BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Efesios 1
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Efesios 1:10

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    6/2019, páx. 3

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
A Biblia, SEPT
Efesios 1:1-23

Carta ós Efesios

1 Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por vontade de Deus, ós cristiáns e crentes en Xesús Cristo: 2 deséxovo-la gracia e paz de Deus noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.

3 ¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito! 4 Porque nos escolleu antes da formación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha perante El polo amor.

5 El decidiu xa daquela profillarnos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o designio da súa vontade, 6 para louvanza da súa gloriosa benquerencia, coa que nos agraciou no Fillo amado, 7 quen co seu sangue nos acadou a redención e o perdón dos pecados, en proba da xenerosidade da súa gracia. 8 E fíxoa rebordar sobre nós con toda sabedoría e intelixencia, 9 ó nos descubri-lo misterio da súa vontade, conforme o designio que El tiña 10 para leva-la historia á súa plenitude e, por medio de Cristo, levar a cabo a unidade do universo, do que hai no ceo e do que hai na terra.

11 Por El tamén nós tivémo-la sorte de resultar preelixidos segundo o designio daquel que activa todo conforme o proxecto da súa vontade, 12 para sermos imaxe da súa gloria os que xa antes tiñámo-la esperanza en Cristo.

13 Vós tamén, despois de escoitárde-la mensaxe da verdade, o Evanxeo da vosa salvación, e crerdes nel, quedastes selados co Espírito Santo prometido, 14 que é garantía da nosa herdanza, para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para louvanza da súa gloria.

15 Por iso, tamén eu, tendo oído falar da vosa fe no Señor Xesús e do voso amor a tódolos crentes, 16 non paro de lle dar gracias a Deus por vós, recordándovos nas miñas oracións, 17 de xeito que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso, vos conceda espírito de sabedoría e de revelación, para coñece-lo ben; 18 que manteña iluminados os ollos da vosa alma, para que comprendáde-las esperanzas que abre a súa chamada, a riqueza que supón a súa gloriosa herdanza destinada ós crentes, 19 e o extraordinario portento que é o seu poder verbo de nós, os que cremos, en consonancia co vigor da súa potencia e da súa forza, 20 que exerceu con Cristo resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa dereita nos ceos, 21 por riba de toda soberanía, autoridade, forza e dominio, e por riba de todo título recoñecido neste mundo e tamén no vindeiro. 22 Someteuno todo baixo os seus pés e deullo por riba de todo como cabeza á Igrexa, 23 que é o seu corpo, a plenitude daquel que o enche todo en tódalas cousas.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir