BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 2 Timoteo 3
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

2 Timoteo 3:1

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    1/2024, páx. 6

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 32

    Despertade!,

    núm. 1 2020 páx. 15

2 Timoteo 3:2

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 185

2 Timoteo 3:3

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 185

    A Atalaia,

    1/5/2011,

2 Timoteo 3:4

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 185

2 Timoteo 3:5

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 185

2 Timoteo 3:12

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 59

2 Timoteo 3:13

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 185

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 50

2 Timoteo 3:16

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    2/2023, páx. 11

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 1

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
A Biblia, SEPT
2 Timoteo 3:1-17

Segunda Carta a Timoteo

3 Ten ben sabido isto: que nos días derradeiros haberá intres difíciles. 2 A xente volverase egoísta, avariciosa, fachendosa, presumida, maldicente, mal guiada cos seus pais, sen caridade, impía, 3 desamorada, falsa, calumniadora, altaneira, ríspida, inimiga do bo, 4 traicioneira, temeraria, foncha, máis amante do pracer ca de Deus; 5 terá aparencia de piedade, pero arrenegará da verdadeira forza da mesma. Ti con xente desa non te xuntes. 6 Porque destes son os que se meten nas casas e engaiolan as mulleriñas ateigadas de pecados e empurradas por moitas castes de paixóns, 7 que están sempre aprendendo pero que non dan chegado ó coñecemento da verdade. 8 E da mesma maneira que Ianne e Iambrés se arrepuxeron contra Moisés, así tamén estes se arrepoñen contra verdade: homes de mente estragada, réprobos na fe. 9 Pero non avantarán moito, porque a súa insensatez será manifesta a todos, como o foi a daqueles.

10 Ti, en troques, seguíchesme a min na doutrina, no xeito de vida, nos meus plans, na fe, na paciencia, na caridade, na resistencia 11 ás persecucións e ós sufrimentos (como os que aturei en Antioquía, en Iconio, en Listra). ¡Que grandes persecucións soportei e de todas me librou o Señor! 12 E tódolos que queiran vivir coma bos cristiáns padecerán persecución.

13 Homes ruíns e seductores irán de mal en peor, enganadores e enganados. 14 Ti mantente no que aprendiches e no que criches, e que non che esqueza quen cho aprendeu. 15 Porque xa desde neno coñéce-las letras santas, que son podentes para che facer sabe-lo camiño da salvación pola fe en Cristo Xesús.

16 Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para enmendar, para educar na xustiza. 17 Dese xeito, o home de Deus tórnase perfecto e competente para toda obra boa.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir