BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Mateo 25
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Mateo 25:1

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    3/2018, páx. 7

Mateo 25:2

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    3/2018, páx. 7

Mateo 25:6

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    3/2018, páx. 7

Mateo 25:8

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    3/2018, páx. 7

Mateo 25:9

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    3/2018, páx. 7

Mateo 25:10

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    3/2018, páx. 7

Mateo 25:34

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    9/2022, páx. 14

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
  • 43
  • 44
  • 45
  • 46
A Biblia, SEPT
Mateo 25:1-46

Evanxeo segundo San Mateo

25 Entón o Reino dos Ceos parecerase a dez mociñas que, collendo os seus candís, saíron recibi-lo noivo. 2 Cinco eran parvas e cinco asisadas. 3 As parvas colleron os candís pero non os encheron de aceite; 4 as asisadas, en troques, cos candís levaron tamén as aceiteiras cheas. 5 Como o noivo tardaba, pegóulle-lo sono, e botaron unha durmidela.

6 Alá pola media noite oíuse berrar: “¡Veña, que chega o noivo, ídeo recibir!”

7 Erguéronse todas aquelas mociñas e prepararon os candís.

8 Entón dixéronlle-las parvas ás asisadas: “Dádenos un chisco de aceite, que os nosos candís esmorecen”. 9 Responderon as asisadas: “Non vaia ser que non chegue para vós e para nós; mellor será que vaiades á tenda e que o merquedes”.

10 No intre que elas ían mercalo, chegou o noivo, e as que estaban preparadas entraron con el no banquete de vodas, e pechouse a porta. 11 Máis tarde chegaron as outras mociñas chamando: “¡Señor, Señor, ábrenos!” 12 Pero el respondeulles: “Asegúrovos que non vos coñezo”.

13 Vixiade, logo, xa que non sabedes nin o día nin a hora.

14 Si, é tamén coma un home que, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus criados e déulle-lo coidado da súa facenda. 15 A un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un, a cadaquén segundo a súa capacidade; despois marchou.

16 De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco. 17 Do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous. 18 Pero o que recibira un foi cavar un burato na terra e escondeu os cartos do seu amo.

19 Ó cabo de moito tempo chegou o señor daqueles criados, pedíndolles contas. 20 Chegou o que recibira cinco talentos e presentoulle outros cinco dicindo: “señor, cinco talentos me entregaches, velaquí outros cinco que gañei”. 21 Díxolle o señor: “Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a disfrutar da festa do teu señor”. 22 Chegou o que recibira dous talentos e dixo: “señor, dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei”. 23 E díxolle o señor: “Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a disfrutar da festa do teu señor”.

24 Chegou tamén o que recibira un talento e díxolle: “señor, sei moi ben que es un home duro, que seituras onde non sementaches e recolles onde non botas. 25 Por iso collín medo, e fun agachar na terra o teu talento; aquí te-lo que é teu”. 26 Pero o señor respondeulle: “¡Mal criado, lacazán! ¿Conque sabías que seituro onde non semento e recollo onde non boto? 27 Pois, poñía-los meus cartos no banco e, así, cando eu volvese, podía colle-los cartos e mailos intereses. 28 Así que quitádelle o talento e dádello ó que ten dez. 29 Porque ó que ten, háselle dar e abondo; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle ha quitar. 30 E ó criado inútil botádeo fóra á escuridade, onde será o pranto e mailo renxer dos dentes”.

31 Cando veña o Fillo do Home na súa gloria e tódolos anxos con el, sentará no seu trono glorioso. 32 Diante del xuntaranse tódalas nacións; e separará uns dos outros, como xebra o pastor as ovellas das cabras. 33 E poñerá as ovellas á súa dereita e as cabras á súa esquerda. 34 Entón dirá o Rei ós da súa dereita:

“Vinde, benditos do meu Pai; recibide a herencia do Reino preparado para vós desde a creación do mundo. 35 Porque tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber; fun forasteiro e acolléstesme; 36 estiven espido e vestístesme; enfermo e visitástesme; estiven na cadea e viñéstesme ver”.

37 Entón preguntaranlle os xustos:

“Señor, ¿cando te vimos famento e che demos de comer; ou sedento e che demos de beber? 38 ¿Cando te vimos forasteiro e te acollemos; ou espido e te vestimos? 39 ¿Cando te vimos enfermo ou na cadea e te visitamos?”

40 O rei contestaralles:

“Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo comigo”.

41 E diralles logo ós da súa esquerda:

“Arredade de min, malditos; ide para o lume eterno preparado para o Satán e para os seus anxos. 42 Porque tiven fame e non me destes de comer; tiven sede, e non me destes de beber; 43 fun forasteiro e non me acollestes; estiven espido e non me vestistes; enfermo e na cadea e non me visitastes”.

44 Eles replicaranlle:

“Señor, ¿cando te vimos famento ou sedento, forasteiro ou espido, enfermo ou na cadea e non che acudimos?”

45 El responderalles:

“Asegúrovos que canto deixastes de facerlle a un destes máis pequenos, deixastes de mo facer a min.

46 Daquela irán estes ó castigo eterno, e os xustos á vida eterna”.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir