que comer. Non quero mandalos de volta con fame, non vaia ser que se desmaien polo camiño”. 33 Pero os discípulos dixéronlle: “Estamos nun sitio apartado. De onde imos sacar suficiente pan para darlle de comer a tanta xente?”. 34 Entón Xesús preguntoulles: “Cantos pans tedes?”. Eles respondéronlle: “Sete, e uns poucos peixes pequenos”. 35 Así que el mandoulle á xente que se sentase no chan, 36 colleu os sete pans e os peixes, e deulle grazas a Deus. Despois partiunos, empezou a dárllelos ós seus discípulos e eles repartíronos entre as persoas. 37 Todos comeron e ninguén quedou con fame. Ó final, co que sobrou encheron sete cestas grandes. 38 En total, comeron 4000 homes, ademais das mulleres e dos nenos. 39 Despois de despedir a xente, subiu á barca e chegou á rexión de Magadán.

16 Alí, os fariseos e os saduceos acercáronse a Xesús. Como querían poñelo a proba, pedíronlle que lles mostrase un sinal do ceo. 2 Pero Xesús díxolles: “Cando se pon o sol, dicides: ‘Mañá vai vir bo tempo, porque o ceo está vermello’. 3 E pola mañá dicides: ‘Hoxe vai vir chuvia e frío, porque o ceo está vermello pero hai nubes’. Sabedes interpretar o aspecto do ceo, pero non sodes capaces de interpretar os sinais dos tempos. 4 Sodes unha xeración infiel* e malvada que anda sempre buscando un sinal. Pero non se vos vai dar ningún, excepto o sinal do profeta Xonás”. Despois marchou e deixounos alí.

5 Entón, os discípulos cruzaron á outra beira, pero non se acordaron de levar pan. 6 Xesús díxolles: “Mantede os ollos ben abertos e tede coidado co fermento* dos fariseos e dos saduceos”. 7 Por iso, os discípulos puxéronse a comentar entre eles: “Non trouxemos pan”. 8 Como Xesús se deu conta, díxolles: “Homes de pouca fe, por que andades falando de que non trouxestes pan? 9 Aínda non o entendedes? Ou non vos acordades de que con cinco pans comeron 5000 homes, e de cantas cestas se recolleron co que sobrou? 10 Ou de que con sete pans comeron 4000 homes, e de cantas cestas grandes se recolleron? 11 Como é que non vos destes conta de que non vos estaba falando de pan? O que vos dixen foi que tivésedes coidado co fermento dos fariseos e dos saduceos”. 12 Aí foi cando entenderon que non lles estaba falando do fermento do pan, senón de ter coidado coas ensinanzas dos fariseos e dos saduceos.

13 Cando chegou á rexión de Cesarea de Filipo, Xesús preguntoulles ós seus discípulos: “Quen di a xente que é o Fillo do Home?”. 14 Eles responderon: “Algúns din que é Xoán o Bautista, outros din que é Elías e outros din que é Xeremías ou algún outro profeta”. 15 El díxolles: “E vós? Quen dicides que son eu?”. 16 Simón Pedro contestou: “Ti es o Cristo, o Fillo do Deus vivo”. 17 E Xesús respondeulle: “Alégrate, Simón, fillo de Xonás, porque iso non cho revelou ningún ser humano*, senón o meu Pai que está nos ceos. 18 Ademais, dígoche: ti es Pedro, e sobre esta roca edificarei a miña congregación, e as portas da Tumba* non a vencerán. 19 Eu dareiche as chaves do Reino dos ceos. Calquera cousa que ates na terra xa estará atada nos ceos, e calquera cousa que desates na terra xa estará desatada nos ceos”. 20 Entón, mandoulles seriamente ós discípulos que non lle contasen a ninguén que el era o Cristo.

21 Desde ese momento, Xesús empezou a explicarlles que tiña que ir a Xerusalén e que os anciáns, os sacerdotes principais e os escribas farían que pasase por moitos sufrimentos, e tamén que tiña que ser executado e resucitar* ó terceiro día. 22 Pedro levouno á parte e empezou a reprendelo, dicíndolle: “Señor, non sexas tan duro contigo mesmo! Iso nunca che vai pasar a ti”. 23 Pero Xesús deuse a volta* e díxolle: “Ponte detrás de min, Satanás! Es un estorbo no meu camiño, porque non estás pensando igual que Deus, senón igual que os homes”.

24 Despois, díxolles ós seus discípulos: “Se alguén quere chegar a ser o meu discípulo, que renuncie a si mesmo*, que colla o seu madeiro de tortura* e que me siga constantemente. 25 Quen queira salvar a súa vida vaina perder, pero quen perda a súa vida por min vaina encontrar*. 26 Porque, de que lle serve a alguén ganar o mundo enteiro se perde a vida? Ou que pode dar alguén a cambio da súa vida? 27 Porque o Fillo do Home virá cos seus anxos e coa gloria do seu Pai, e entón daralle a cada un o que merece dependendo da súa forma de actuar. 28 Asegúrovos que algúns dos que están aquí non morrerán sen antes ver o Fillo do Home vindo no seu Reino”.

17 Seis días despois, Xesús levou a Pedro, a Santiago e a Xoán (o irmán de Santiago) a unha montaña alta, e estiveron alí sós. 2 E Xesús transfigurouse* diante deles. A súa cara resplandecía coma o sol e a súa roupa volveuse brillante* coma a luz. 3 De repente, aparecéronselles Moisés e Elías falando con Xesús. 4 Entón, Pedro díxolle a Xesús: “Señor, que ben que esteamos aquí! Se queres, podo montar tres tendas: unha para ti, unha para Moisés e outra para Elías”. 5 Mentres aínda estaba falando, de repente, cubriunos unha nube brillante. Entón, escoitouse unha voz que viña da nube e dicía: “Este é o meu querido Fillo. El ten a miña aprobación. Escoitádeo”. 6 Cando os discípulos oíron iso, tiveron moitísimo medo, botáronse ó chan e baixaron a cabeza. 7 Entón Xesús acercouse a eles, tocounos e díxolles: “Levantádevos. Non teñades medo”. 8 Cando levantaron a cabeza, só viron a Xesús. 9 Mentres baixaban da montaña, Xesús mandoulles: “Non lle faledes desta visión a ninguén ata que o Fillo do Home sexa resucitado* de entre os mortos”.

10 Pero os discípulos preguntáronlle: “E logo, por que din os escribas que Elías ten que vir antes que o Cristo?”. 11 El respondeulles: “É certo que primeiro ten que vir Elías para restablecer tódalas cousas. 12 Pero dígovos que Elías xa veu e eles non o recoñeceron, senón que fixeron con el o que quixeron. Da mesma forma, tamén farán que o Fillo do Home sufra”. 13 Nese momento, os discípulos déronse conta de que lles estaba falando de Xoán o Bautista.

14 Cando chegaron onde estaba a multitude, un home acercouse a Xesús, púxose de xeonllos diante del e díxolle: 15 “Señor, ten compaixón* do meu fillo, porque é epiléptico e está moi maliño, e moitas veces cae no lume ou na auga. 16 Tróuxeno onda os teus discípulos, pero non puideron curalo”. 17 Xesús respondeu: “Esta xeración é moi retorcida e non ten fe ningunha! Canto tempo máis vou ter que estar con vós? Ata cando terei que soportarvos? Traédemo aquí”. 18 Entón, Xesús reprendeu o demo que estaba dentro do rapaz, o demo saíu do rapaz e o rapaz quedou curado nese momento. 19 Despois, os discípulos foron onda Xesús e preguntáronlle en privado: “Por que nós non puidemos botar fóra ese demo?”. 20 El respondeulles: “Porque tedes pouca fe. Asegúrovos que, se a vosa fe é do tamaño dun gran de mostaza, dirédeslle a esta montaña ‘Móvete de aquí para alí’ e moverase. E nada será imposible para vós”. 21 —*

22 Mentres estaban xuntos en Galilea, Xesús díxolles: “O Fillo do Home vai ser traizoado e entregado nas mans dos seus inimigos. 23 Eles vano matar e ó terceiro día será resucitado*”. Cando os discípulos escoitaron iso, puxéronse moi tristes.

24 Despois de que Xesús e os seus discípulos chegaron a Capernaúm, os homes que cobraban o imposto do templo* acercáronse a Pedro e preguntáronlle: “Seica o voso mestre non paga o imposto do templo?”. 25 El contestoulles: “Si que o paga”. Pero cando Pedro entrou na casa, Xesús preguntoulle antes de que el puidese dicir nada: “Que pensas, Simón? A quen lles cobran impostos e tributos* os reis da terra? Ós seus fillos ou ás demais persoas?”. 26 Cando el lle contestou “Ás demais persoas”, Xesús díxolle: “Iso quere dicir que os seus fillos non teñen que pagar impostos. 27 Pero para que non se escandalicen*, vai ó mar e bota o anzol. Cando abras a boca do primeiro peixe que pesques, atoparás unha moeda de prata*. Cóllea e dállela a eles por min e por ti”.

18 Naquela ocasión, os discípulos acercáronse a Xesús e preguntáronlle: “Entón, quen é o maior no Reino dos ceos?”. 2 El chamou un neno, púxoo no medio deles 3 e dixo: “Asegúrovos que se non cambiades* e non chegades a ser coma nenos, nunca ides entrar no Reino dos ceos. 4 Por iso, quen se faga humilde coma este neno será o maior no Reino dos ceos. 5 E quen recibe a un neno coma este por causa do meu nome tamén me recibe a min. 6 Pero se alguén fai tropezar* a unha desas persoas que son coma nenos* e que teñen fe en min, seríalle mellor que lle colgasen ó pescozo unha desas pedras de muíño que os burros fan xirar e que o afundisen en mar aberto.

7 ”Pobres das persoas deste mundo que fagan tropezar a outros! Claro, é inevitable que haxa cousas que fagan tropezar, pero pobre de quen as provoque! 8 Por iso, se a túa man ou o teu pé te fan tropezar*, córtaos e tíraos lonxe de ti. É mellor que consigas a vida aínda que sexa manco ou coxo, e non que te boten coas dúas mans ou cos dous pés no lume eterno*. 9 E se o teu ollo te fai tropezar, arráncao e tírao lonxe de ti. É mellor que consigas a vida cun só ollo, e non que te boten cos dous ollos na Guehena* de lume. 10 Tede coidado de non desprezar a unha desas persoas que son coma nenos. Porque vos digo que os seus anxos no ceo sempre ven o rostro do* meu Pai que está no ceo. 11 —*

12 ”Que pensades? Se un home ten 100 ovellas e se perde unha delas, non credes que deixará as outras 99 nas montañas e se poñerá a buscar a que anda perdida? 13 Se a encontra, asegúrovos que se vai alegrar máis por esa que polas 99 que non se perderon. 14 Da mesma maneira, o meu* Pai que está no ceo non quere que se perda nin sequera unha desas persoas que son coma nenos.

15 ”Así que se o teu irmán peca contra ti, vai falar con el en privado e faille ver o seu erro*. Se te escoita, recuperaches o teu irmán*. 16 Pero se non te escoita, leva contigo unha ou dúas persoas máis para que todo se poida confirmar* co testemuño* de dúas ou tres persoas. 17 Se non as escoita a elas, infórmallo á congregación*. E se tampouco escoita a congregación, trátao coma se fose alguén das nacións e coma un cobrador de impostos.

18 ”Asegúrovos que calquera cousa que atedes na terra xa estará atada no ceo, e calquera cousa que desatedes na terra xa estará desatada no ceo. 19 Tamén vos aseguro que se dous de vós na terra estades de acordo en pedir algo importante, farase realidade grazas ó meu Pai que está no ceo. 20 Porque onde están dous ou tres reunidos no meu nome, alí estou eu no medio deles”.

21 Entón, Pedro acercouse a Xesús e preguntoulle: “Señor, se meu irmán peca contra min, cantas veces teño que perdoalo? Ata 7 veces?”. 22 El contestoulle: “Non ata 7 veces, senón ata 77 veces.

23 ”Por iso, o Reino dos ceos pódese comparar a un rei que quixo que os seus escravos lle pagasen o que lle debían. 24 Cando empezou a botar contas, trouxéronlle a un que lle debía 10.000 talentos*. 25 Como o escravo non tiña suficientes cartos para pagarlle, o rei mandou que o vendesen a el, a súa muller, os seus fillos e tódalas cousas que tiña para que se pagase o que debía. 26 Pero o escravo botouse ó chan, inclinouse diante del* e suplicoulle: ‘Ten paciencia comigo e pagareicho todo’. 27 Isto tocoulle o corazón ó rei, así que deixou marchar o escravo e perdooulle o que lle debía. 28 Pero cando o escravo saíu, encontrouse cun compañeiro seu que tamén era escravo e que lle debía 100 denarios. Entón, agarrouno polo pescozo, empezou a afogalo e díxolle: ‘Paga todo o que me debes!’. 29 O outro escravo botouse ó chan diante del e suplicoulle: ‘Ten paciencia comigo e pagareicho’. 30 Pero el non quixo. Marchou e mandou que o metesen en prisión ata que puidese pagar o que debía. 31 Cando os demais escravos viron o que pasara, puxéronse moi tristes e fóronllo contar todo ó rei. 32 Entón o rei mandouno chamar e díxolle: ‘Escravo malvado! Cando ti me suplicaches, eu perdoeiche todo o que me debías. 33 Non deberías terlle misericordia ó teu compañeiro igual que cha tiven eu a ti?’. 34 O rei enfadouse tanto que o entregou ós gardas da prisión para que o encerrasen ata que pagase todo o que debía. 35 Así é como vos vai tratar a vós o meu Pai celestial se non perdoades de corazón os vosos irmáns”.

19 Cando Xesús acabou de falar destas cousas, saíu de Galilea e chegou ós límites de Xudea, ó outro lado do río Xordán. 2 Seguírono moitísimas persoas, e el curou os enfermos alí.

3 Entón, uns fariseos que querían poñelo a proba viñeron onda el e preguntáronlle: “Está permitido que un home se divorcie da súa muller por calquera motivo?”. 4 El respondeulles: “Seica non lestes que, no principio, quen creou os humanos fíxoos home e muller, 5 e dixo: ‘Por esa razón, o home deixará o seu pai e a súa nai, unirase* á súa muller e os dous serán unha soa carne*’? 6 Así que xa non son dous, senón unha soa carne. Polo tanto, o que Deus uniu*, que non o separe ningún home”. 7 Eles dixéronlle: “E logo, por que Moisés lle mandou ó home que quixese divorciarse da súa muller que lle dese un certificado de divorcio e despois a despedise?”. 8 El respondeulles: “Moisés permitiu que vos divorciásedes das vosas mulleres porque tedes o corazón duro, pero ó principio non era así. 9 Eu dígovos que todo home que se divorcie da súa muller, a non ser que sexa por inmoralidade sexual*, e case con outra, comete adulterio”.

10 Os discípulos dixéronlle: “Se isto é así entre un home e a súa muller, é mellor non casar”. 11 El díxolles: “Non todos son capaces de facer isto, só os que teñen o don*. 12 Algúns eunucos* xa naceron así, a outros fixéronos eunucos os homes, pero hai outros que se fixeron eunucos eles mesmos polo Reino dos ceos. Quen poida cumprir con isto, que o faga”.

13 Despois, trouxéronlle algúns nenos para que puxese as mans sobre eles* e orase por eles, pero os discípulos reprendéronos. 14 Entón Xesús dixo: “Deixade os nenos tranquilos. Non intentedes impedirlles que se acerquen a min, porque o Reino dos ceos é dos que son coma eles”. 15 E el bendiciu* os nenos e marchou de alí.

16 Máis tarde, acercouse un home e preguntoulle: “Mestre, que cousas boas teño que facer para conseguir a vida eterna?”. 17 El díxolle: “Por que me preguntas a min polo que é bo? Só hai un que é bo. Aínda así, se queres conseguir a vida, obedece sempre os mandamentos”. 18 El preguntoulle: “Cales?”. E Xesús contestoulle: “Non asasines, non cometas adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, 19 honra a teu pai e a túa nai, e ama os demais* como te amas a ti mesmo”. 20 O mozo contestoulle: “Todos eses mandamentos xa os obedezo sempre. Que é o que me falta?”. 21 Xesús respondeulle: “Se queres ser perfecto*, vai, vende o que tes e dálles os cartos ós pobres. Así, terás un tesouro no ceo. Despois ven e faite o meu discípulo*”. 22 Cando o mozo escoitou isto, marchou moi triste, porque tiña moitos bens. 23 Entón, Xesús díxolles ós seus discípulos: “Asegúrovos que para un rico será difícil entrar no Reino dos ceos. 24 E dígovos outra vez que é máis fácil para un camelo pasar polo burato* dunha agulla que para un rico entrar no Reino de Deus”.

25 Cando escoitaron isto, os discípulos quedaron moi sorprendidos e dixeron: “Entón, quen se poderá salvar?”. 26 Xesús mirounos ós ollos e díxolles: “Para os humanos isto é imposible, pero para Deus tódalas cousas son posibles”.

27 Entón Pedro dixo: “Mira que nós xa o deixamos todo e seguímoste. Que vai haber para nós?”. 28 Xesús respondeulles: “Asegúrovos que cando chegue o tempo de facelo todo novo* e o Fillo do Home se sente no seu glorioso trono, vós, os que me seguistes, sentarédesvos en 12 tronos e xulgaredes as 12 tribos de Israel. 29 E todo aquel que deixou casas, irmáns, irmás, pai, nai, fillos ou terras por ser o meu seguidor recibirá 100 veces máis e herdará a vida eterna.

30 ”Pero moitos dos primeiros serán os últimos, e moitos dos últimos serán os primeiros.

20 ”Porque o Reino dos ceos é coma o dono dun terreo que saíu moi cedo pola mañá para contratar traballadores para a súa viña. 2 Púxose de acordo cos traballadores en que lles pagaría un denario* ó día, e despois mandounos á viña. 3 Arredor das 9 da mañá*, volveu a saír e viu algúns homes na praza do mercado que estaban alí de pé sen traballo. 4 Así que el díxolles: ‘Ide vós tamén á viña e pagareivos o que sexa xusto’. 5 E eles foron. Despois, saíu outra vez arredor das 12 do mediodía* e tamén arredor das 3 da tarde*, e volveu facer o mesmo. 6 Por último, saíu arredor das 5 da tarde*, encontrou outros homes alí parados e preguntoulles: ‘Por que estivestes aquí todo o día sen traballar?’. 7 Eles contestáronlle: ‘Porque ninguén nos contratou’. E el díxolles: ‘Vinde vós tamén á miña viña’.

8 ”Ó poñerse o sol, o dono da viña díxolle ó encargado: ‘Manda vir os traballadores e págalles. Empeza polos últimos e acaba polos primeiros’. 9 Cando chegaron os traballadores das 5 da tarde, cada un cobrou un denario. 10 Por iso, os primeiros esperaban cobrar máis cando chegaron, pero a eles tamén se lles pagou un denario. 11 En canto cobraron, empezaron a queixarse do dono da viña 12 e dixéronlle: ‘Estes que viñeron ó final só traballaron unha hora, e ti trátalos igual que a nós, que estivemos traballando todo o día ó sol con toda a calor!’. 13 Pero el respondeulle a un deles: ‘Amigo, eu non fun inxusto contigo. Ti mais eu quedamos en que che ía pagar un denario, non? 14 Pois colle o teu e vaite. Eu quero darlle o mesmo ó último que a ti. 15 Seica non teño dereito a facer o que quero co que é meu? Ou é que tes envexa porque son xeneroso* con eles?’. 16 Desta maneira, os últimos serán os primeiros e os primeiros serán os últimos”.

17 Mentres subían cara a Xerusalén, Xesús levou os 12 discípulos á parte para falar con eles e díxolles: 18 “Escoitade. Estamos subindo a Xerusalén, e alí o Fillo do Home vai ser entregado ós sacerdotes principais e ós escribas, e eles condenarano á morte. 19 Ademais, entregarano a homes das nacións que se burlarán del, daranlle lategazos e executarano nun madeiro. Pero ó terceiro día será resucitado*”.

20 Entón, a muller de Zebedeo acercouse a Xesús cos seus dous fillos e inclinouse diante del* para pedirlle algo. 21 El preguntoulle: “Que queres?”. Ela contestoulle: “Manda que os meus dous fillos se senten contigo no teu Reino, un á túa dereita e outro á túa esquerda”. 22 Xesús respondeu: “Non sabedes o que estades pedindo. Podedes beber da copa* da que eu estou a punto de beber?”. Eles dixéronlle: “Si que podemos”. 23 E el contestoulles: “É certo que beberedes da miña copa, pero non son eu o que escolle quen se vai sentar á miña dereita ou á miña esquerda. É meu Pai quen decide quen se pode sentar aí”.

24 Cando os outros 10 souberon o que pasara, enfadáronse moito cos dous irmáns. 25 Entón Xesús xuntounos a todos e díxolles: “Xa sabedes que os gobernantes das nacións dominan o pobo e que os homes importantes teñen autoridade sobre a xente. 26 Pero entre vós non debe ser así. O que queira chegar a ser grande entre vós ten que servir os* demais, 27 e o que queira ser o primeiro entre vós ten que ser escravo dos demais. 28 Iso foi o que fixo o Fillo do Home. El non veu para que o servisen, senón para servir os demais e para dar a súa vida como rescate a cambio de moitas persoas”.

29 Cando estaban saíndo de Xericó, seguiuno moita xente. 30 Entón, dous homes cegos que estaban sentados á beira do camiño escoitaron que Xesús pasaba por alí e berraron: “Señor, Fillo de David, ten compaixón* de nós!”. 31 A xente reprendeunos e díxolles que calasen, pero eles berraron aínda máis forte: “Señor, Fillo de David, ten compaixón de nós!”. 32 Así que, Xesús parou, chamounos e díxolles: “Que queredes que faga por vós?”. 33 Eles contestáronlle: “Señor, fai que poidamos ver”. 34 Xesús sentiu tanta compaixón por eles que lles tocou os ollos. Entón, recuperaron a vista inmediatamente e seguírono.

21 Cando estaban cerca de Xerusalén, pararon en Betfagué, no Monte das Oliveiras, e Xesús díxolles a dous dos seus discípulos: 2 “Ide á aldea que vedes alí. En canto cheguedes, encontraredes unha burra atada e un burriño con ela. Desatádeos e traédemos. 3 Se alguén vos di algo, respondédelle: ‘O Señor necesítaos’. E inmediatamente deixará que os levedes”.

4 Isto pasou para que se cumprise o que se dixera mediante o profeta: 5 “Dicídelle á filla de Sión: ‘Mira! O teu rei vén cara a ti. É apracible* e vai montado nun burro, si, nun burriño, na cría dun animal de carga’”.

6 Así que os discípulos foron e fixeron tal como Xesús lles mandara. 7 Trouxéronlle a burra co seu burriño, puxéronlles os seus mantos enriba e Xesús sentouse no burriño. 8 Alí había unha multitude e a maioría das persoas estenderon os seus mantos no camiño. Outras empezaron a cortar follas de palmeiras e a poñelas tamén polo camiño. 9 Ademais, as multitudes que ían diante del e as que o seguían berraban: “Deus, por favor, salva* o Fillo de David! Bendito o que vén no nome de Xehová*! Deus que estás nas alturas, sálvao, por favor!”.

10 Cando entrou en Xerusalén, armouse un barullo moi grande en toda a cidade e a xente preguntaba: “Quen é este?”. 11 E as multitudes que estaban con el respondían: “É o profeta Xesús, de Nazaret de Galilea!”.

12 Xesús entrou no templo e botou fóra a tódolos que vendían e compraban alí. Tirou as mesas dos que cambiaban cartos e os bancos dos que vendían pombas, 13 e díxolles: “Está escrito ‘A miña casa será chamada casa de oración’, pero vós estádela convertendo nunha cova de ladróns”. 14 Mentres estaba no templo, tamén se lle acercaron persoas cegas e coxas, e el curounas.

15 Os sacerdotes principais e os escribas indignáronse ó ver as cousas impresionantes que facía Xesús e que os nenos berraban no templo: “Deus, por favor, salva o Fillo de David!”. 16 Entón dixéronlle a Xesús: “Escoitas o que están dicindo?”. E el respondeulles: “Si, escoito. Seica nunca lestes isto: ‘Fixeches que saíse louvanza da boca dos nenos e dos meniños ós que aínda lles están dando o peito’?”. 17 Despois deixounos, saíu da cidade, marchou para Betania e pasou alí a noite.

18 Pola mañá cedo, cando volvía á cidade, entroulle a fame. 19 Entón viu unha figueira ó lado do camiño e acercouse a ela, pero non encontrou nada máis que follas. Por iso lle dixo: “Que nunca máis volvas a dar froito”. E a figueira secou no momento. 20 Cando os discípulos viron isto, quedaron coa boca aberta e dixeron: “Como é posible que a figueira secase de repente?”. 21 Xesús respondeulles: “Se tedes fe e non dubidades, asegúrovos que non só faredes o que fixen eu coa figueira. Tamén lle diredes a esta montaña ‘Levántate e bótate ó mar’, e así pasará. 22 Se tedes fe, recibiredes todo o que pidades cando oredes”.

23 Despois entrou no templo e os sacerdotes principais e os anciáns do pobo acercáronse a el mentres ensinaba, e preguntáronlle: “Con que autoridade fas estas cousas? Quen che deu esa autoridade?”. 24 Xesús respondeulles: “Eu tamén vos vou facer unha pregunta. Se ma contestades, direivos con que autoridade fago estas cousas. 25 De onde viña a autoridade de Xoán para bautizar? Do ceo ou dos homes?”. Entón empezaron a razoar entre eles e a dicir: “Se respondemos que viña do ceo, vainos preguntar: ‘E logo, por que non lle crestes?’. 26 Pero se dicimos que viña dos homes, dá medo pensar en como vai reaccionar a xente, porque todos cren que Xoán foi un profeta”. 27 Por iso lle contestaron: “Non sabemos”. Entón Xesús díxolles: “Pois eu tampouco vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas.

28 ”A ver que pensades disto. Un home que tiña dous fillos acercouse ó primeiro e díxolle: ‘Fillo, vai traballar hoxe á viña’. 29 El contestoulle: ‘Non quero ir’. Pero ó final arrepentiuse e foi. 30 Despois, o pai díxolle o mesmo ó outro fillo e el respondeulle: ‘Vou, pai*’. Pero ó final non foi. 31 Cal dos dous fillos fixo o que quería seu pai?”. Eles contestaron: “O primeiro”. Entón Xesús díxolles: “Asegúrovos que os cobradores de impostos e as prostitutas van diante de vós ó Reino de Deus*. 32 Porque Xoán veu para ensinarvos o camiño correcto* e non crestes nel, pero os cobradores de impostos e as prostitutas si que creron. E vós nin sequera vendo iso vos arrepentistes e crestes nel.

33 ”Escoitade outra comparación. O dono dun terreo plantou unha viña e rodeouna cunha cerca. Ademais cavou un lagar e tamén levantou unha torre. Despois arrendoulles a viña a uns agricultores e marchou ó estranxeiro. 34 Cando chegou a temporada da vendima, enviou os seus escravos onda os agricultores para que lles desen a parte que lle correspondía do que recolleran*. 35 Pero os agricultores colleron os escravos, déronlle unha malleira a un, asasinaron a outro e mataron a outro a pedradas. 36 O dono volveu mandar escravos, máis que da primeira vez, pero fixéronlles o mesmo. 37 Ó final mandou o seu fillo, porque pensaba: ‘Ó meu fillo vano respectar’. 38 Pero cando os agricultores viron o fillo, dixéronse uns ós outros: ‘Este é o herdeiro. Veña! Ímolo matar, e así quedamos nós co terreo*’. 39 Entón collérono, sacárono fóra da viña e matárono. 40 Cando chegue o dono da viña, que lles vai facer ós agricultores?”. 41 Os sacerdotes principais e os anciáns contestáronlle: “Por ser tan malas persoas, acabará por completo con eles e arrendaralles a viña a outros agricultores, que lle darán o que recollan* cando chegue o tempo da colleita”.

42 Xesús díxolles: “As Escrituras din: ‘A pedra que os construtores rechazaron chegou a ser a pedra angular principal*. Esta veu de Xehová* e para nós é marabillosa’. Seica nunca lestes isto? 43 Por iso vos digo: quitarásevos o Reino de Deus e daráselle a unha nación que dea bos froitos*. 44 Ademais, quen caia sobre esta pedra quedará feito pedazos. E se esta pedra lle cae enriba a alguén, quedará desfeito”.

45 Cando os sacerdotes principais e os fariseos oíron as comparacións que poñía Xesús, déronse conta de que falaba deles. 46 Aínda que querían arrestalo, tíñanlles medo ás multitudes, porque crían que era un profeta.

22 Unha vez máis, Xesús faloulles usando comparacións e díxolles: 2 “O Reino dos ceos pode compararse a un rei que fixo un banquete de voda para o seu fillo. 3 Mandoulles ós seus escravos que fosen chamar os invitados ó banquete, pero os invitados non quixeron vir. 4 Despois, mandou outros escravos para que lles dixesen: ‘Xa teño a comida preparada. Xa mataron os touros e os animais cebados, e está todo listo. Vinde ó banquete’. 5 Pero os invitados non lles fixeron caso e marcharon. Un foi para a súa leira, outro foi para o seu negocio 6 e os demais colleron os escravos, insultáronos, maltratáronos e matáronos.

7 ”Entón, o rei púxose furioso e enviou os seus exércitos, e eles mataron aqueles asasinos e queimaron a cidade. 8 Despois, díxolles ós seus escravos: ‘O banquete está listo, pero os que estaban invitados non o merecían. 9 Así que ide ós camiños que saen da cidade e invitade ó banquete a tódolos que encontredes’. 10 Os escravos saíron ós camiños e xuntaron a tódolos que encontraron, tanto bos coma malos. E a sala de vodas encheuse de invitados*.

11 ”Cando o rei entrou para ver os invitados, fixouse en que un home non ía vestido de voda. 12 Así que lle dixo: ‘Amigo, como te presentas aquí sen ir vestido de voda?’. E o home quedou calado. 13 Entón o rei díxolles ós seus servos: ‘Atádelle as mans e os pés e botádeo fóra, á escuridade. Aí é onde chorará cheo de desesperación e de rabia*’.

14 ”Porque moitos están invitados, pero poucos son escollidos”.

15 Despois, os fariseos marcharon e puxéronse a conspirar para entrampar a Xesús e acusalo por algo que dixese. 16 Así que mandaron uns discípulos deles, xunto con algúns membros do partido de Herodes, para que lle dixesen a Xesús: “Mestre, sabemos que sempre dis a verdade, que ensinas a verdade acerca de Deus e que non buscas a aprobación de ninguén porque non te deixas levar polo que aparentan ser as persoas. 17 Por iso, dinos, que pensas? Está ben pagarlle o imposto* a César ou non?”. 18 Pero como Xesús vía a maldade que tiñan, díxolles: “Por que me poñedes a proba, hipócritas? 19 Ensinádeme a moeda coa que se paga o imposto”. E eles trouxéronlle un denario*. 20 El preguntoulles: “De quen é a imaxe e o nome que aparecen aquí?”. 21 E eles responderon: “De César*”. Así que Xesús díxolles: “Pois pagádelle a César o que é de César, pero a Deus o que é de Deus”. 22 Cando oíron iso, quedaron moi sorprendidos. Entón marcharon e deixárono tranquilo.

23 Ese mesmo día viñeron os saduceos (que din que non hai resurrección) e preguntáronlle: 24 “Mestre, Moisés dixo: ‘Se un home morre sen ter fillos, o seu irmán debe casar coa viúva para darlle descendencia ó que morreu’. 25 Pois resulta que con nós había sete irmáns. O primeiro casou, pero despois morreu e, como non tivera fillos, o seu irmán casou coa viúva. 26 O mesmo pasou co segundo e co terceiro irmán, e así ata o sétimo. 27 Despois de morrer todos, a muller tamén morreu. 28 Entón dinos: cando resuciten, cal dos sete vai ser o seu home? Porque todos estiveron casados con ela”.

29 Xesús respondeulles: “Estades equivocados, porque non coñecedes nin as Escrituras nin o poder de Deus. 30 Na resurrección, nin os homes nin as mulleres casan, porque son coma os anxos no ceo. 31 Seica non lestes o que Deus vos dixo sobre a resurrección dos mortos? El declarou: 32 ‘Eu son o Deus de Abrahán, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob’. Pois el non é Deus de mortos, senón de vivos”. 33 Ó escoitar isto, as multitudes quedaron impactadas polo que ensinaba.

34 Cando os fariseos escoitaron que Xesús deixara os saduceos sen palabras, xuntáronse con eles e foron a velo. 35 Entón un deles, que era experto na Lei, quixo poñelo a proba e preguntoulle: 36 “Mestre, cal é o mandamento máis importante da Lei?”. 37 El respondeulle: “‘Ama a Xehová* o teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma* e con toda a túa mente’. 38 Este é o primeiro mandamento e o máis importante. 39 O segundo, que é parecido a este, é: ‘Ama os demais* como te amas a ti mesmo’. 40 Toda a Lei e os Profetas baséanse nestes dous mandamentos”.

41 Mentres os fariseos estaban alí todos xuntos, Xesús preguntoulles: 42 “Que pensades do Cristo? De quen é fillo?”. Eles contestaron: “De David”. 43 E el preguntoulles: “Entón, como é que David, guiado polo espírito, lle chama Señor? Porque el dixo: 44 ‘Xehová* díxolle ó meu Señor: “Séntate á miña dereita ata que poña os teus inimigos debaixo dos teus pés”’. 45 Pero se David lle chama Señor, como pode ser o Cristo o seu fillo?”. 46 E ninguén foi capaz de responderlle nada. Desde ese momento, ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas.

23 Entón Xesús díxolles ós seus discípulos e ás multitudes: 2 “Os escribas e os fariseos pensan que teñen a mesma autoridade que tiña Moisés. 3 Por iso, facede e cumpride todo o que din pero non o que fan, porque non fan o que ensinan. 4 Preparan cargas pesadas e póñenas nos ombros da xente, pero eles non queren movelas nin cun dedo. 5 Todo o que fan é para que a xente os vexa. Agrandan as caixiñas con porcións das Escrituras que levan como amuletos* e fan máis longos os cordóns que colgan da beira da súa roupa. 6 Gústalles ocupar os sitios máis importantes nas ceas, sentarse nos mellores asentos* nas sinagogas, 7 que a xente os saúde nas prazas dos mercados e que lles chamen rabí*. 8 Pero vós non deixedes que vos chamen rabí, porque só tedes un Mestre e todos sodes irmáns. 9 Ademais, non lle chamedes pai a ninguén na terra, porque só tedes un Pai, o que está no ceo. 10 Tampouco deixedes que vos chamen líder, porque só tedes un Líder, o Cristo. 11 Máis ben, que o máis grande entre vós sirva os* demais. 12 Quen se pon por riba doutros será humillado, pero a quen é humilde poñerano por riba dos demais.

13 ”Pobres de vós, escribas e fariseos! Hipócritas! Porque lle pechades a porta do Reino dos ceos á xente, e nin entrades vós nin deixades pasar os que están intentando entrar. 14 —*

15 ”Pobres de vós, escribas e fariseos! Hipócritas! Porque cruzades terra e mar para que unha soa persoa se faga xudía*, e cando chega a selo, facedes que mereza a Guehena* o dobre ca vós.

16 ”Pobres de vós, guías cegos! Porque dicides: ‘Se alguén xura polo templo, non significa nada. Pero se alguén xura polo ouro do templo, está obrigado a cumprir co seu xuramento’. 17 Que parvos e cegos sodes! Que é máis importante? O ouro ou o templo que fixo que ese ouro sexa sagrado? 18 Ademais, dicides: ‘Se alguén xura polo altar, non significa nada. Pero se alguén xura pola ofrenda que está sobre o altar, está obrigado a cumprir co seu xuramento’. 19 Que cegos estades! Que é máis importante? A ofrenda ou o altar que fai que esa ofrenda sexa sagrada? 20 Por iso, o que xura polo altar está xurando polo altar e por todo o que hai enriba del. 21 O que xura polo templo está xurando polo templo e por Deus, que reside nel. 22 E o que xura polo ceo está xurando polo trono de Deus e polo que está sentado nel.

23 ”Pobres de vós, escribas e fariseos! Hipócritas! Porque dades a décima parte* da menta, do aneto* e do comiño, pero descoidastes os asuntos máis importantes da Lei: a xustiza, a misericordia e a fidelidade. É verdade que había que dar a décima parte desas cousas, pero sen descoidar as cousas máis importantes da Lei. 24 Guías cegos! Non deixades pasar o mosquito* pero tragades o camelo!

25 ”Pobres de vós, escribas e fariseos! Hipócritas! Porque sodes coma unha copa e un prato que están limpos por fóra, pero por dentro estades cheos de cobiza* e de desexos descontrolados. 26 Fariseo cego! Limpa primeiro a copa e o prato por dentro, e así quedará limpa tamén a parte de fóra.

27 ”Pobres de vós, escribas e fariseos! Hipócritas! Porque parecedes tumbas pintadas de branco*, que se ven moi bonitas por fóra pero por dentro están cheas de ósos de mortos e de todo tipo de impureza. 28 Así é como sodes vós. Por fóra, diante da xente, parecedes persoas xustas, pero por dentro estades cheos de hipocrisía e maldade*.

29 ”Pobres de vós, escribas e fariseos! Hipócritas! Porque renovades as sepulturas dos profetas, adornades as tumbas* dos xustos 30 e dicides: ‘Se vivísemos nos días dos nosos antepasados, non seriamos cómplices do asasinato dos profetas’. 31 Desta maneira, vós mesmos estades admitindo que sodes fillos dos que os asasinaron. 32 Pois veña, acabade o que empezaron os vosos antepasados.

33 ”Serpes, crías de víboras! Como ides escapar de ser xulgados e botados na Guehena*? 34 Por esta razón, vouvos mandar profetas, sabios e mestres*. A algúns matarédelos e executarédelos en madeiros, e a outros darédeslles lategazos nas vosas sinagogas e perseguirédelos en tódalas cidades. 35 Por iso acabaredes pagando polo sangue de tódolos xustos que se derramou sobre a terra: desde o sangue do xusto Abel ata o sangue de Zacarías, o fillo de Baraquías, a quen vós asasinastes entre o santuario e o altar. 36 Asegúrovos que esta xeración terá que pagar por todas estas cousas.

37 ”Xerusalén, Xerusalén, a que asasina os profetas e mata a pedradas os que son enviados a ela... Cantas veces quixen xuntar os teus fillos igual que a galiña xunta os seus pitiños debaixo das súas alas! Pero non quixestes. 38 Pois, mirade! A vosa casa* queda abandonada e déixase nas vosas mans*. 39 E dígovos que a partir de agora non me veredes máis ata que digades: ‘Bendito o que vén no nome de Xehová*!’”.

24 Cando Xesús saía do templo, acercáronselle os seus discípulos e sinaláronlle os edificios do templo. 2 Entón, el preguntoulles: “Vedes todas estas cousas? Asegúrovos que de ningunha maneira quedará aquí pedra sobre pedra. Todo isto vai ser derribado”.

3 Mentres el estaba sentado no Monte das Oliveiras, os discípulos acercáronse en privado e preguntáronlle: “Dinos, cando pasarán esas cousas? E cal será o sinal da túa presenza* e da parte final do sistema*?”.

4 Xesús contestoulles: “Tede coidado de que ninguén vos engane, 5 porque moitos virán usando o meu nome e dicindo ‘Eu son o Cristo’, e enganarán a moita xente. 6 Ides oír o ruído de guerras que están cerca e escoitaredes noticias de guerras que están lonxe. Aínda así non vos alarmedes, porque estas cousas teñen que suceder, pero aínda non é o fin.

7 ”As nacións loitarán* unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros, e en moitos lugares haberá fame e terremotos. 8 Todas estas cousas son o principio de grandes sufrimentos*.

9 ”Entón perseguiranvos* e mataranvos, e tódalas nacións odiaranvos porque sodes os meus seguidores*. 10 E entón moitos perderán a fe*, traizoaranse uns ós outros e odiaranse uns ós outros. 11 Aparecerán moitos profetas falsos que enganarán a moita xente 12 e, ó aumentar a maldade*, apagarase* o amor da maioría. 13 Pero Deus salvará a quen aguante ata o fin. 14 E as boas noticias do Reino predicaranse* por toda a terra habitada para dar testemuño a tódalas nacións*, e entón virá o fin.

15 ”Polo tanto, cando vexades a cousa noxenta que causa destrución, da que falou o profeta Daniel, de pé no lugar santo (que o lector entenda ben* o que se dixo), 16 entón os que estean en Xudea, que escapen para as montañas. 17 Quen estea na azotea da súa casa, que non baixe a coller as súas cousas, 18 e quen estea no campo, que non volva a buscar o seu manto. 19 Pobres das mulleres que estean embarazadas ou dando o peito neses días! 20 Orade unha e outra vez para que non teñades que escapar en inverno ou en sábado. 21 Porque entón haberá unha gran tribulación*. Desde o principio do mundo ata agora, non houbo unha tribulación igual, nin nunca máis a haberá. 22 De feito, se ese tempo non se acortase, non se salvaría ninguén, pero vaise acortar polos escollidos.

23 ”Entón, se alguén vos di ‘Mirade! O Cristo está aquí!’ ou ‘Está alá!’, non o creades. 24 Porque haberá cristos falsos e profetas falsos que farán grandes milagres* e cousas impresionantes para intentar enganar incluso os escollidos. 25 Recordade que vos avisei con antelación. 26 Por iso, se alguén vos di sobre o Cristo ‘Mirade! Está no deserto’, non vaiades. E se alguén vos di ‘Mirade! Está dentro da casa’, non o creades. 27 Porque a presenza* do Fillo do Home será coma o lóstrego que aparece no leste e se pode ver incluso desde o oeste. 28 As aguias xuntaranse onde estea o cadáver.

29 ”Inmediatamente despois da tribulación deses días, o sol escurecerá, a lúa non brillará máis, as estrelas caerán do ceo e os poderes dos ceos serán sacudidos. 30 Entón, o sinal do Fillo do Home aparecerá no ceo e tódolos pobos* da terra lamentaranse dándose golpes no peito. Verán o Fillo do Home vindo sobre as nubes do ceo con poder e gran gloria. 31 E el enviará os seus anxos cun gran son de trompeta, e eles reunirán os seus escollidos desde os catro ventos*, desde un extremo dos ceos ata o outro.

32 ”Aprendede desta comparación sobre a figueira. Cando lle medran pólas novas e bota follas, sabedes que o verán está cerca. 33 Igualmente, cando vexades que pasan todas estas cousas, sabede que o Fillo do Home está cerca, ás portas. 34 Asegúrovos que de ningunha maneira desaparecerá esta xeración ata que sucedan todas estas cousas. 35 O ceo e a terra desaparecerán, pero as miñas palabras non desaparecerán nunca.

36 ”Agora ben, ninguén sabe o día e a hora, nin os anxos dos ceos nin o Fillo, só o Pai. 37 Porque a presenza* do Fillo do Home será tal como eran os días de Noé. 38 Naqueles días antes do Diluvio, a xente comía, bebía e casaba... ata o día no que Noé entrou na arca. 39 E non fixeron caso ata que veu o Diluvio e os destruíu a todos. Así será a presenza do Fillo do Home. 40 Entón dous homes estarán no campo: a un levarano e o outro quedará abandonado. 41 Dúas mulleres estarán moendo co muíño de man: a unha levarana e a outra quedará abandonada. 42 Así que estade sempre vixiantes, porque non sabedes o día no que vén o voso Señor.

43 ”Tede en conta unha cousa: se o dono da casa soubese en que momento da noite* vai vir o ladrón, quedaría desperto e non deixaría que lle entrase na casa. 44 Por iso, estade preparados vós tamén, porque o Fillo do Home virá á hora que menos esperades.

45 ”Quen é en realidade o escravo fiel e prudente* a quen o seu amo puxo a cargo dos servos da casa para darlles o seu alimento ó tempo debido? 46 Que feliz será ese escravo se o seu amo o encontra facendo iso cando veña! 47 Asegúrovos que o poñerá a cargo de tódolos seus bens.

48 ”Pero se ese escravo resulta ser malo e* algunha vez pensa ‘O meu amo está tardando’ 49 e empeza a pegarlles ós seus compañeiros e a comer e a beber cos borrachos, 50 entón o amo dese escravo virá un día que el non espera e a unha hora que el non coñece 51 e castigarao co peor dos castigos, e poñerao cos hipócritas. Aí é onde chorará cheo de desesperación e de rabia*.

25 ”Entón, o Reino dos ceos pode compararse a 10 virxes que colleron os seus candís* e saíron a encontrarse co noivo. 2 Cinco delas eran insensatas* e as outras cinco prudentes*. 3 As insensatas colleron os seus candís, pero non levaron aceite. 4 As prudentes tamén colleron os seus candís, pero ademais levaron frascos con aceite. 5 Como o noivo tardaba*, entroulles o sono a todas e quedaron durmidas. 6 No medio da noite escoitouse un berro: ‘O noivo xa está aquí! Saíde a recibilo!’. 7 Así que tódalas virxes levantáronse e prepararon os seus candís. 8 Entón as insensatas dixéronlles ás prudentes: ‘Dádenos un pouco do voso aceite, porque os nosos candís están a punto de apagarse’. 9 Pero as prudentes contestáronlles: ‘Igual non hai suficiente para nós e para vós. É mellor que llo vaiades comprar a alguén que o venda’. 10 Mentres o foron comprar, chegou o noivo. As virxes que estaban preparadas entraron con el ó banquete de voda, e entón pechouse a porta. 11 Despois chegaron as outras virxes e dixeron: ‘Señor, señor, ábrenos!’. 12 Pero el respondeulles: ‘Asegúrovos que non vos coñezo’.

13 ”Así que estade sempre vixiantes, porque non sabedes nin o día nin a hora.

14 ”O Reino tamén é coma un home que, xusto antes de viaxar ó estranxeiro, mandou chamar os seus escravos e encargoulles que atendesen os seus bens. 15 Tendo en conta as capacidades de cada escravo, a un deulle cinco talentos*, a outro dous e a outro un. Despois marchou ó estranxeiro. 16 O que recibiu os cinco talentos rapidamente foi negociar con eles e ganou outros cinco. 17 O que recibiu dous tamén ganou outros dous. 18 Pero o que recibiu só un foi cavar un burato no chan e escondeu alí os cartos* do seu amo.

19 ”Despois de moito tempo, o amo dos escravos volveu, e pediulles contas do que fixeran cos cartos. 20 O que recibira cinco talentos tróuxolle outros cinco e díxolle: ‘Meu amo, deixaches ó meu cargo cinco talentos. Mira, ganei outros cinco’. 21 O amo respondeulle: ‘Ben feito, escravo bo e fiel! Como fuches fiel ó encargarte dunhas poucas cousas, voute poñer ó cargo de moitas. Ven e alégrate co teu amo’. 22 Despois veu o que recibira dous talentos e díxolle: ‘Meu amo, deixaches ó meu cargo dous talentos. Mira, ganei outros dous’. 23 O amo contestoulle: ‘Ben feito, escravo bo e fiel! Como fuches fiel ó encargarte dunhas poucas cousas, voute poñer ó cargo de moitas. Ven e alégrate co teu amo’.

24 ”Por último veu o que recibira un talento e dixo: ‘Meu amo, eu sabía que ti es un home esixente, que recolles onde non sementaches e apañas onde non traballaches. 25 Por iso tiven medo e escondín o teu talento na terra. Mira, aquí tes o que é teu’. 26 O amo respondeulle: ‘Escravo malo e vago. Dis que sabías que recollo onde non sementei e que apaño onde non traballei? 27 Pois entón debiches levarlles os meus cartos ós banqueiros. Así eu podería recuperalos con intereses cando volvese’.

28 ”Despois dixo: ‘Quitádelle o talento e dádello ó que ten dez. 29 Porque ó que ten daráselle máis e terá de sobra, pero ó que non ten incluso se lle quitará o pouco que ten. 30 E botade fóra, á escuridade, o escravo que non vale para nada. Aí é onde chorará cheo de desesperación e de rabia*’.

31 ”Cando o Fillo do Home veña coa súa gloria, acompañado de tódolos anxos, sentarase no seu glorioso trono. 32 Tódalas nacións serán reunidas diante del e el separará as persoas en dous grupos, igual que o pastor separa as ovellas das cabras. 33 Poñerá as ovellas á súa dereita e as cabras á súa esquerda.

34 ”Entón o Rei diralles ós da súa dereita: ‘Vinde, vós, os que meu Pai bendiciu, e herdade o Reino preparado para vós desde o principio da humanidade*. 35 Porque tiven fame e déstesme de comer. Tiven sede e déstesme de beber. Era un descoñecido e recibístesme con hospitalidade. 36 Non levaba suficiente roupa* e vestístesme. Enfermei e coidástesme. Estiven no cárcere e viñéstesme a ver’. 37 Entón os xustos responderanlle: ‘Señor, cando foi que te vimos con fame e che demos de comer, ou con sede e che demos de beber? 38 Cando fuches un descoñecido e te recibimos con hospitalidade? Cando vimos que non levabas suficiente roupa e te vestimos? 39 Cando estiveches enfermo ou no cárcere e fomos a verte?’. 40 E o Rei contestaralles: ‘Asegúrovos que todo o que lle fixestes a un destes irmáns meus máis pequenos tamén mo fixestes a min’.

41 ”Entón diralles ós da súa esquerda: ‘Apartádevos de min, vós, os que fostes maldicidos. Ide ó lume eterno* preparado para o Demo* e os seus anxos. 42 Porque tiven fame e non me destes nada de comer. Tiven sede e non me destes nada de beber. 43 Era un descoñecido e non me recibistes con hospitalidade. Non levaba suficiente roupa e non me vestistes. Estiven enfermo e no cárcere, e non me coidastes’. 44 E eles tamén lle responderán: ‘Señor, cando foi que te vimos con fame ou con sede, ou fuches un descoñecido, ou non levaches suficiente roupa, ou estiveches enfermo ou no cárcere e non che axudamos?’. 45 Entón el diralles: ‘Asegúrovos que o que non lle fixestes a un destes irmáns meus máis pequenos tampouco mo fixestes a min’. 46 Os da súa esquerda serán destruídos para sempre*, pero os xustos recibirán vida eterna”.

26 Cando Xesús acabou de explicar todas estas cousas, díxolles ós seus discípulos: 2 “Como sabedes, faltan dous días para a Pascua, e o Fillo do Home vai ser entregado para que o executen no madeiro”.

3 Entón os sacerdotes principais e os anciáns do pobo xuntáronse no patio da casa do sumo sacerdote, que se chamaba Caifás. 4 Puxéronse a conspirar para entrampar a Xesús, e así poder arrestalo e matalo. 5 Pero dicían: “Durante a festa non, non vaia ser que se arme un escándalo entre a xente”.

6 Mentres Xesús estaba en Betania, na casa de Simón o leproso, 7 acercóuselle unha muller cun frasco feito de alabastro* cheo dun aceite perfumado moi caro. Entón empezou a botarllo pola cabeza mentres el estaba ceando*. 8 Cando os discípulos viron isto, indignáronse e dixeron: “Por que se fai este desperdicio? 9 Podíase vender por moitos cartos e repartilos entre os pobres”. 10 Xesús deuse conta do que estaban falando e díxolles: “Por que queredes causarlle problemas a esta muller? Ela fixo algo moi bo por min. 11 Porque sempre ides ter os pobres con vós, pero a min non me ides ter sempre. 12 Ó botarme este aceite perfumado polo corpo, ela preparoume para o meu enterro. 13 Asegúrovos que en calquera lugar do mundo onde se prediquen estas boas noticias, tamén se contará o que fixo esta muller, e será recordada”.

14 Entón un dos Doce, o que se chamaba Xudas Iscariote, foi onda os sacerdotes principais 15 e preguntoulles: “Que me ides dar se vos entrego* a Xesús?”. Eles quedaron en darlle 30 moedas de prata. 16 Así que, a partir dese momento, Xudas estivo buscando unha boa oportunidade para traizoalo.

17 O primeiro día da Festa dos Pans Sen Fermento*, os discípulos de Xesús foron onda el e preguntáronlle: “Onde queres que preparemos todo para a cea da Pascua?”. 18 El contestoulles: “Ide á cidade, buscade un home que coñezo* e dicídelle: ‘O Mestre di: “Está chegando a miña hora*. Vou celebrar a Pascua cos meus discípulos na túa casa”’”. 19 Así que os discípulos fixeron o que Xesús lles mandou e prepararon todo para a Pascua.

20 Cando se puxo o sol, Xesús estaba sentado* á mesa cos 12 discípulos. 21 Mentres estaban comendo, dixo: “Asegúrovos que un de vós me vai traizoar”. 22 Os discípulos puxéronse moi tristes e cada un deles díxolle: “Señor, non serei eu, verdade?”. 23 El respondeulles: “O que mete a man comigo no prato é o que me vai traizoar. 24 É certo que o Fillo do Home vai marchar, tal como se escribiu sobre el. Pero pobre do que vai traizoar ó Fillo do Home! Éralle mellor non nacer”. 25 Xudas, que estaba a punto de traizoalo, preguntoulle: “Rabí, non serei eu, verdade?”. E Xesús contestoulle: “Ti xa sabes a resposta*”.

26 Mentres aínda estaban comendo, Xesús colleu un pan e fixo unha oración*. Despois partiuno, déullelo ós seus discípulos e díxolles: “Tomade e comede. Isto representa o meu corpo”. 27 Tamén colleu unha copa e deulle grazas a Deus. Despois déullela ós seus discípulos e díxolles: “Bebede todos dela. 28 Porque isto representa o meu sangue, ‘o sangue do pacto’, que se vai derramar para que moitas persoas se beneficien, para que os seus pecados sexan perdoados. 29 Dígovos que non volverei a beber máis deste produto da vide* ata o día no que beba viño novo con vós no Reino do meu Pai”. 30 Finalmente, despois de cantar para darlle gloria a Deus*, marcharon para o Monte das Oliveiras.

31 Entón Xesús díxolles: “Esta noite todos fallaredes* por culpa do que me vai pasar, porque está escrito: ‘Ferirei o pastor e as ovellas do rabaño serán espalladas’. 32 Pero eu, despois de resucitar*, irei a Galilea antes ca vós e esperareivos alí”. 33 Pedro respondeulle: “Aínda que tódolos demais fallen* por culpa do que che vai pasar, eu non fallarei nunca!”. 34 Xesús contestoulle: “Asegúroche que esta noite, antes de que cante un galo, negarás tres veces que me coñeces”. 35 Pero Pedro díxolle: “Aínda que teña que morrer contigo, eu nunca negarei que te coñezo”. E tódolos demais discípulos dixeron o mesmo.

36 Despois, Xesús foi con eles a un sitio chamado Xetsemaní e díxolles: “Quedade aquí sentados mentres eu vou alí a orar”. 37 Entón levou con el a Pedro e os dous fillos de Zebedeo, e empezou a sentirse triste e moi angustiado. 38 E díxolles: “Estou tan angustiado que sinto que morro. Quedade aquí e mantédevos despertos comigo”. 39 Despois separouse un pouco deles, botouse ó chan, baixou a cabeza e orou: “Meu Pai, se é posible, aparta de min esta copa*. Pero que non se faga o que eu quero, senón o que ti queres”.

40 Entón volveu onde estaban os discípulos, encontrounos durmidos e preguntoulle a Pedro: “E logo, non puidestes mantervos despertos comigo nin sequera unha hora? 41 Mantédevos despertos e orade constantemente para que non caiades na tentación. Claro, a intención é boa*, pero o corpo* é débil”. 42 Marchou por segunda vez e orou: “Meu Pai, se non é posible apartar de min esta copa sen que eu a beba, entón que se faga a túa vontade”. 43 Entón volveu e encontrounos durmidos outra vez, porque caían co sono*. 44 Así que marchou de novo e orou por terceira vez repetindo o mesmo que antes. 45 Despois volveu onda os seus discípulos e díxolles: “Como é que estades durmindo e descansando nun momento coma este? Mirade, chegou a hora na que o Fillo do Home vai ser traizoado e entregado en mans de pecadores. 46 Levantádevos, que imos marchar. O que me vai traizoar xa está cerca”. 47 Entón, mentres el aínda estaba falando, apareceu Xudas, un dos Doce. Con el viña unha gran multitude con espadas e paus, enviada polos sacerdotes principais e os anciáns do pobo.

48 O traidor déralles este sinal: “A quen eu lle dea un bico, ese é. Arrestádeo”. 49 Así que foi directamente cara a Xesús e díxolle “Moi boas, Rabí!”, e deulle un bico cariñoso. 50 Xesús preguntoulle: “A que viñeches?”. Entón, os que acompañaban a Xudas acercáronse a Xesús, agarrárono e arrestárono. 51 Pero, de repente, un dos que estaban con Xesús sacou a súa espada, atacou o escravo do sumo sacerdote e cortoulle unha orella. 52 Entón Xesús díxolle: “Garda a túa espada, porque tódolos que usan a espada morrerán pola espada. 53 Ou pensas que non podo suplicarlle a meu Pai que mande agora mesmo máis de 12 lexións* de anxos? 54 Pero se o fixese, como se cumprirían as Escrituras que din que ten que pasar desta maneira?”. 55 Entón díxolle á multitude: “Seica son un ladrón para que veñades a arrestarme con espadas e paus? Estiven sentado a diario no templo ensinando e non me arrestastes. 56 Pero todo isto pasou para que se cumpra o que escribiron os* profetas”. Entón tódolos discípulos abandonárono e escaparon.

57 Os que arrestaron a Xesús levárono á casa de Caifás, o sumo sacerdote, que estaba alí reunido cos escribas e cos anciáns. 58 Pedro seguiunos de lonxe ata o patio da casa do sumo sacerdote e, despois de entrar, sentouse alí cos criados da casa para ver como acababa todo.

59 Os sacerdotes principais e todo o Sanedrín buscaban algunha acusación falsa contra Xesús para poder matalo. 60 Pero non encontraron ningunha que fose válida, aínda que se presentaron moitas testemuñas falsas. Ó final, chegaron dous homes 61 e declararon: “Este home dixo: ‘Eu son capaz de botar abaixo o templo de Deus e reconstruílo en tres días’”. 62 Entón o sumo sacerdote púxose de pé e preguntoulle a Xesús: “Non tes nada que dicir? Non escoitas o que están declarando contra ti?”. 63 Pero el quedou calado. Así que o sumo sacerdote díxolle: “Ordénoche que nos digas baixo xuramento diante do Deus vivo se ti es o Cristo, o Fillo de Deus!”. 64 Xesús respondeulle: “Si, son eu*. Pero dígovos: de aquí en diante veredes o Fillo do Home sentado á dereita do Poderoso* e vindo nas nubes do ceo”. 65 Entón o sumo sacerdote rachou a roupa e dixo: “Blasfemou! Para que necesitamos máis testemuñas? Acabades de oír a blasfemia! 66 Vós que pensades?”. Eles responderon: “Merece morrer!”. 67 Entón, puxéronse a cuspirlle na cara e a darlle golpes cos puños. Outros pegábanlle na cara* 68 e dicíanlle: “Cristo, se es un profeta, dinos quen che pegou”.

69 Pedro estaba sentado fóra, no patio, e unha criada acercóuselle e díxolle: “Ti tamén andabas con Xesús o galileo!”. 70 Pero el negouno diante de todos e contestoulle: “Non sei de que me falas”. 71 Cando saíu cara á entrada do patio, viuno outra rapaza e díxolles ós que estaban alí: “Este home andaba con Xesús o Nazareno”. 72 E el negouno outra vez. Xurou: “Non coñezo ese home!”. 73 Pouco despois, os que andaban por alí acercáronse a Pedro e dixéronlle: “Está claro que ti tamén es un deles, porque incluso se che nota no acento*”. 74 Pero el púxose a maldicirse a si mesmo* e xurou: “Que non coñezo ese home!”. E nese momento cantou un galo. 75 Entón Pedro acordouse do que Xesús lle dixera: “Antes de que cante un galo, negarás tres veces que me coñeces”. E saíu para fóra e botouse a chorar desconsoladamente.

27 Cando se fixo de día, reuníronse tódolos sacerdotes principais e os anciáns do pobo para decidir como ían facer para matar a Xesús. 2 Despois de atalo, levárono con eles e entregáronllo a Pilato, o gobernador.

3 Entón Xudas, o traidor, ó ver que condenaran a Xesús, sentiu remordementos e foilles devolver as 30 moedas de prata ós sacerdotes principais e ós anciáns. 4 E díxolles: “Pequei, porque traizoei sangue inocente”. Pero eles respondéronlle: “E a nós que nos contas? Iso é problema teu!”. 5 Entón Xudas tirou as moedas de prata no templo, marchou de alí e foise colgar*. 6 Pero os sacerdotes principais recolleron as moedas de prata e dixeron: “Non está permitido poñelas no tesouro sagrado, porque están manchadas* de sangue”. 7 Despois de falalo entre eles, compraron con eses cartos o campo do oleiro* para enterrar as persoas que non eran de alí. 8 Por iso, a ese campo aínda hoxe se lle chama Campo de Sangue. 9 Así cumpriuse o que se dixera mediante o profeta Xeremías*: “E colleron as 30 moedas* de prata, que foi o prezo que lle puxeron ó home, o prezo que lle puxeron algúns dos fillos de Israel, 10 e compraron con elas o campo do oleiro, tal como Xehová* me mandara”.

11 Cando Xesús estaba ante o gobernador Pilato, el preguntoulle: “Es ti o rei dos xudeus?”. E Xesús respondeulle: “Si, ti mesmo o estás dicindo”. 12 Pero non dixo nada mentres os sacerdotes principais e os anciáns o acusaban. 13 Entón Pilato preguntoulle: “Seica non oes tódalas cousas que están declarando contra ti?”. 14 Pero Xesús non lle contestou nada, nin unha palabra, e o gobernador quedou moi sorprendido.

15 En cada festa, o gobernador tiña o costume de deixar libre o preso que a xente quixese. 16 Nese momento había un preso moi coñecido chamado Barrabás. 17 Así que Pilato preguntoulle á xente que estaba alí reunida: “A quen queredes que vos poña en liberdade? A Barrabás ou a Xesús, ó que lle chaman Cristo?”. 18 Porque Pilato dábase conta de que o entregaran por envexa. 19 Ademais, mentres el estaba sentado no tribunal, a súa muller fixéralle chegar unha mensaxe que dicía: “Non teñas nada que ver con ese home xusto, porque hoxe soñei con el e sufrín moito”. 20 Pero os sacerdotes principais e os anciáns convenceron as multitudes para que pedisen a liberdade de Barrabás e a morte de Xesús. 21 Así que o gobernador volveulles a preguntar: “A cal dos dous queredes que vos libere?”. E eles dixeron: “A Barrabás!”. 22 Pilato preguntoulles: “Entón, que fago con Xesús, ó que lle chaman Cristo?”. E todos contestaron: “Que morra no madeiro!*”. 23 El respondeulles: “Pero, por que? Que mal fixo?”. Pero eles berraban aínda máis forte: “Que morra no madeiro!”.

24 Ó ver que non conseguía nada, senón que se estaba armando un barullo, Pilato colleu auga, lavou as mans diante da xente e dixo: “Son inocente do sangue deste home. Agora é cousa vosa”. 25 E todos responderon: “Nós e os nosos fillos facémonos responsables da súa morte!*”. 26 Entón liberou a Barrabás, pero mandou que lle desen lategazos a Xesús e entregouno para que o executasen no madeiro.

27 Despois, os soldados do gobernador levaron a Xesús ó palacio do gobernador. Alí xuntaron toda a tropa de soldados arredor del. 28 Desvestírono e puxéronlle un manto de color escarlata*. 29 Tamén entrelazaron uns espiños para facer unha coroa, colocáronlla na cabeza e puxéronlle unha cana na man dereita. E inclinándose diante del, facíanlle burla e dicíanlle: “Viva o rei dos xudeus!”. 30 Entón cuspíronlle, quitáronlle a cana e empezaron a pegarlle con ela na cabeza. 31 Por último, cando terminaron de burlarse del, quitáronlle o manto, puxéronlle a súa roupa e levárono para cravalo no madeiro.

32 Ó saír de alí, encontráronse cun home de Cirene chamado Simón e obrigárono a cargar* co madeiro de tortura* de Xesús. 33 Cando chegaron a un lugar chamado Gólgota, é dicir, Lugar do Cranio*, 34 déronlle a Xesús viño mesturado con herbas amargas. Pero cando o probou, negouse a bebelo. 35 Despois de cravalo no madeiro, sortearon a súa roupa para repartila entre eles 36 e sentáronse alí para vixialo. 37 Ademais, enriba da súa cabeza puxeron un letreiro coa razón pola que o condenaran: “Este é Xesús, o rei dos xudeus”.

38 Ó seu lado tamén puxeron en madeiros a dous ladróns, un á súa dereita e outro á súa esquerda. 39 Os que pasaban por alí insultábano e movían a cabeza dun lado para outro 40 dicindo: “Ti, o que ías botar abaixo o templo e reconstruílo en tres días, sálvate a ti mesmo! Se es Fillo de Deus, baixa do madeiro de tortura!”. 41 O mesmo fixeron os sacerdotes principais, os escribas e os anciáns. Empezaron a burlarse del e a dicir: 42 “Salvou a outros pero non se pode salvar a si mesmo! El é o rei de Israel. Que baixe agora do madeiro e creremos nel! 43 Non era el o que tanto confiaba en Deus? Non dicía ‘Eu son o Fillo de Deus’? Pois agora que veña el a rescatalo se quere”. 44 Incluso os ladróns que estaban nos madeiros ó seu lado o insultaban da mesma maneira.

45 Desde arredor das 12 do mediodía* ata arredor das 3 da tarde*, toda aquela terra quedou en escuridade. 46 Cerca das 3 da tarde, Xesús berrou con forza “Eli, Eli, lama sabactani?”, que quere dicir “Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches?”. 47 Ó escoitar isto, algúns dos que estaban por alí empezaron a dicir: “Este home está chamando por Elías”. 48 E inmediatamente un deles foi correndo a coller unha esponxa, empapouna en viño ácido, púxoa nunha cana e acercoulla para que bebese. 49 Pero os demais dixeron: “Déixao, a ver se vén Elías a salvalo!”. 50 Entón, Xesús volveu a berrar con forza e morreu*.

51 De repente, a cortina* do templo rachou en dúas partes, de arriba a abaixo, houbo un terremoto e as rocas partiron. 52 As tumbas* abríronse e quedaron fóra delas* moitos corpos de servos de Deus* que morreran, 53 e viunos moita xente. (Despois de que Xesús resucitase*, algunhas persoas que viñan da zona onde estaban as tumbas* entraron na cidade santa*.) 54 Cando o oficial do exército e os que estaban con el vixiando a Xesús viron o terremoto e as cousas que estaban pasando, colleron moitísimo medo e dixeron: “Está claro que era o Fillo de Deus”.

55 Moitas mulleres que acompañaran a Xesús desde Galilea para atendelo estaban mirando desde lonxe. 56 Entre elas estaban María Madalena, María a nai de Santiago e de Xosés, e a nai dos fillos de Zebedeo.

57 Á última hora da tarde, chegou un home rico de Arimatea que se chamaba Xosé e que tamén se fixera discípulo de Xesús. 58 Foi onda Pilato e pediulle o corpo de Xesús, e Pilato mandou que llo entregasen. 59 Entón Xosé colleu o corpo, envolveuno nunha tea limpa de liño de boa calidade 60 e púxoo nunha tumba* que tiña, unha tumba nova que escavara na roca. Despois fixo rodar unha pedra grande ata a entrada e marchou. 61 Pero María Madalena e a outra María quedaron alí, sentadas diante da tumba.

62 Ó día seguinte, que era o día despois da preparación*, os sacerdotes principais e os fariseos reuníronse diante de Pilato 63 e dixéronlle: “Señor, recordamos que cando este impostor aínda estaba vivo dixo: ‘Ós tres días resucitarei*’. 64 Por iso, manda que aseguren a tumba ata o terceiro día, non vaia ser que os seus discípulos veñan roubar o corpo e lle digan á xente: ‘Resucitou* de entre os mortos!’. Esa mentira sería peor que a primeira”. 65 Pilato respondeulles: “Podedes levar con vós un grupo de soldados. Ide e asegurade a tumba o mellor que poidades”. 66 Así que foron e, para asegurar a tumba, selaron a pedra da entrada e deixaron alí os soldados.

28 Despois do sábado, cando estaba saíndo o sol o primeiro día da semana*, María Madalena e a outra María foron ver a tumba.

2 Resulta que houbera un gran terremoto, porque o anxo de Xehová* baixara do ceo, fora á tumba e fixera rodar a pedra da entrada. O anxo, que se sentara enriba da pedra, 3 brillaba coma un lóstrego e a súa roupa era branca coma a neve. 4 Os gardas tiveron tanto medo del que se puxeron a tremer e quedaron totalmente paralizados*.

5 Entón o anxo díxolles ás mulleres: “Non teñades medo. Sei que estades buscando a Xesús, o que foi executado no madeiro. 6 Non está aquí, porque resucitou*, xusto como el dixera. Vinde ver onde estaba o seu corpo. 7 Despois ide rápido onda os seus discípulos e dicídelles: ‘Resucitou* de entre os mortos e agora vai diante de vós de camiño a Galilea. Verédelo alí’. Isto é o que vin a dicirvos”.

8 Así que elas marcharon rápido da tumba* e foron correndo a contárllelo ós discípulos. Estaban asustadas pero tamén moi contentas. 9 Entón Xesús encontrounas polo camiño e díxolles: “Bos días!”. Elas acercáronselle, inclináronse diante del* e agarráronse ós seus pés. 10 Despois Xesús díxolles: “Non teñades medo! Ide e avisade os meus irmáns para que vaian a Galilea. Vanme ver alí”.

11 Mentres elas ían de camiño, algúns gardas foron á cidade e contáronlles ós sacerdotes principais todo o que pasara. 12 Entón os sacerdotes principais reuníronse cos anciáns para decidir o que ían facer. Despois déronlles ós soldados unha boa cantidade de moedas de prata 13 e mandáronlles: “Vós dicídelle á xente: ‘Os seus discípulos viñeron de noite e roubaron o corpo mentres nós estabamos durmindo’. 14 E se isto chega a oídos do gobernador, non vos preocupedes. Xa falaremos nós con el*”. 15 Así que os soldados quedaron coas moedas de prata e fixeron o que eles lles mandaran. E esa é a versión da historia que se oe aínda hoxe entre os xudeus.

16 Os 11 discípulos foron a Galilea, á montaña onde Xesús lles dixera que fosen para encontrarse con el. 17 Cando o viron, inclináronse diante del*, pero algúns* tiveron dúbidas de que fose Xesús. 18 El acercouse e díxolles: “Déuseme autoridade sobre tódalas cousas no ceo e na terra. 19 Así que ide e facede discípulos de xente de tódalas nacións. Bautizádeos* no nome do Pai, do Fillo e do espírito santo. 20 Ensinádelles a obedecer todo o que eu vos mandei. E recordade: estarei con vós tódolos días ata a parte final do sistema*”.

Ou “xenealoxía”.

Ou “Xesús o Mesías”. Os títulos Cristo e Mesías significan “unxido” ou “escollido”.

Ver glosario.

Lit. “descubriuse que estaba”.

Ou “forza activa”, é dicir, o poder de Deus en acción.

Entre os xudeus, unha parella prometida considerábase casada.

Lit. “mira!”. Ver glosario mira!

Esta é a primeira das 237 veces que aparece o nome de Deus, Xehová, no texto principal das Escrituras Gregas Cristiás desta versión. Ver apén. A5.

Este nome correspóndese co nome hebreo Xesúa, ou Xosué, que significa “Xehová é salvación”.

Ver apén. A5.

Ver apén. A5.

Ver glosario.

Ou “magos”. Ver glosario astrólogo.

Ou “renderlle homenaxe”.

Ver glosario sacerdote principal.

Ou “mestres da Lei”. Ver glosario escriba.

Ou “Mesías”, “Unxido”.

Ou “dirixirá”.

Lit. “Ó ver a estrela”.

Ver glosario.

Ver glosario.

Ver apén. A5.

Ver apén. A5.

Ver apén. A5.

Ou “buscaban a alma do neno”. Ver glosario alma.

Probablemente vén dunha expresión hebrea que significa “brote” ou “gromo”. Ver glosario Nazareno.

Ver apén. A5.

Insecto parecido ó saltón. Ver glosario langosta.

Ver glosario.

Ver glosario.

Ver glosario.

Ou “demostrade con feitos”.

Ou “O machado”.

Instrumento agrícola que consiste nun mango que remata nunha lámina de madeira rectangular.

Ou “aira”.

Refírese posiblemente a Xoán.

Lit. “el”.

A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador). Ver glosario Demo.

Ou “facer xaxún”. Ver glosario xaxún.

É dicir, o Demo.

Ver apén. A5.

É dicir, Xerusalén.

Ver apén. A5.

Ver apén. A5.

Ou “dálle servizo sagrado”.

Parece ser que se refire ó oeste.

Ou “de persoas”.

Aquí o verbo seguir úsase co significado de chegar a ser un dos discípulos de Xesús.

Ver glosario.

Parece ser que se refire ó leste.

Ou “os que recoñecen as súas necesidades espirituais”. Lit. “os mendigos do espírito”.

Ou “mansos”. Isto inclúe ter unha actitude calmada e ser agradable cos demais.

Ou “os compasivos”.

Esta expresión non ten necesariamente un significado literal. A palabra grega orixinal para verán tamén pode significar “ver coa mente, percibir ou coñecer”.

Ou “pacíficos”.

Ou “por facer o que está ben”.

Ou “unha lámpada de aceite”.

Ver glosario.

Ou “ensine a outros a facer o mesmo será considerado máis pequeno con relación ó”.

Ou “será considerado grande con relación ó”.

Ou “se non sodes máis obedientes que os escribas e que os fariseos”.

É dicir, o tribunal local.

Ver glosario.

Ou “Se lle vas facer un sacrificio a Deus”.

Lit. “o último cuadrante”. Ver apén. B14.

Ou “pecar”.

Ver glosario.

Ou “a non ser que ela lle fose infiel”. En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.

Ou “prometer algo”.

Ou “os votos que lle fagas”. Ver glosario voto.

Ver apén. A5.

É dicir, Deus.

Ou “pola túa propia vida”.

Ou “peza de vestir interior”.

Ou “peza de vestir exterior”.

Ou “che manda facer algo, fai máis do que che manda”. Ver glosario milla.

Refírese a prestar sen cobrar intereses.

Ou “o teu próximo”. Ver glosario próximo.

Refírese ás persoas non xudías que non tiñan unha amistade con Deus.

Ou “completos”. É dicir, mostrar amor completo.

Lit. “practicar a vosa xustiza”.

Ou “fagas dádivas de misericordia”.

Lit. “non deixes que a túa man esquerda saiba o que fai a túa man dereita”.

Ou “que mira desde un lugar secreto”.

Lit. “a xente das nacións”.

Ou “sexa tratado como santo”, “sexa tratado como sagrado”.

Ou “os nosos pecados”.

Ou “os que pecaron contra nós”.

Lit. “non nos metas”.

Ou “sálvanos”, “rescátanos”.

Ver glosario.

Ver glosario.

Ou “cambian o aspecto da súa cara”.

Ou “a traza”, é dicir, un insecto que na fase de larva come a madeira e as teas.

Ou “Se ves con claridade”. Lit. “Se o teu ollo é sinxelo”.

Ou “estará cheo de luz”.

É dicir, se buscan moitas cousas. Lit. “se o teu ollo é malvado”.

Ou “servir con menos dedicación”.

Ou “alma”. Ver glosario alma.

Lit. “un cóbado”. Ver apén. B14.

Ou “dos lirios”.

Ou “ó forno”.

Lit. “son as nacións”.

Ou “e tal como tratedes a outros, tamén se vos tratará a vós”.

Ou “con moita máis razón”.

Ou “polo que fan”.

Ou “polo que fan”.

Ou “os que obedecen o meu Pai”.

Lit. “desobedecedes a lei”.

Ou “rendeulle homenaxe”.

Lit. “limparme”.

Ou “para que lles sirva de testemuño ós sacerdotes”.

Ou “reclinaranse”.

Lit. “e apertarán os dentes”.

Ver glosario Fillo do Home.

Ou “por que vos acovardades?”.

Ou “tumbas conmemorativas”.

Lit. “atormentarnos”.

Ou “pola pendente”.

É dicir, Capernaúm.

Ou “padiola”.

Ou “estades pensando cousas malas no voso corazón”.

Ver Mt 4:20, nota.

Ou “reclinado á mesa”.

Refírese á casa de Mateo.

Lit. “misericordia”.

Ver glosario.

Lit. “no que lles quitarán o noivo”.

Ver glosario.

Ou “rendeulle homenaxe”.

Lit. “misericordia”.

Lit. “porque lles arrincaran a pel e estaban espalladas”.

Ou “malos espíritos”. Lit. “espíritos impuros”.

Ou “o Entusiasta”.

Lit. “casa”.

Lit. “levantade”.

Ou “limpade”, “purificade”.

Un cinto que tiña un sitio para gardar cartos.

Ou “roupa extra”.

Ou “vara”.

O xesto de sacudir o po dos pés indicaba que esa persoa non se facía responsable.

Ver glosario.

Ou “Así poderedes falarlles de min”.

Ou “porque levades o meu nome”.

Un nome aplicado a Satanás, o gobernante dos demos. Ver glosario Belcebú.

Ou “con moita máis razón”.

Ou “alma”. Refírese á posibilidade de volver a vivir no futuro. Ver glosario alma.

Ver glosario temor de Deus.

Ver glosario.

Lit. “por un asarion”. Ver apén. B14.

Ver glosario madeiro de tortura.

Ou “alma”. Ver glosario alma.

Ou “volverá a vivir”.

Lit. “destes pequenos”.

Lit. “levantados”.

Ver glosario.

Ou “non vos destes golpes no peito pola pena”.

Ou “queda probada xusta polas súas obras”.

Ou “borralla”.

Ou “enxalzada”, “enaltecida”.

Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.

Ou “Lóuvote diante de todos”.

Ou “e eu aliviareivos”.

Ou “manso”. Ver Mt 5:5, nota.

Ou “suave”.

Ver glosario.

Ou “o pan da presenza”. Ver glosario pan da presenza.

Lit. “misericordia”.

Lit. “seca”.

Ou “e a quen a miña alma aprobou”. Ver glosario alma.

Lit. “no nome del”.

Ver glosario Fillo de David.

Un nome aplicado a Satanás. Ver glosario Belcebú.

Lit. “casa”.

Lit. “Eles serán os vosos xuíces”.

Ou “xa chegou a vós”.

Ou “e o que non recolle comigo espalla”.

Ver glosario.

Ou “nin nesta era nin na”. Ver glosario sistema.

Ou “saca cousas boas do seu bo tesouro”.

Ou “saca cousas malas do seu tesouro de maldade”.

Ver glosario día de xuízo.

Lit. “adúltera”.

Lit. “levantaranse”.

Ou “de Saba”.

Lit. “levantarase”.

Ou “todo o que obedece ó meu Pai”.

Ou “insensible”.

Ou “nin se volven a Deus”, “nin cambian a súa conduta”.

Ou “a mensaxe”.

Ou “abandona a fe”, “tropeza”. Ver glosario tropezar.

Ou “desta era”, “deste sistema”. Ver glosario sistema.

Lit. “en tres medidas de sea”, que serían en total uns 10 kg de fariña. Ver apén. B14.

Lit. “a fundación”. Ou quizais “a fundación do mundo”.

A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador).

Ou “dunha era”. Ver glosario sistema.

Ou “os que recollen”.

Ou “da era”. Ver glosario sistema.

Lit. “do seu Reino”.

Ou “que fan tropezar”.

Lit. “e apertarán os dentes”.

Ou “perlas finas”.

Ou “da era”. Ver glosario sistema.

Lit. “e apertarán os dentes”.

Lit. “escriba”. Refírese ós discípulos que foran instruídos para ensinar en público.

Ou “E empezaron a tropezar por causa del”.

É dicir, Herodes Antipas. Ver glosario.

Lit. “o tetrarca”.

Lit. “foi levantado”.

Ou “dos que estaban reclinados á mesa con el”.

Ou “dixo unha bendición”.

Lit. “a moitos estadios”. Un estadio equivalía a 185 m.

Lit. “na cuarta vixilia”, é dicir, máis ou menos entre as 3 da mañá e a saída do sol, arredor das 6 da mañá.

Ou “rendéronlle homenaxe”.

Refírese á limpeza cerimonial das mans.

Ou “Quen maldiga a seu pai ou a súa nai”, “Quen inxurie a seu pai ou a súa nai”.

Ou “tropezaron”.

Ou “acaba no pozo negro”, “acaba no sumidoiro”.

Aquí a palabra grega porneia aparece en plural. Ver glosario inmoralidade sexual.

Refírese á limpeza cerimonial das mans.

Lit. “misericordia”.

Lit. “casa”.

Ou “rendeulle homenaxe”.

Ou “Sinto unha profunda compaixón por”.

Lit. “adúltera”.

Ver glosario.

Lit. “carne e sangue”.

Lit. “as portas do Hades”, é dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.

Lit. “ser levantado”.

É dicir, xirouse deixando a Pedro detrás del.

Ou “deixe de vivir para si mesmo”.

Ver glosario madeiro de tortura.

Ou “volverá a vivir”.

Ou “cambiou de aspecto”.

Ou “branca”.

Lit. “sexa levantado”.

Lit. “misericordia”.

Ver apén. A3.

Lit. “levantado”.

Lit. “dos didracmas”. Ver apén. B14.

Ou “e a capitación”, é dicir, o imposto por persoa.

Ou “para que non tropecen”. Ver glosario tropezar.

Lit. “un estater”. Crese que esta moeda é un tetradracma. Ver apén. B14.

Ou “se non vos volvedes”.

Ver glosario.

Lit. “un destes pequenos”.

Ou “pecar”.

Refírese á destrución eterna.

Ver glosario.

Ou “teñen acceso ó”.

Ver apén. A3.

Ou quizais “voso”.

Lit. “e repréndeo”.

Ou “axudácheslle a volver a facer o que está ben”, “ganaches o teu irmán”.

Ou “establecer”.

Lit. “por boca”.

Parece que se refire a falar cos responsables da congregación.

Os 10.000 talentos de prata equivalían a 60 millóns de denarios. Ver apén. B14.

Ou “rendeulle homenaxe”.

A palabra grega orixinal significa adherirse firmemente, coma con pegamento.

Ou “un só ser”.

Ou “puxo baixo o mesmo xugo”.

Ou “a non ser que ela lle fose infiel”. En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.

É dicir, só os que aceptan o don de manterse solteiros.

Ver glosario.

É dicir, para que os bendicise.

Lit. “puxo as mans sobre”.

Ou “o teu próximo”. Ver glosario próximo.

É dicir, ser completo ós ollos de Deus.

Ou “sígueme”.

Ou “ollo”.

Ou “na recreación”.

Ver apén. B14.

Lit. “da hora terceira”.

Lit. “da hora sexta”.

Lit. “da hora novena”.

Lit. “da hora undécima”.

Lit. “o teu ollo é malvado porque eu son bo”.

Lit. “levantado”.

Ou “rendeulle homenaxe”.

A “copa” simboliza a vontade de Deus de permitir que Xesús morra por culpa dunha acusación falsa de blasfemia.

Ou “ser ministro dos”.

Lit. “misericordia”.

Ou “humilde”. Ver Mt 5:5, nota.

En grego, hosanná. Esta expresión usábase para pedir salvación a Deus e tamén para expresar alegría.

Ver apén. A5.

Lit. “señor”.

Ou “están máis cerca ca vós de entrar no Reino de Deus”.

Lit. “o camiño da xustiza”.

Ou “do froito”.

Lit. “coa herdanza”.

Ou “o froito”.

Lit. “a cabeza do ángulo”.

Ver apén. A5.

Lit. “que produza os seus froitos”, é dicir, froitos propios do Reino.

Ou “dos que se reclinaban á mesa”.

Lit. “e apertará os dentes”.

Ou “a capitación”, é dicir, o imposto por persoa.

Ver apén. B14.

Ver glosario.

Ver apén. A5.

Ver glosario.

Ou “o teu próximo”. Ver glosario próximo.

Ver apén. A5.

Ou “Agrandan os filacterios”. Ver glosario filacterio.

Ou “nos asentos de diante”.

Ou “mestre”, “rabino”.

Ou “sexa ministro dos”.

Ver apén. A3.

Ou “para facer un só prosélito”. Ver glosario prosélito.

Ver glosario.

Ver glosario décimo; décima parte.

Planta parecida á do anís que se usa para darlle sabor á comida.

Ou “Filtrades as vosas bebidas para quitar o mosquito”.

É dicir, desexo excesivo de ter algo.

Ou “pintadas con cal”.

Ou “e de desobediencia á lei”.

Ou “tumbas conmemorativas”.

Ver glosario.

Lit. “escribas”. Refírese ós discípulos que foran instruídos para ensinar en público.

É dicir, o templo.

Ou quizais “A vosa casa queda deserta”.

Ver apén. A5.

Ver glosario.

Ou “da era”. Ver glosario sistema.

Lit. “levantaranse”.

Lit. “de dolores de parto”.

Lit. “entregaranvos a tribulación”.

Ou “porque levades o meu nome”.

Ou “tropezarán”.

Lit. “a desobediencia á lei”, é dicir, o desprezo polas leis de Deus.

Ou “volverase frío”.

Ou “anunciaranse publicamente”, “proclamaranse”.

Ou “para que tódalas nacións poidan escoitalas”.

Ou “que o lector teña discernimento sobre”, é dicir, o lector da profecía de Daniel.

Ou “grande angustia”.

Lit. “sinais”.

Ver glosario.

Lit. “tódalas tribos”.

É dicir, os catro puntos cardinais.

Ver glosario.

Lit. “en que vixilia”.

Ou “sensato”, “sabio”.

Ou “se ese escravo malo”.

Lit. “e apertará os dentes”.

Ou “as súas lámpadas de aceite”.

Ou “imprudentes”.

Ou “sabias”.

É dicir, á hora que as virxes esperaban, o noivo aínda non chegara.

Un talento grego equivalía a 20,4 kg. Ver apén. B14.

Lit. “a prata”.

Lit. “e apertará os dentes”.

Lit. “desde a fundación do mundo”. Parece que se refire ó nacemento dos fillos de Adán e Eva.

Ou “Estiven espido”.

Refírese á destrución eterna.

A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador).

Ou “irán á destrución eterna”.

Ver glosario.

Ou “reclinado á mesa”.

Ou “por traizoar”.

Ver glosario Festa dos Pans Sen Fermento.

Ou “a fulano”.

Ou “o meu tempo fixado”.

Ou “reclinado”.

Lit. “Ti mesmo o dixeches”. Expresión que se utilizaba para indicar afirmación.

Ou “dixo unha bendición”.

Planta que dá uvas.

Ou “cantar salmos”.

Ou “tropezaredes”.

Lit. “ser levantado”.

Ou “tropecen”.

Ver Mt 20:22, nota.

Lit. “o espírito está disposto”.

Lit. “a carne”.

É dicir, tiñan tanto sono que non eran capaces de manter os ollos abertos.

Ver glosario.

Ou “cumpran as Escrituras dos”.

Ver Mt 26:25, nota.

Lit. “poder”.

Ou “dábanlle labazadas”.

Ou “no dialecto”.

É dicir, pedir que lle pasase algo malo se non estaba dicindo a verdade.

Ou “e aforcouse”.

Lit. “son prezo”.

Probablemente un campo onde traballaban as persoas que facían obxectos de barro.

En tempos de Mateo, é posible que se usase o nome Xeremías para referirse a tódolos libros proféticos, incluído o de Zacarías.

Ou “pezas”.

Ver apén. A5.

Ou “Ó madeiro con el!”.

Lit. “Que o seu sangue estea sobre nós e os nosos fillos”.

Ou “vermella intensa”.

Ou “obrigárono a prestar o servizo de cargar”.

Ver glosario madeiro de tortura.

Ou “da Caveira”.

Lit. “a hora sexta”.

Lit. “ata a hora novena”.

Ou “deu o seu último alento”. Lit. “entregou o seu espírito”.

Ver glosario.

Ou “tumbas conmemorativas”.

Lit. “foron levantados”.

Lit. “dos santos”. Ver glosario santos.

Lit. “fose levantado”.

Parece ser que se estaba falando dos que, ó pasar por alí, viron os corpos que quedaran á vista despois do terremoto.

É dicir, Xerusalén.

Ou “tumba conmemorativa”.

Ver glosario día da preparación.

Lit. “serei levantado”.

Lit. “Foi levantado”.

Este é o día que agora chamamos domingo. Para os xudeus, era o primeiro día da semana.

Ver apén. A5.

Ou “coma mortos”.

Lit. “foi levantado”.

Lit. “Foi levantado”.

Ou “tumba conmemorativa”.

Ou “rendéronlle homenaxe”.

Ou “Xa o convenceremos nós”.

Ou “rendéronlle homenaxe”.

É probable que se refira a algúns discípulos ós que Xesús non se lles aparecera antes.

Ver glosario.

Ou “da era”. Ver glosario sistema.

    Publicacións en galego (1986-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir