BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Gálatas 5
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Gálatas 5:16

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    1/2023, páx. 11

Gálatas 5:19

Índices

  • Guía de estudo

    Tradución do Novo Mundo, páxs. 446-447

Gálatas 5:21

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 43

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
A Biblia, SEPT
Gálatas 5:1-26

Carta ós Gálatas

5 Cristo liberounos para que vivamos en liberdade. ¡Estádeme, logo, ben firmes nel! ¡Que non vos canguen outra vez o xugo da escravitude!

2 E mirade que eu, Paulo, xa vos deixo ben avisados de que, se vos facedes circuncidar, Cristo non vos vai servir de nada. 3 E a todo o que se me faga circuncidar, eu vólvolle asegurar que queda obrigado a cumprir coa Lei enteiriña. 4 Os que procurades na Lei a vosa xustificación, rompestes con Cristo, saístes da gracia.

5 Porque a nós o Espírito móvenos a agardar da fe os bens da xustificación esperada. 6 Porque en Cristo Xesús estar ou non estar circuncidados non importa para nada: o único que importa é a fe que actúa a través do amor.

7 ¡Tan ben como iades! ¿Quen vos poñería o pé diante para que xa non obedezades á verdade? 8 Esta vosa idea non vén, de certo, do que vos chama: 9 cun chisco de fermento abonda para leveda-la masa toda. 10 Mais eu fío no Señor de que vós habedes pensar coma min. Iso si, ese que vos perturba ha leva-lo seu merecido, sexa quen sexa.

11 E eu, meus irmáns, se disque aínda predico a circuncisión, ¿como é que aínda me perseguen? Porque daquela estaría eliminado o escándalo da cruz. 12 ¡Vaites cos que vos andan a quenta-la cabeza! ¡Mágoa que non se castren eles!

13 Irmáns, a vós chamáronvos á liberdade. ¡Pero coidadiño con servir ós baixos instintos co gallo da liberdade! Habédesme ser escravos uns dos outros mediante o amor. 14 Porque toda a Lei está completa neste precepto: Amara-lo teu próximo coma a ti mesmo. 15 Pero, se vos adentellades e devorades, levade tento de non acabardes uns cos outros.

16 Pois quérovos dicir que vivades conforme o Espírito e, que non lles deades polo pé ós proídos do instinto. 17 Porque os baixos instintos cobizan contra o Espírito e o Espírito contra os baixos instintos: contraríanse entre eles tanto, que non facéde-lo que de verdade queredes. 18 Mais, se vos guiades polo Espírito, xa non estaredes máis baixo a Lei.

19 As obras dos baixos instintos tédelas ben á vista: fornicación, adulterio, libertinaxe, 20 idolatría, bruxerías, xenreiras, liortas, cobiza, retesías, discordias, faccións, 21 envexas, bebedelas, enchentas e cousas polo estilo. Xa vos avisei ben avisados de que non herdarán o Reino de Deus os que tal fagan.

22 En cambio o froito do Espírito é o amor, alegría, paz, paciencia, agarimo, bondade, formalidade, 23 mansedume e dominio de si. Contra isto non hai Lei que valla.

24 Os de Cristo Xesús crucificaron os baixos instintos coas súas paixóns e cobizas. 25 Se vivimos no Espírito, sigamos coma norma o Espírito. 26 Non hai que ser farfalláns. Non se hai que encirrar uns cos outros. Non nos temos que envexar.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir