BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Corintios 1
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
A Biblia, SEPT
1 Corintios 1:1-31

Primera Carta ós Corintios

1 Paulo, chamado a ser apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, así coma o irmán Sóstenes: 2 á Igrexa de Deus que está en Corinto, ós que están santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos cos que en calquera lugar invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso, 3 desexámosvos gracia e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.

4 Non paro de lle dar gracias a Deus por vós, pola gracia de Deus que se vos deu por medio de Cristo Xesús. 5 Porque por medio del quedastes ricos en todo, nos dons da palabra e do coñecemento: 6 e así confirmouse solidamente entre vós o testemuño en favor de Cristo. 7 De xeito que non carecedes de ningún don, mentres agardáde-la revelación do noso Señor Xesús Cristo. 8 El é quen vos manterá firmes deica á fin, para que ninguén vos poida acusar de nada no día do noso Señor Xesús Cristo. 9 Deus é fiel e foi El quen vos chamou á comunidade do seu Fillo Xesús Cristo, noso Señor.

10 Irmáns, polo nome do noso Señor Xesús Cristo: rógovos que vos poñades todos de acordo e que non haxa divisións entre vós; ó contrario, axeitádevos todos nun mesmo espírito e nun mesmo pensamento.

11 Pois, irmáns, polos de Cloe cheguei a saber que hai discordias entre vós. 12 Refírome a que cada un de vós anda a dicir: “eu son de Paulo, eu de Apolo, eu de Cefas, eu de Cristo”. 13 ¿Pero é que Cristo está dividido? ¿É que foi Paulo a quen crucificaron por vós? ¿Ou é Paulo o nome no que vos bautizaron?

14 Dou gracias a Deus de non ter eu bautizado a ningún de vós fóra de Crispo e de Caio; 15 así ninguén poderá dicir que vos bautizaron no meu nome. 16 (Ai si, tamén bauticei a familia do Estevo; pero do resto, que eu acorde non bauticei a ninguén). 17 Porque non me mandou Cristo a bautizar, senón a predica-lo Evanxeo; e isto sen habilidades retóricas, para que non quede desvirtuada a eficacia da cruz de Cristo.

18 Porque a palabra da cruz é loucura para os que se perden, pero para nós, os que nos salvamos, é poder de Deus. 19 Pois está escrito:

Desmontarei a sabedoría dos sabios

e derrubarei a intelixencia dos intelixentes.

20 ¿Onde está o sabio? ¿Onde o letrado? ¿Onde está o investigador conforme ós criterios deste mundo?

¿É que non mostrou Deus que a sabedoría do mundo é unha parvada? 21 Mirade, xa que o mundo con todo o seu saber non recoñeceu a Deus na súa Sabedoría, tivo Deus a ben salvar coa loucura da predicación ós que teñen fe. 22 Así os xudeus piden signos e os gregos buscan a sabedoría; 23 pero nós predicamos un Mesías crucificado: e isto para os xudeus é un escándalo e para os pagáns é unha loucura. 24 Pero para os chamados, tanto xudeus coma gregos, el é Cristo, marabilla do poder e da sabedoría de Deus. 25 Porque a loucura de Deus é máis sabia ca toda a sabedoría dos homes e a debilidade de Deus é máis forte ca toda a fortaleza dos homes.

26 E, se non, irmáns, reparade en quen sóde-los chamados: entre vós, mirando as cousas con criterios deste mundo, non hai moitos sabios, nin moitos poderosos, nin moitos da nobreza. 27 Ó contrario, o que hai de parvo no mundo, iso foi escoller Deus para desconcerta-los sabios; e o que hai de débil no mundo, iso foi escoller Deus para desconcerta-lo poder; 28 o plebeo e mailo desprezado, iso foi escoller Deus: o que non é, para anula-lo que é; 29 de xeito que ningún mortal poida campar diante de Deus. 30 Por El é por quen existides vós en Cristo Xesús, quen se fixo para nós a sabedoría e maila xustiza, a santificación e maila redención que veñen de Deus. 31 E así, como está escrito, “quen está orgulloso, que o estea do Señor”.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir