BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Nehemías 6
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
A Biblia, SEPT
Nehemías 6:1-19

Libro de Nehemías

6 Cando Sambalat, Tobías, o árabe Guéxem e o resto dos nosos inimigos souberon que tiñamos rematada a construcción da muralla e que xa non quedaba nela ningunha fenda —só as follas das portas estaban sen colocar—, 2 Sambalat e Guéxem mandaron dicirme:

—“Ven. Vamos ter unha entrevista contigo en Kefirim, no val de Onó”.

É que tiñan pensado facerme mal. 3 Eu mandeilles mensaxeiros para dicirlles:

—“O que eu fixen é unha obra considerable, e non me é posible baixar. ¿Por que se vai ter que dete-la obra para baixar onda vós?”

4 Eles enviáronme catro veces o mesmo recado, e eu déille-la mesma resposta.

5 Por quinta vez chegoume a mesma mensaxe, por medio do servidor de Sambalat, que traía na man unha carta aberta. 6 Nela estaba escrito: —“Óese rumorear entre as xentes, e así o afirma Guéxem, que ti e mailos xudeus téde-lo pensamento de vos sublevar e que con tal motivo levantas ti a muralla para devíre-lo seu rei. 7 Nomeaches tamén co mesmo fin profetas en Xerusalén para que proclamen: Hai un rei en Xudá. É ben seguro que o vai sabe-lo emperador. Ven, pois, e decidiremos xuntos o que convén facer”. 8 Respondinlles:

—“Non hai cousa que estea de acordo con canto ti dis. Iso inventáchelo ti mesmo”.

9 Todos eles, de certo, queríannos meter medo, pensando: —“Van para-la obra, que non rematará endexamais”. Eu con iso aínda collín máis ánimos. 10 Fun á casa de Xemaías, fillo de Delaías, fillo de Mehetabel, pois estaba impedido. Dixo:

—“Xuntémonos na casa de Deus, no medio do templo, e pechémo-las súas portas, porque van vir matarte”.

11 Eu respondín:

—“¿Un home coma min emprenderá a fuga? ¿E que home hai que poida entrar no templo e vivir? Non entrarei, non”.

12 Deime conta, en efecto, que non fora Deus quen o enviara. Fíxome esa profecía subornado por Tobías e Sambalat, 13 para que, cheo de pavor, obrase desa forma, cometendo un gran pecado. Terían entón eles motivo para me denigraren, téndome por un blasfemo.

14 —“Lémbrate, ouh Deus, de canto Tobías e Sambalat fixeron, e tamén da profetisa Noadías e dos outros profetas que me querían poñer medo”.

15 A muralla rematouse o vintecinco do mes de Elul, en cincuenta e dous días.

16 Cando o souberon os nosos inimigos, tódalas nacións veciñas foron presa de gran temor e víronse humilladas ós seus propios ollos. Recoñeceron que esta obra fora feita por vontade divina. 17 Foi tamén por ese tempo cando os notables de Xudá mandaran moitas cartas a Tobías e recibían del outras tantas. 18 Pois moitos xudeus xuramentáranse con el por se-lo xenro de Xecanías, fillo de Arah, e porque o seu fillo Iehohanán casara coa filla de Mexulam, fillo de Berequías. 19 Facían, incluso, o seu eloxio na miña presencia, e levábanlle as miñas palabras. Tobías enviara cartas para poñerme medo.

Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir